Amosando publicacións coa etiqueta cultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cultura. Amosar todas as publicacións

7 de dec. de 2014

DIWALI: O FESTIVAL DAS LUCES DE INDIA

Aquí tedes a presentación de Alba e Eloy sobre esta festa que é como aquí a de Ano Novo. Leron varios artigos, buscaron fotos en internet e prepararon esta presentación oral que veredes a continuación.

4 de dec. de 2014

O TEU NOME EN CHINÉS ESTE NADAL

E porqué non regalarlle a alguén o seu nome en chino este nadal?
Visita esta páxina e poderás escribir calquera nome con caligrafía chinesa. Logo podes imprimilo, colorealo e pegalo nunha postal feita por ti ou imprimir unha camiseta como regalo de nadal.
Tamén podes crear unha pintura chinesa tradicional personalizada con a caligrafía do teu nome chinés.
Aquí tes unha mostra:

DIWALI. O FESTIVAL DAS LUCES DA INDIA



My favourite day: Diwali

13 de nov. de 2014

O HINDUISMO: UNHA RELIXIÓN CON MÁIS DE 1000 DEUSES E DEUSAS

O hinduísmo é a relixión predominante en India aínda que convive con outras relixións como o Cristianismo, o Budismo e o Islam. Dentro das grandes relixións é a máis antiga e a terceira máis estendida a nivel mundial, máis de 800 millóns de seguidores.

Non ten fundador nin ordes sacerdotais, non existe un dogma único e carece de organización central. É por isto que dentro do hinduísmo podemos encontrar distintas correntes culturais ou escolas: deísta, teístas, monoteístas, politeístas, agnósticas e, mesmo ateas. Ten como principo "a unidade na diversidade" o que a converte nunha relixión complexa.
O hinduismo é unha relixión politeista, teñen miles de deusas e deuses, un dos máis populares é Ganesha, o deus con cabeza de elefante.


Segundo a lenda, o deus Shiva, o deus hindú da destrución, marchou á guerra e a súa muller Parvati, deseó tomar un baño, pero non habendo ningún garda para que vixiase a porta do seu apousento ocorréuselle a idea de crear un fillo para que o custodiase.

Parvati creou entón a Ganesha da pasta de sándalo que usaba para bañarse e lle deu vida dentro dunha figura. Entón ela situouno na porta e lle dió instrucións para que ninguén entrase. Mentres tanto o deus Shiva regresou da batalla pero como Ganesha non o coñecía non lle deixou que entrase no cuarto de Parvati. Shiva, enfurecido por este feito, colleu a súa espada e cortou a cabeza de Ganesha. Cando Parvati saíu e vió a Ganesha decapitado entrou en cólera. Entón ela adquiriu a forma da deusa Kali e ameazou con destruír os tres mundos existentes, o ceo, a terra e o subsolo. Vendo o malhumorada que estaba, os outros deuses estaban realmente temerosos e Shiva, nun intento de calmar a Parvati, transmitiu á multitude que trouxeran a cabeza do primeiro ser vivo que aparecese do norte (a dirección propicia asociada coa sabedoría). O primeiro ser vivo que apareceu foi un elefante. Entón trouxéronlle a cabeza do elefante e Shiva colocouna no madeiro do fillo de Parvati dándolle vida. Parvati púxose contenta e abrazou o seu fillo, o neno con cabeza de elefante que Shiva chamou Ganesha.

FESTIVAL DOS ELEFANTES PINTADOS NA INDIA

A clase de Proxecto Interdisciplinar quere ser unha pequena ventá pola que achegarnos ao mundo e coñecer diferentes aspectos doutras culturas. Nesta ocasión preparamos unha presentación oral sobre O Festival dos Elefantes da India e sobre un dos moitos deuses do hinduismo, o popular deus Ganesha.
Anabel e Oscar leron varios artigos, buscaron fotos en internet e prepararon a presentación oral que veredes a continuación.


Fontes:
Ganesha, o elefante sagrado : http://www.taringa.net
¿Por qué os elefantes son sagrados na India?: https://redaccion.lamula.pe
Festival dos elefantes pintados:http://www.taringa.net
O desfile dos elefantes pintados: http://www.nationalgeographic.com.es

6 de nov. de 2014

ALVIDA

A semana pasada na clase de pri estivemos buscado en internet información sobre os elefantes e sobre palabras hindúes. Pintamos dous elefantes e puxemos a palabra enriba.
ADIOS: ALVIDA


Jonathan

30 de out. de 2014

DECORACIÓN INDIA

A semana pasada en Pri buscamos en internet imaxes de elefantes indios e palabras en hindu que pegamos na parede.
                     Este e o resultado.

               Mera  nama  DUMBO hai 



Carlos

FESTIVAL INDIO

O outro día na clase estivemos coloreando elfantes indios con moitas cores e con purpurina.



Jenni

DEBUXOS DE ELEFANTES

o outro día fixemos elefantes indios,antes bucamolos en Internet para inspirarnos para inspirarnos.
E despois buscamos palibras en hindi para poñerlle encima.


Martín Dafonte

O MEUS ELEFANTES



Na clase de pri buscamos en internet sobre elefantes indios e palabras indias despois cada un pegou dous elefante e unha frase en hindi.

Alba

INDIA

Na nosa clase traballamos sobre os elefantes indios.
Tivemos que pintar os elefantes indios e escribir palabras en idioma indio. A profesora díxonos que buscaramos en internet para ter inspiración sobre o país da India e sobre os elefantes pintados.



Eduarda

29 de out. de 2014

UNHA CLASE CHEA DE ELEFANTES

O outro día na clase de pri, decoramos os nosos elefantes. Cada un con unha palabra en hindi e despois traducimola ao español. Pegamos cada elefante na parede enriba do corcho ca palabra en hindi e en español enriba do elefante. Quedounos unha clase chulísima.

Pani-Agua





Iván Rivas Suárez

decoración india


A min gustoume moito esta actividade porque quedou moi chula a clase e tamén aprendemos palabras en hindi e pasámolo moi ben.


Martín Casto

OS VISTOSOS ELEFANTES DA NOSA CLASE

Barth-Doce

O outro día en pri a mestra dounos uns elefantes indios para pintar. Miramos en Internet como os pintaban no festival dos elefantes e vimos que os pintaban moi vistoses, porque eran como o seu deus. Despois tivemos que elixir un palabra en hindú e decoramos toda a clase. Quedou moi chula.

Lucía

27 de out. de 2014

DECORAMOS A CLASE

En PRI fixemos uns dibuxos  de elefantes para decorar a clase.Tivemos que buscar imaxes en internet para ver como os decoran no festival dos elefantes para inspirarnos. Despois buscamos palabras en hindi, escollemos unha e puxémola enriba dos elefantes. Ao final colocámolos todos coa súa palabra enriba do corcho e quedou moi chulo.

Kusí se=encantado



         Oscar

ELEFANTES DA INDIA

KRIPAYA:   POR FAVOR



Brais

APRENDEMOS HINDI




Biyara-cerveza



Eloy Castro Deus

22 de feb. de 2014

MISTERIO E DELICADEZA DA ÓPERA CHINESA

Personaxes da ópera, impresionante maquillaxe, vestiario espectacular e auténtica música chinesa.

O SEGREDO DAS MÁSCARAS NA ÓPERA CHINESA

Estas máscaras son un misterio para nós, pero as persoas que coñecen a ópera chinesa poden identificar o carácter e o papel que representará unha personaxe na ópera só con botar unha ollada. Cal é o segredo? Saber o que representa cada cor. Na clase de plástica fixemos estas máscaras e tamén as fotos, menos a da clase, claro, que a fixo o profesor.
Queres xogar? Imos pescudar que representa cada cor.