28 de mar. de 2012
Día Mundial da auga
GASTRONOMÍA CHINA, (Adrián Esmorís e Marta).
![]() |
Ola!: "Nin hao". 您好 |
O que máis difire da nosa gastronomía é a técnica e a combinación dos sabores.Os chineses utilizan case todos os vexetais, a carne de vaca e porco, sobre todo o lombo; tamén é moi común a salsa de soia, o sake, o bambú e arroz branco.
Os chinos son moi ordenados, e asegúranse de ter sempre preparados os ingredientes antes de empezar a cociñar..
O recipiente ideal para este tipo de conccion e o wok, que sempre hai que quentalo un minuto antes de colocarlle o aceite. Este debe caer polos bordos do recipiente e logo caer no fondo.
Cando a receita leva carne e verduras, primeiro cocíñase a carne e sepárase e resérvase. Logo saltéanse as verduras. Ao estar feitas agrégaselle a carne. Durante todo o refogado a lume vivo, os ingredientes móvense constantemente cos escarvadentes, unha culler ou espátula de madeira.
A hora de comer dispónse de 3 vasos na mesa, un grande para a cervexa ou a auga, un mediano para o viño branco ou tinto e un pequeno para o licor.
A teoría do ying e do yang xorde a partir da simple observación da naturaza e describe o feito de que todos os fenómenos naturais preséntanse de dous xeitos opostos: O ying asóciase coa escuridade, o frío, a noite, e o aspecto feminino, mentres que o yang está vinculado coa luz e a claridade, co aspecto masculino. Son ying os alimentos acuáticos, como o peixe e as algas, os que crecen na escuridade ou baixo terra, como os champiñóns e as raíces así como a avea, a cebada, o parrulo, o coello…
Os alimentos basicamente yang son cálidos, secos, duros e presentan unha tonalidade clara. Adoitan, crecer no campo, en lugares luminosos. Son yang algúns mariscos como os mexillóns, o allo, os espárragos, o apio...
Os vinte produtos máis abundantes de China son os seguintes:
Arroz en Cásca. Hortalizas Frescas do Nepal.Millo. Batatas.Trigo. Patacas.Sandias.Tomates. Coles. Pepinos e pepinillos. Mazás. Leite de vaca. Ovos de galiña.Cacahuetes. Pementos frescos. Allos.Espinacas. Espárragos. Ovos, excluidos galiña.Tabaco en bruto (a planta)
Tamén podedes atopar un blogue moi interesante NESTE ENLACE .
27 de mar. de 2012
MÁSCARAS DE ÓPERA CHINESAS
Na clase de inglés lemos un texto sobre como facer máscaras chinas. En plástica cada un de nós creou a súa máscara. Cando rematamos, o profesor de plástica, Juan Ramón Gallástegui Otero, fíxonos unha foto individual e dúas de grupo, unha na clase e outra fóra. Nós collemos esas fotos e aprendemos a facer a seguinte presentación.Puxémoslle música e buscamos a sinboloxía das cores na ópera china. Esperamos que vos guste.
Mascaras de Opera Chinesa on PhotoPeach
MARTA-IVÁN-JENNIFER
Mascaras de Opera Chinesa on PhotoPeach
MARTA-IVÁN-JENNIFER
25 de mar. de 2012
GASTRONOMÍA DO SENEGAL, (Noelia e Manuel)
![]() |
A gastronomía do Senegal está influida por países coma: Francia, Portugal e outros países do Norte de África, porque estiveron vivindo moito tempo neste País. |
Na costa o prato predilecto é o pescado, normalmente "grillé", é dicir asado.

Os senegaleses comen dunha mesma fonte, coa man, facendo unha bola co arroz e levándoa á boca. Pero a os occidentais danlle unha culler.Evidentemente nun restaurante sempre haberá cubertos.
A auga adóitase beber ao final da comida.
A auga adóitase beber ao final da comida.
Pomelos
Froita da paixón.
Noelia Casas García
Manuel Vázquez Noya.
GASTRONOMÍA DA INDIA (Jennifer e Adrián Recouso)
Así comeza este vídeo: "Pica, pica, pica"!, "Pica que te mueres". Que será o que pica?
Pois, unha vez visto o vídeo e resolto o enigma, pasamos a expoñer certos aspectos fundamentais da gastronomía da India
A gastronomía da India é moi variada.Case non comen carne, e moitos pratos de carne están influenciados polos costumes musulmáns. Son maioritariamente vexetarianos.
Hai una gran variedade de verduras e especias. As especias serven como conservantes e para mitigar a sensación de fame, pois o picante tranquiliza dita sensación, ainda que en moitas cantidades algunhas poden resultar tóxicas. Tamén producen grandes efectos aromáticos, por iso todas aquelas persoas que van a India veñen falando da grande variedade de olores que alí perciben.
Os condimentos máis importantes son os seguintes :
Ají – semilla de mostaza negra, Comiño, Cúrcuma, Xenxibre, Coriandro, Coandro, as veces tamén usan o Azafrán, Canela, Cravo , Loureiro e a Menta.
Os condimentos máis empregados como acompañamento doutros pratos son:
Arroz e atta (que é una fariña de trigo integral co que se fai o pan).
O vinagre e o queixo tamén se usan coma condimento.
Hai polo menos cinco ducias de variedades de legumes, a máis importante son:
A chana ( é un chícharo).
O toor (garavanzo indio).
O urad (lentella negra)
O mung (lentella verde)
Empregan aceites vexetais. Os máis comúns son: aceite de cacahuetes, de coco, xirasol e soia.
Outros aceites para cociñar moi populares son: Aceite hidroxenado de orixe vexetal – vaspanati-
Aceite de orixe animal: manteiga frita destilada-ghee-
Nunha zona da India, un dos pratos típicos moi valorados leva testículos de boi, xa que son considerados sagrados, e son condimentados con pasta de rábano.
O peixe e o marisco tamén son moi populares.
Na India tamén teñen costumes acerca de como comportarsea hora de comer e de como se deben tomar os alimentos:
Hoxe en día non se seguen estas tradicións: Os alimentos tómanse con garfo e culler.
Na India tamén comen filloas. Serán como as galegas???
Entre os produtos máis destacados están:

Tradicionalmente a comida facíase sentado sobre o chan ou deitado en esteiras, a comida recollíase do prato con catro dedos da man dereita (exceptuando o índice, que se considera sucio). Hoxe en día estas tradicións estanse a esvaecer e pouco a pouco os alimentos tómanse con garfo e culler (a culler é moi importante na cociña da India).
Hoxe en día non se seguen estas tradicións: Os alimentos tómanse con garfo e culler.
Na India tamén comen filloas. Serán como as galegas???
Entre os produtos máis destacados están:
Leite de búfala, trigo, leite de vaca, hortalizas frescas, cana de azucre, patacas, pementón, carne de vaca nalgunhas zonas, cacahuetes, mangos, garavanzos, carne de búfala, bananos, carne de polo, ovos de galiña, especias moitas traídas do Nepal, sementes de colza, tomates, millo.
24 de mar. de 2012
BRAZIL & COLOMBIA
Etiquetas:
Brasil,
Colombia,
inglés,
power-point
TRABALLO ESCLAVO NA INDIA: ZARA, EL CORTE INGLÉS E CORTEFIEL NA LISTA NEGRA
Niñas y adolescentes trabajando sin contrato, privadas de libertad y en condiciones insalubres durante más de 72 horas a la semana por un salario de 0,88 euros al día, del que sólo podrán disponer cuando hayan transcurrido de tres a cinco años y que servirá para pagar su dote matrimonial.
Clica na foto e le a noticia completa.
Clica na foto e le a noticia completa.
23 de mar. de 2012
Día da poesía

As autoras e autores dos poemas son de distintos paises; hainos chineses, hindúes, colombianos, brasileiros, alemáns...
Tomás Beiras
21 de mar. de 2012
Dirixido a toda a comunidade educativa que nos segue.
Non deixes de ver este video ata o final.
19 de mar. de 2012
VIDEOCONFERENCIA CON AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
No Club de lectura limos un libro titulado Lúa do Senegal, que trataba dunha nena senegalesa que vén de Senegal para vivir a Vigo.
Despois, na clase de galego, dixéronnos que íamos falar co autor do libro e elaboramos unhas preguntas para lle facer.
O día de 10 de Marzo tivemos unha videoconferencia con Águstín Fernandez Paz mediante o programa Skype. Tivemos algunhas complicacións técnicas, pero ao final todo saíu ben.
Durante a conversa Agustín contounos que o seu libro iase chamar Cartas do Senegal. Aprendemos moito escoitándoo.
Púxolle unha pipa de fumar á avoa Feriane porque lle quedaba ben.
Tivo que utilizar o Google Earth para coñecer máis do país e a súa xeografía.
Non sabe Wolof pero si escoitou persoas que o cantaban e o falaban.
Quería situar a historia en Vigo porque na cidade hai moitos senegaleses e el ten moita documentación sobre eles e sobre a cidade.
Púxolle Khoedi á nena porque en senegalés significa lúa.
Este libro traduciuse ao castelán e aocatalán.
Os contos que hai polo medio da historia algúns pertencen a Senegal, e outros inventounos e.
Durante a entrevista recomendounos unha película chamada ``Moolaade´´. Tamén nos recomendou outra película que xa viramos: ``Binta e a gran idea´´.
Contounos moitas máis cousas, que xa escoitaredes no video. Foi unha actividade moi interesante e gustounos moito.
¡¡ATENCIÓN!!: UTILIZADE AURICULARES PARA ESCOITAR O VIDEO POIS O SON NON É DE BOA CALIDADE.
Música:"Jammu Africa" de Ismael Lö (Senegal)
Eloy Faúndez, Sheila Bouzas, Diego Gutiérrez, Miriam Baleato.

agustín fernández paz,
galego,
pri,
videoconferencia
7 de mar. de 2012
Oito de marzo
A igualdade fainos fortes
Con motivo da celebración o 8 de marzo do día da "muller traballadora", adicamos duas clases a investigar o por que deste día, e tamén a buscar información sobre feminismo nos países que traballamos no PRI.
A Década de Nacións Unidas para a Muller (1976-1985), co seu impulso en proxectos e lexitimidade, e a acción colectiva de grupos e movementos femininos deron como resultado que hoxe en día exista unha política específica destinada á muller e a superar a súa condición de discriminación.Pero ainda hai moito camiño por percorrer.
Vimos este vídeo que nos pareceu moi forte, tantos anos loitando polos dereitos das mulleres!.
E logo por grupos investigamos sobre feminismo nos distintos países do PRI, e este foi o resultado:
Galicia
A investigadora Mónica Bar Cerdón (Vigo 1967) recupera nun libro a historia do feminismo en Galicia desde a Transición ata 2004 (Marcha Mundial das Mulleres). A autora realiza análises nos que ten máis de sesenta entrevistas a mulleres feministas, tamén aporta información de panfletos e papeis. A publicación tuvo en conta antecedentes históricos coma as das feministas: Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, que foron dúas feministas galegas que non foron valoradas como se debera.O movemento feminista produciu moitos cambios nas sociedades occidentales grazas as mulleres, a malloría anónimas. A loita pola liberación sexual, polos cambios no Códego Civil, polo dereito a votar, contra a violencia de xénero. Unha loita pola igualdade dos dereitos entre os homes e as mulleres.
Tomás Beiras Marrocos
Despois da independencia,de Marrocos Lala Aicha foi nomeada polo seu irman Hassan ll embaixadora de Reino Unido no ano 1965, foi a primeira embaixadora dun País árabe, logo foi embaixadora en Roma.
Nos últimos anos apenas aparecía en público, e morreu aos 81 anos
Actualmente en Marrocos, hai bastantes asociacions feministas. Podemos escoitar a noticia na TV enlazada a este título:
Sonia Pumar e Eloy Faúndez
INDIA
Aquí presentamos un vídeo que trata do nacemento do grupo "do Sari Rosa" que se fundou contra a violencia de xénero e o sexismo na India.
A precursora deste grupo foi Sampat Pal que parece ser que viu como un home golpeaba a súa muller alá polo ano 2006. O día seguinte apareceu con outras cinco mulleres a vingarse, e déronlle unha paliza ao home. O grupo medrou e xa conta con 200.000 partidarias, e hoxe en día reivindica os dereitos da muller de xeito totalmente pacífico.
Sampat Pal que fundou a banda e as súas seguidoras loitan contra o analfabetismo feminino, e xa conseguiron que se fixera unha escola no ano 2008.
Esta escola ríxese por un lema que di:
Xa temo ás, entón para que quedamos na gaiola?
Jennifer e Adrián Recouso
Brasil
En Brasil destaca a creación do Partido Republicano Feminista pola bahíana (da cidade de Bahía) Leonina Daltro, co obxectivo de mobilizar as mulleres na loita polo sufraxio; e tamén destaca a Asociación Feminista, de perspectiva anarquista, que tivo forte influencía nas fólgas obreiras de 1918 en São Paulo. As dúas organizacións foron moi activas e chegaron a mobilizar un número significativo de mulleres.
Co golpe militar de 1964 en Brasil e posteriormente nos anos 70 en varios outros países latinoamericanos, os movementos de mulleres, xuntamente cos demais movementos populares, foron silenciados e masacrados. Hoxe en día están rexurdindo.
Actualmente hai xóvenes brasileiras que loitan polos seus dereitos,.Pódese ler o enlace á foto.
Álvaro e Alexandro
China
Gladys Nieto é profesora da Universidade Autónoma de Madrid e investigadora do Centro de Estudos de Asia Oriental. É autora de “La inmigración chinesa en España”, e publicou diversos artigos sobre a situación da muller en China ao longo da historia
A escritora opina sobre o feminismo en China e di:
“O feminismo chinés e europeo teñen percorridos distintos. Moitas feministas chinesas afirman que o que diferencia o feminismo chinés do doutros países é que o Estado comunista en tempos de Mao tse tung, recibiron unha serie de dereitos polos cales as mulleres non loitaran, senón que lles foron dados. O percorrido do feminismo, por exemplo en Europa, ten que ver co recoñecemento duns dereitos que as mulleres loitaron, e que reivindicaron ao Estado. No caso chinés foi ao revés.
Mao pensaba que as cuestións de xénero se subordinaban ás cuestións de clase. Por iso cando se chegase a unha sociedade sen clases, xa non habería divisións de xénero. Dentro do programa maoísta estaba incorporar as mulleres como parte do programa nacional. Para iso houbo dúas leis moi importantes nos anos 50: a lei do matrimonio e a lei do traballo.
- A lei do matrimonio, que permitía o divorcio, limitaba todo o que fora a organización da familia tradicional: remataba cos matrimonios concertados, co concubinato e daba dereitos de herdanza á muller.
- Ademais aparece a lei do traballo, que promove a incorporación das mulleres ao mercado laboral. Iso produce unha especie de revolución nas relacións de xénero, pero non sen costes. A principios dos anos 50 moitas mulleres foron asasinadas pola súa familia política tras interpoñer unha demanda de divorcio. Por iso foi unha lei que dende o inicio espertou moitas reticencias, sobre todo por parte da xente do campo.
Se se mira dende o punto de vista de outorgamento de dereitos ás mulleres, é un paso grande para rematar cunha orde que as colocaba no último chanzo da xerarquía social.
Hoxe en día a raíz das políticas de planificación familiar e especialmente da do fillo único, a muller sofre unha gran discriminación, posto que as parellas prefiren ter o único fillo varón.. O Estado fixo campañas de esterilizacións, o uso obrigatorio do dispositivo intrauterino (DIU), abortos selectivos en función do sexo, a maioria dos abortos eran nais que esperaban nenas. Naceron moitos nenos e nenas fóra do plan de nacementos da política do fillo único que non están nas estatísticas chinesas de poboación. Moitos nacementos non foron comunicados para non afrontar a multa que impoñía o Estado.
Outra consecuencia da política do fillo único é que hai un gran desfase entre o número de homes e mulleres na sociedade chinesa. Calcúlase que en 2025 haberá entre 30 e 50 millóns de homes sen parella.
Os homes que quedan solteiros adoitan ser campesiños sen redes sociais e pobres. Hai toda unha parte da poboación que non vai casar. Estanse a documentar fraudes por supostas vendas de esposas, hai moitos homes dispostos a gastar o seu diñeiro comprando unha esposa noutro pobo”.
Marta e Adrián Esmoría
Senegal
Codou Bop, sinalou neste Foro as dificultades para unha muller africana de reivindicar a súa pertenza ao movemento de loita das mulleres, sen ser o obxecto de burlas e desvalorizacións. É moi difícil dicirse feminista en África e en Senegal pola discriminación e violencia que se vive con respecto as mulleres. Todo está feito para que as mulleres permanezan confinadas no fogar, na esfera privada: «a maior distancia que lle permiten percorrer é a da cociña á porta de entrada para recibir algúns convidados»
As feministas agrupadas no seo deste Foro denuncian a invisibilización das mulleres tanto na esfera produtiva (non teñen acceso nin á terra, nin aos medios de produción nin ao financiamento, e moito menos a acceder a política).
Codou fai un chamamento ás mulleres a organizarse de xeito independente, xa que con moita frecuencia o movemento ten dificultades para reunirse en espazos que non estean monopolizados e controlados por institucións gobernamentais e internacionais.
Durante os debates, recoñeceuse unanimemente que é necesario, ante todo, modificar os propios comportamentos en vista a unha verdadeira igualdade entre os sexos, sobre todo no seo do seu ámbito próximo da súa familia e das súas redes sociais. Por iso é urxente loitar por que a muller teña acceso á educación, que é o que lles permitirá coñecer e esixir a aplicación dos seus dereitos.
Manuel Vázquez e Noelia Casas
Colombia
O melloramento da condición feminina en Colombia é o froito da acción e iniciativa de mulleres individualmente ou en grupos, a partir de fins do século pasado. Xa en 1872 apareceu en Bogotá o xornal "O Orballo" para defender os propósitos da emancipación feminina.
En 1914 María Rojas Tejeda organizou, o Centro Cultural Feminino, e entre 1916 e 1918 publicou, a revista "Femeninas", dedicada aos dereitos da muller.
En 1927 preto de 14 mil mulleres indíxenas asinaron un manifesto chamado "Os Dereitos da Muller Indíxena".
En 1929, un grupo de mulleres editou a revista "Letras e Encaixes"
En 1930 organizouse o Centro de Cultura Feminina. Ese mesmo ano tivo lugar en Bogotá o IV Congreso Internacional Feminino. A mobilización e presenza de mulleres no Congreso marcaron o principio de loitas específicas. Non lograron entón o dereito a voto, pero si o ingreso á universidade e á administración pública.
En 1944-1946 a actividade de grupos de mulleres plasmouse en conferencias e a través dos medios de comunicación: con "A Hora Feminista" -nunha radio- e posteriormente a revista "Axitación Feminina" que chamaba ás mulleres a preocuparse pola lectura, o estudo e o recoñecemento dos seus dereitos cidadáns.
Em 1954 a feminista colombiana, Ofelia Uribe, tras a obtención do dereito a voto, fundou en Bogotá o semanario "Verdade", que non só reivindicaba a situación da muller, senón que se opoñía ao ditador Rojas Pinilla, polo que foi censurado e clausurado o semanario.
A derrota da ditadura levouse a cabo coa participación de mulleres, o que deu lugar ao ulterior xurdimento de asociacións femininas.
En 1959 foi creada a Unión de Mulleres Demócratas (UMD), que se centrou no traballo sindical, en especial con mulleres de obreiros para apoiar os seus movementos reivindicativos. Creouse a Asociación Feminina Colombiana de Traballo Voluntario (ACOVOL) centrada en estratos de baixo ingresos. Outros grupos de mulleres sumáronse aos sectores sociais e políticos que loitaban contra a violencia estatal.
Como consecuencia na década dos 70 ditouse algúns decretos que melloraron a situación xurídica da Muller.
En 1974 suprimiuse a potestade marital, estableceuse o exercicio conxunto da patria potestade e a obriga compartida para cos fillos en proporción á capacidade económica de cada un. Nesta época empezaron a xurdir novamente grupos feministas, influídos polas mobilizacións de Europa e Estados Unidos.
En novembro de 1986, despois da dolorosa e desgarradora guerra vivida por Colombia, coa grave situación de medo, violencia, e supresión de dereitos humanos, na que deixou o País, organizouse “A Fronte de Mulleres” que rompendo o silencio convocou en Cali unha marcha para "unir os medos, o desespero, a angustia, e convertelos en forza esperanzadora cara ao futuro", baixo a consigna: “non Ser cómplices da violencia", na que participaron miles de persoas en silencio, con flores e traxes brancos.
Estas protestas ao cabo de catro anos deron lugar a que o goberno creara a Consellaría para a Xuventude, a Muller e a Familia e formulouse unha Política para a Muller na que se establecen compromisos para o melloramento da condición feminina.
As mulleres crearon redes nacionais e rexionais que buscan novas formas de relación entre mulleres e varóns, entre a sociedade civil e a sociedade política. Ao mesmo tempo, pugnan polo cumprimento do mandato da nova Constitución e as leis que permitan o seu pleno funcionamento

Portugal
Dende finais do XIX moitas cousas estábanse movendo en Portugal, unha sociedade "en mudança", como afirma algún autor. Neste contexto, encontramos as primicias do movemento feminista organizado en Portugal, aínda que, como afirma Cecilia Barreira trátase dun movemento de "brandas reivindicações" tal como o demandaba unha sociedade de "brandos costumes"
Ana de Castro (1872-1935) líder feministas tamén di:
"Non" hai "ninguén que non oíse, pensado, ou dito centos de veces que o maior mal do noso país é a ignorancia, que o analfabetismo é a causa máis flagrante da nosa decadencia moral (O número de analfabetos é enorme, do -do millón de portugueses que saben ler e escribir a súa lingua, apenas un terzo son mulleres"
Outra feminista, Virginia de Castro Almeida (1874-1945), define así o concepto do fiminismo:
"O feminismo não é uma força que se levanta contra o homem; é a voz da mulher instruída, forte, equilibrada e pura, que aspira nobremente a um lugar ao lado do su companheiro para compartir as suas dores, os seus trabalhos, os seus cuidados e as suas alegrias".
Pero ímonos centrar na figura da escritora e pedagoga portuguesa Alice Pestana (1860-1929), casada co profesor español Pedro Blanco que é a auténtica embaixadora educativa entre Portugal e España entre os séculos XIX e XX. Alice Pestana dende moza encarna a defensa explícita dos dereitos e liberdades da muller, e convértese nun dos mellores expoñentes ibéricos femininos; participa nos incipientes movementos feministas de Portugal, nos movementos e ligas pola paz. Destaca como escritora de contos e novelas, como tradutora de obras de socioloxía e de educación, como profesora de linguas estranxeiras en España, como defensora da creación de tribunais tutelares de menores, como promotora de iniciativas de protección á infância etc.
É moi destacable o seu labor pedagóxico como viaxeira da educación, como promotora comparativista de novidades estranxeiras en Portugal e en España. Promotora da introducción do ensino secundaria para a muller en Portugal, seguindo modelos progresivos europeos, ou a difusión dos beneficios do ensino profesional tal como se ensina en países como Alemaña e Francia.
Alice Pestana, educadora republicana íntegra, laica, feminista, pacifista, defensora da infancia, escritora culta, morre moi pouco antes de proclamarse en España a Segunda República en 1931. Ela é unha desas educadoras que contribuíu con eficacia, sen excesivo protagonismo, pero con constancia e sinxeleza, a difundir o ideario pedagóxico republicano, construíndo formas de pensar e de actuar asentadas na razón, nas ideas de progreso, liberdade, respecto e tolerancia, sempre a través da educación. O seu compromiso coa educación da muller, cos analfabetos en escolas nocturnas, como profesora de linguas, como animadora dos emerxentes sistemas de protección da infancia que delinque, como comparativista e viaxeira da educación, tamén nos permite situar a Alice Pestana no cume do irmandamento ibérico por medio de fe na educación e o progreso.
Diego e
Romanía
Mariana Campeanu, ex ministra de Traballo, Familia e Igualdade de Oportunidades no ano 2008 en Romanía, explica:
Romanía é un país un pouco atípico, as diferenzas entre homes e mulleres non son tan evidentes como noutros países veciños, e sobre todo no sur e o leste do noso país. Cabe subliñar que somos un dos poucos países onde o presidente do Consello de Administración da máis importante compañía do país, PETROM, é unha muller. Somos un dos poucos países do mundo onde o máis importante cargo dunha das máis importantes empresas de telecomunicacións é unha muller. Isto non pasa nin sequera nos países con tradición na promoción de mulleres en postos de dirección. Somos un dos poucos países onde as mulleres poden acceder a empregos masculinos, como na construcións ou metalurxia, ainda que é verdade que hai poucas mulleres nestes sectores, pero haber hai.
En Romanía, a lexislación non discrimina a muller polo feito de selo, nin dende o punto de vista salarial, nin en canto aos cargos que pode desempeñar.Pero, desgraciadamente, os sectores laborais onde traballan o maior número de mulleres son tamén os peor pagados.É verdade que en industrias como a téxtil, que é probablemente o sector cos soldos máis baixo, o número de mulleres que traballan neste sector laboral é moi alto. Outro sector sería o do ensino. Aquí o número de mulleres é tamén alto. O mesmo pasa no sector da sanidade. É dicir que, en suma, o salario medio das mulleres é máis baixo que o dos homes.
É necesaria un cambio de mentalidade en Romanía, porque a mentalidade xeral da poboación non favorece a muller. Aínda se considera que as mulleres deberían dedicarse máis á casa, aos nenos, e menos á política, por exemplo. Esta mentalidade maniféstase primeiro na educación dos nenos -onde o papel principal o ten a muller. Hay numerosas mulleres que non solicitan un cargo en certo sector laboral porque elas mesmas o consideran masculino. Ana Ber, experta en recursos humanos di que en Romanía, máis que un cambio de lexislación fai falta un cambio de mentalidade.
8 de marzo: Jennifer
O oito de marzo é o día da muller traballadora, e eu quero homenaxealo con esto:
Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!
Mediante o traballo foi como a muller pudo franquear a distancia que a separa do home.
Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!
Mediante o traballo foi como a muller pudo franquear a distancia que a separa do home.
8 de marzo: Sandra
A incorporación das mulleres no traballo, pero axudado polo movemento feminista empezou a xurdir no século XIX, chegou dunha forma algo repentina, e por unha forza maior: a Segunda Guerra Mundial.
Oito de Marzo: Iván
Hoxe na clase de Naturais a mestra explicounos como facer un enlace, insertar unha imaxe e meter un video. Logo mandounos facer un traballo sobre o Dia internacional de muller traballadora.
E este é o meu resultado.
oito de marzo: Adrián Esmorís
Hoxe é o dia internacional da muller traballadora, e eu Adrián Esmoris, fágolle un homenaxe con estas imaxes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)