Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións

2 de feb. de 2015

DÍA DA PAZ E OUTRAS CONMEMORACIÓNS


As nenas e nenos da clase de 1º da ESO,  con motivo da celebración do día “DÍA INTERNACIONAL DA PAZ” o 30 de Xaneiro,  decatámonos  de  que hai moitos feitos que acontecen no mundo dos que non saberíamos nada se non fose porque as  Nacións Unidas   asinan unha data para recordar dito acontecemento e concienciar a Sociedade de que hai que actuar  de xeito activo para poder construir  entre todos Nós, un mundo mellor.
Aquí presentamos o noso raballo sobre algunhas desas celebracións e  deixamos neste día 30 de Xaneiro: "Día da Paz" unha frase de Gandhi para a reflexión:  

Mahatma Gandhi: " Lo más atroz de las cosas malas y de la gente mala es el silencio de la gente buena"



30 de xan. de 2015

DÍA DA PAZ

Unha de cada cinco persoas nas rexións en desenvolvemento sigue vivindo con menos de 1,25 dólares al día; ol empleo precario nos países do Sur representa o 56% de todo oempleo (10% nos do Norte); 842 millóns de persoas sufren fame crónica; 300.000 mulleres mueren por causas relacionadas co embarazo ou o parto; 748 millones de persoas utilizan fontes de auga non apta para o consumo.

O venres, no recreo, para conmemorar o día da paz, lanzamos ao ceo  faroliños chineses.
Os faroliños voladores nacen na tradición chinesa como vehículo para elevar os desexos da xente ata o máis alto do ceo e lograr así que se fixeran realidade.

Con estas linternas, nos, o día da paz, lanzamos ao aire os nosos desexos, para que as condicións de vida no planeta melloren para todos os seres humanos e que non exista tanta desigualdade social, económica , en definitiva, para  lograr un mundo mellor e máis xusto.
Aquí tedes o texto que na clase escribimos para este día, baseado nas 6 prioridades que sinalamos na enquisa de participación da ONU.



FAROLIÑOS CHINESES

28 de xan. de 2015

QUE CONSIDERAS IMPORTANTE PARA CAMBIAR O MUNDO?

Todos os cursos participamos na enquisa global promovida polas Nacións Unidas para que todo o mundo sinale cales deben ser as prioridades para mellorar as condicións de vida no planeta.
Ista é unha iniciativa coa que se pretende trasladar aos líderes mundiais as demandas e prioridades da cidadanía co fin de cara a elaboración da próxima axenda internacional para o desenvolvemento, co obxectivo de loitar contra a pobreza no mundo e crear un mundo sustentable.
Queda moito camino por percorrer.

Tomamos a palabra e participamos na enquisa da ONU. Dos 16 puntos que suxiren, tiñamos que escoller 6, xustificalos e envialos para que nos fixeran un video que compartimos no noso facebook.

27 de xan. de 2015

OS FAROIS VOLADORES CHINESES




As orixes das lanternas chinesas pódense rastrexar ata o ano 230 a.C

As lanternas chinesas orixináronse arredor do ano 230 a.C . Hoxe en día utilízanse para celebracións e conmemoracións. Algunha vez creuse que escorrentaban aos espíritos malignos, segundo sosteñen séculos de antigas tradicións, e simbolizan o pasado e o futuro de China.

SIGNIFICADO DA COR

As lanternas chinesas poden ser de calquera cor, pero tradicionalmente úsase o vermello combinado con outras cores. Cada cor ten o seu propio significado, pero dependendo do contexto, este pode cambiar. O vermello representa felicidade e boa sorte, o branco pureza, vellez e sabedoría. O amarelo e o dourado representan ao primeiro emperador pero tamén simbolizan á terra e o loito. O azul está asociado á inmortalidade, mentres que o negro representa honestidade así como tamén morte ou mala fortuna.


SÍMBOLO DE BOA SORTE


Os símbolos da boa sorte son importantes na cultura chinesa, polo que as lanternas están decoradas con debuxos ou caligrafía que os representa. Alguén que queira que lle vaia ben nun exame decorará unha lanterna cun sabio barbudo, mentres que alguén que busque un futuro mellor poñerá na súa lanterna o símbolo dunha muller cunha froita. Os morcegos vermellos representan a boa fortuna.