Amosando publicacións coa etiqueta solidariedade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta solidariedade. Amosar todas as publicacións

18 de dec. de 2014

GALA SOLIDARIA DOS XEITOSOS DE TRAZO


Para conmemorar o 35 aniversario da súa asociación cultural, o grupo "Os xeitosos de Trazo" celebrou o pasado sábado 13 de decembro unha gala solidaria na que recolleron alimentos para o Banco de Alimentos de Santiago.

Lucas, Tomás e Carlos, de secundaria, e moitas xeitosiñas e xeitosiños de primaria participaron nesta gala, amosando así que a tradición continúa e que a canteira da asociación está asegurada.
Esa tarde respirábase un ambiente moi íntimo, cheo de sorpresas e discursos emotivos. Para algunhas persoas, lembranzas de anos e para outras foi un momento de descubrimentos. Para tod@s unha gran ledicia e ilusión compartidas.
Preguntámoslle a Lucas como xurdiu a idea de facer unha gala solidaria, e isto é a resposta que nos remitiu:

- Como xurdiu a idea de facer unha gala benéfica?
- A idea de facer unha gala benéfica foi xuntando dúas ideas: Primeiro, pensárase e falárase de facer algo para axudar, pero aí quedou a cousa. E despois, preparando a gala para celebrar o 35 aniversario, volveu a xurdir a idea de facer algo solidario. Unha persoa das que organizaban (xa que todo isto era ás costas de Moncho, o presidente da asociación) propuxo facer unha recollida de xoguetes. A idea gustou moito, pero decidiron facer a recollida de alimentos porque pareceu que sería máis doada a participación da xente. Despois, puxéronse en contacto cós Servizos Sociais do concello para ter orientación e información e para saber se algunha familia do concello precisaba axuda. Respondéronlles que as necesidades deste tipo están cubertas pola Cruz Vermella e orientáronnos cara o Banco de Alimentos de Santiago, que teñen moitísimas familias sen recursos.

- A experiencia foi boa?
- Posto que todo isto o escribo coa axuda do que máis traballou do grupo, cóntovos o que el me dixo: "Para min foi unha experiencia boísima e creo que para todos foi unha gala que non esqueceremos en moito tempo. Eu por min repetía".


Os Xeitosos din humildemente que “querían darlle unha sorpresa a Moncho”, pero poderían telo feito de moitos xeitos diferentes e elixiron facer unha recollida de alimentos. Isto di moito da súa sensibilidade e compromiso tanto social como cultural.

Aplaudimos a solidariedade d@s Xeitos@s e desexamos que a esta primeira gala lle sigan máis iniciativas solidarias e que continúen alegrándonos coa súa música.

1 de dec. de 2014

GRAZAS POR SER SOLIDARI@

A semana pasada viñeron da ONG a recoller os alimentos que donamos. Foi unha gran campaña e queremos agradecer a todo o mundo a súa participación, tamén a todas aquelas persoas que fixeron a entrega na biblioteca do concello.