Amosando publicacións coa etiqueta presentacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta presentacións. Amosar todas as publicacións

7 de dec. de 2014

DIWALI: O FESTIVAL DAS LUCES DE INDIA

Aquí tedes a presentación de Alba e Eloy sobre esta festa que é como aquí a de Ano Novo. Leron varios artigos, buscaron fotos en internet e prepararon esta presentación oral que veredes a continuación.

25 de nov. de 2014

ABRE OS OLLOS

As charlas que recibimos nas semanas anteriores e as dinámicas nas que participamos, fixeron posible que nos puxeramos as gafas violeteas para poder ver o mundo dende a igualdade.

13 de nov. de 2014

FESTIVAL DOS ELEFANTES PINTADOS NA INDIA

A clase de Proxecto Interdisciplinar quere ser unha pequena ventá pola que achegarnos ao mundo e coñecer diferentes aspectos doutras culturas. Nesta ocasión preparamos unha presentación oral sobre O Festival dos Elefantes da India e sobre un dos moitos deuses do hinduismo, o popular deus Ganesha.
Anabel e Oscar leron varios artigos, buscaron fotos en internet e prepararon a presentación oral que veredes a continuación.


Fontes:
Ganesha, o elefante sagrado : http://www.taringa.net
¿Por qué os elefantes son sagrados na India?: https://redaccion.lamula.pe
Festival dos elefantes pintados:http://www.taringa.net
O desfile dos elefantes pintados: http://www.nationalgeographic.com.es

23 de feb. de 2014

DIFUNDIMOS A CAMPAÑA DE MUNDO COOPERANTE

Presentamos tamén o noso proxecto na escola rural de Chaián. Fomos antes de empezar a escola e a nai de Irene recolleunos e gravounos. Grazas, Esperanza!

4 de dec. de 2013

INSTRUMENTOS MUSICAIS DO MUNDO

Aproveitando a exposición dos instrumentos musicais do mundo, o alumnado de 4º de Música _Alba, Brais, Esteban, Iria, Margarita e Martín_ encargouse de clasificalos e crear unhas presentacións coa información básica. Uns foron moito máis doados ca outros; esperamos que lles saquedes proveito.