Brasil, Brasil, como no, como no.
Xeografía, música, deporte, cultura, historia....
Esta vez imos ler en inglés e coñeceremos ademáis esta ferramenta dixital chamada Glog. É simplemente un poster interactivo.
Amosando publicacións coa etiqueta Brasil b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Brasil b>. Amosar todas as publicacións
5 de maio de 2013
30 de maio de 2012
O CRISTO DE CORCOVADO en BRASIL
Esta maxestuosa obra realizouse entre os anos 1920 e
1931. Está considerada o símbolo de
Brasil.
O Cristo Redentor ou Cristo de Corcovado está situada
en Río de Janeiro na cima do cerro de Corcovado. Pesa 1.145 toneladas de
hormigón armado e mide 38 metros de altura. Está a 710 metros sobre o nivel do
mar e recibe aproximadamente 770.000 visitas ao ano. Esta obra realizouse en
conmemoración dos 109 anos da independencia brasileira. Foi inaugurada o día 12
de outubro do ano 1931.
Os arquitectos que deseñaron a escultura foron o brasileiro
Heitor da Silva Costa e o francés Paul Landowsky.
Considerada a estatua Art Decó máis grande no mundo. É
recoñecida como una das Novas Sete Maravillas do Mundo Moderno xunto a Machu
Picchu en Perú, a Muralla China, o Coliseo de Roma, o Taj Majal na india,
Chitchen Itzá en Mexico e Petra en Xordania. Foi declarada patrimonio da
humanidade.
Diego Gutierrez
8 de maio de 2012
EDUCACIÓN: MATERIA PENDENTE EN BRASIL
Nos últimos 15 anos Brasil conseguiu ofrecer educación
escolar a toda a poboación infantil, pero aínda é un servizo no que queda moito
por facer.
Hai falta de profesorado cualificado, as instalacións son
precarias e o material e a masificación do alumnado nas aulas son algúns dos
retos por resolver na educación pública.
Esta noticia do xornal BBC mundo explica, de man de xóvenes
estudantes a brecha entre as escolas públicas e as privadas.
13 de abr. de 2012
BRASIL: UNIFORMES ESCOLARES INTELIGENTES
Comenta a noticia. Mira o video e fainos saber cal é a túa opinión sobre o tema.
Etiquetas:
actualidade,
Brasil,
educación,
pri
24 de mar. de 2012
BRAZIL & COLOMBIA
Etiquetas:
Brasil,
Colombia,
inglés,
power-point
24 de out. de 2011
As linguas da Feira das Nacións (I): Brasil

A lingua oficial é o portugués e é falado por case toda a poboación.
Hai tamén uns 170 linguas indíxenas, que foron clasificadas en 20 familias lingüísticas diferentes. O número medio de falantes de linguas indíxenas foi de preto de 155.000 individuos en 1999. A maioría dos indios é bilingüe, en portugués, tendendo a desaparecer entre os indíxenas o monolingüísmo.
Polas ondas de inmigrantes da segunda metade do século XIX, existen importantes comunidades de falantes de italiano que é recoñecido como idioma e tamén de alemán, sobre todo no sur do Brasil.
As linguas Tupi son a familia máis estendida en toda a Amazonia.
Artigo elaborado por Iván Señarís Veiras e Marta Veiras Noya
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
