17 de nov. de 2011

As linguas da Feira das Nacións (VII): Romanía



O idioma romanés e unha lingua indoeuropea que pertence ao grupo oriental das linguas romances. Entre elas, ocupa a 5ª posición en canto ao número de falantes, seguindo ao español, portugués, francés e italiano. Por motivos de diferenciación tipolóxica, a lingua romanesa tamén é chamada dacorrumano. Por motivos políticos, as autoridades de Moldavia usan a denominación moldavo.
A lingua romanesa é falada aproximadamente por 26 millóns de persoas, das cales a maioría, máis de 20 millóns, vive en Romanía, onde é a única lingua oficial e, ademais, conforme aos datos de 2002, materna para o 90% de poboación.
Outras linguas que se falan son o húngaro, o alemán, o turco, o serbocroata e o yiddish.

Traballo feito por Sonia Pumar Muíño e Sheila Bouzas Leis

16 de nov. de 2011

PARA APRENDER MÁIS DE TODOS OS PAÍSES




Si premes no ordenador verás porque andabamos a toda pastilla
Tiñamos que contestar todas as preguntas en menos de unha hora!!!!!
Tamén por parellas estamos traballando sobre os recursos naturais dos oito países que tratamos nesta feira das nacións. Tan pronto rematemos o traballo cólgamolo no blogue.

ATA PRONTO!!

15 de nov. de 2011

SOBRE A SESIÓN DE CONTACONTOS

Neste poster tedes algunhas crónicas e comentarios sobre a sesión de contacontos do outro día.

ELECCIÓNS DE NOVEMBRO

Hoxe, día 8 de novembro, na clase de PRI tivemos eleccións!
A mestra entrou pola porta cunha urna que poñía eleccións 2011.
Quedamos tod@s asombrad@s. Non sabíamos de que se trataba; si eleccións para ser elegad@, eleccións para elixir a mellor persoa da clase...
Despois de lle preguntar, a mestra explicounos que eran eleccións para elixir os nomes de rapaz@s dos países do P.R.I. que anteriormente lle mandáramos por g-mail.

Antes das eleccións a mestra explicounos varias cousas entre as que estaban que é o censo electoral e máis quen participaba nas nosas eleccións.
CENSO ELECTORAL: é o documento ou rexistro onde constan as persoas que poden votar nunhas eleccións.
QUEN PARTICIPA NAS NOSAS ELECCIÓNS: o profesorado que nos da clase e máis o que participa no PRI (o profe de música e o de tecnoloxía), o alumnado da nosa clase e a conserxe.

Todos os nomes que atopamos en internet foron incluidos nunha papeleta. Aquí tedes a papeleta utilizamos.
Comezamos a votar, todos os nomes eran eran moi bonitos, pero so podíamos elixir un nome de nena e outro de neno por cada país.
Cando iamos introducir o voto na urna a mestra sacábanos fotos (seguro que quedamos tod@s moi ben).
Agora hai que esperar aos resultados das eleccións!

Jenni

12 de nov. de 2011

O ANO NOVO EN INDIA: O DIWALI

Na clase de inglés limos un texto sobre o ano novo na India e outro para seguir instrucións e facer lampariñas con cartolina e papel de seda. As lampariñas fixémolas na clase de plástica e decoramos a nosa aula con elas para celebrar este acontecemento.

Aquí tedes o resumo do texto que lemos sobre o Diwali.

Diwali é a palabra india para chamar a esta festa: “festival das luces”.

Significa ringleira de lámpadas acesas. Con ela celébrase o ano novo e é a festa máis importante da India. Dura 5 días e ou quinto é o ano novo, pero non sempre cae o mesmo día. Este ano foi o 26 de Outubro.

Como se celebra o ano novo na India:

Hoxe en día é común celebralo ao redor do mundo. Nestas datas a xente decora a súa casa colgando lámpadas e velas; tamén colocan lámpadas de aceite ao redor da casa, nos xardíns, nos patios, nos tellados e nos muros. Explotan fogos artificiais e petardos, comen doces, rezan aos deuses e deusas, teñen rituais relixiosos, estrean roupa e mándanlle agasallos as familias. Moita xente aproveita esta festa para casar. As lámpadas acendidas significan a vitoria do ben sobre ou mal.

A deusa Lakshmi:

O Diwali celébrase en honra de Lakshmi, a deusa da riiqueza e da prosperidade. Os hindús rezan a Lakshmi para que lles dea boa sorte no ano seguinte. As lampariñas quedan acendidas toda a noite

para que a deusa se sinta acollida e entre a visitalos. Pola noite moitas persoas rezan unha oración a Ganesh, o deus da sabedoría e a boa sorte, o que elimina os obstáculos da vida.

Que ocurre durante o Diwali:
Ese día levántanse moi cedo e poñen as súas mellores roupas. Ou primeiro que deben facer é rezar oracións e facer ofrendas de froita e doces tradicionais indios, logo van visitar aos seus familiares maiores para recibir as súas bendicións e mostrarlles respecto e, finalmente, van ao templo e visitan a familia e amigos para desexarlles un feliz Diwali.

Jennifer López e Diego Gutierrez

10 de nov. de 2011

As linguas da Feira das Nacións (VI): Marrocos

As linguas oficiais de Marrocos son:
Nacional: árabe clásico e berberes.
As linguas non-oficiais de Marrocos son:
Dialecto árabe marroquí do árabe clásico.
Linguas berberes (Tarifit, Tamazight e Tachelhit) que se usan a diario nas rexións montañosas do Marrocos.
Español: Rexións do Rif, e Yebala Tarfaya porque no pasado formaron o protectorado español de Marrocos.O Sahara Occidental, administrado polo Marrocos, o español e o árabe tradicional da zona (Hassani), son amplamente utilizados e na RASD son oficiais.
O árabe clásico é a lingua da lexislación, aínda que as leis son tamén traducida ao francés e, ás veces española.
A lingua falada pola maioría da poboación árabe marroquí está influenciada pola linguaxe da educación. De feito hai mesmo unha diglosia. O Rei de Marrocos cando quere obter un discurso de todos está obrigado a usar para o mundo árabe, árabe clásico, e para o resto do mundo, o francés.
Áreas Berber: en tres dialectos das linguas berberes (Tarifit, Tamazight e Tachelhit) usan a súa lingua todos os días.
A lingua francesa é a lingua do comercio, o ensino superior é impartido en francés.
Nas cidades de Tetuán e Nador o coñecemento e uso do español é alta, tamén na poboación saharauis do antigo Sahara español, na maioría da cidade de Larache, Tánxer, Al Hoceima e Sidi Ifni usual. Hai grupos de lingua española en cidades como Rabat, Agadir, Kenitra, Casablanca, Taza, Fez, Marrakech, Meknès e Oujda. Actualmente, existen seis centros do Instituto Cervantes, unha das maiores concentracións nun só país nesta institución á divulgación da lingua española no mundo. A poboación de lingua española en Marrocos é de preto de 360.000 persoas en 2006.

Alejandro Domínguez Pereiro e Eloy Faúndez Suárez

9 de nov. de 2011

As linguas da Feira das Nacións (V): Senegal




O idioma oficial en Senegal é o francés, aínda que non todos os habitantes o falan. Entre os autóctonos utilizan ademais do francés, o wolof, o mandika e o diola. Hai guías turísticos que falan inglés, pero estes atópanse recluídos en Dakar e as zonas turísticas do país. Nas cidades e a zona costeira todo o mundo fala francés.
Lenguas nativas: badiaranké, baïnouk, balante, bambara, bandial, bassari, bayotte, bédik, cobiana, coniagui, diola, hassaniya, jalonké, khassonké, léhar, mancagne, mandingo, manjaque, mlomp, ndut, mediodía, palor, papel, fulani, saafi, serer, soninké, wolof, zenaga.


Dicionario básico WOLOF-GALEGO:


Asalamu alaikum : A paz estea con vostede (vén do árabe)


Wa alaikum salam : Que a paz estea contigo tamén. (vén do árabe. Usado para resposta da anterior)


Nanga def: Cómo está?


Nanga tuddu: Cómo te chamas?


Man, Paco la tuddu: Chámome Paco


Baal ma: Síntoo, perdón


Wao: Si


Dé det: Non


Dama jiff: Teño fame


Dama marr: Teño sede


Lii lumu iyar: Cánto vale isto?


Fan la: Ónde


Mangui dem: Marcho


Dicionario básico do amor en Wolof

Ámote: Dámela nop


Quérote: Dámela buggu


Es a Muller máis guapa do mundo: Yau yai yiggen bi gana rafet chi ádona bi


Es o home máis guapo do mundo: Yau yai gór bi gana rafet chi ádona bi


Es o meu corazón: Yau yai sama bol


Só penso en ti: Yau rek lai jalat


Quero pasar o resto dos meus días xunto a ti: Yau la buggu nek-kal sama desitu aduna


Quero casar contigo: Dama buggu sái ak yau




Feito por Tomás Beiras Rivas e Adrián Recouso Pena

As linguas da Feira das Nacións (IV): Portugal



A lingua oficial é o portugués.
Esta é unha linguaxe rica en dialectos, cada un coa súa particularidade. A maior parte da diferenza entre eles está na pronuncia dalgunhas vogais. Entre o português brasileiro e o portugués europeo existen diferenzas de pronuncia,vocabulario e sintaxe, especialmente nas variedades populares. Hai algunha semellanza na sintaxe, pronuncia e gramática entre os falantes do portugués vernáculo brasileiro e o angolano vernáculo portugués, pero non hai ningunha diferenza entre o estándar europeo e o portugués angolano. O portugués de Coímbra é considerada a lingua estándar.
Tamén se considera oficial o mirandés, de Miranda do Douro.

Principais dialectos do portugués:
* Algarve - Algarve
* Alto - Minhoto – Á beira do Miño
* Açoriano - Azores* Baixo-Beirão - Interior centro de Portugal
* Beirão - Centro de Portuga
l* Extremeño - Rexións de Coímbra e Lisboa
* Nortenho - Braga Porto Rexión* Madeirense - Madeira
* Transmontano - Tras-os-Montes


Manuel Vázquez Noya e Diego Gutiérrez Castiñeiras

8 de nov. de 2011

O REI E O ZAPATEIRO (Conto popular do Brasil)





Na clase de Lingua e Literatura Galega escollemos traballar coa língua portuguesa do Brasil e de Portugal, para estudarmos as semellanzas lingüísticas entre estas variedades e o galego, idiomas que fan parte da mesma família.
Unha das actividades é a de versionarmos ao galego algún conto popular brasileiro ou português. Xa rematamos o primeiro e velaquí vai a version que fixemos na clase de 1º da ESO do conto brasileiro “O rei e o sapateiro”, recollido de Pimentel, Figueiredo. Histórias da baratinha. Rio de Janeiro, Livraria Garnier, 1994, pp.109-110.




O REI E O ZAPATEIRO




Un rei moi bo, dotado de excelente corazón, acostumaba saír soíño e disfrazado, polas rúas da cidade, a fin de poder apreciar ben as necesidades do seu pobo.
Unha vez, ao pasar por unha rúa, oíu alguén cantando:



Ribeiros corren para o río,

Os ríos corren para o mar.

Quen naceu para ser pobre

Non lle vale traballar.

O rei parou, observou a casa e indagou quen nela residía.
Era un pobre zapateiro, honesto e traballador, cheo de fillos, que vivía na maior miseria posible.
A súa maxestade tomou nota do número e da rúa.
Ao día seguinte, mandou preparar polo seu cociñeiro un saboroso bolo, que encheu de moedas de ouro e fixo levarllo ao zapateiro.
Na outra tarde, pasando pola mesma rúa, escoitou a mesma cantiga:

Ribeiros corren para o río,

Os ríos corren para o mar.
Quen naceu para ser pobre

Non lle vale traballar.

O rei entrou e mirou para o zapateiro:
— Esta cantiga é mentireira, ou ti non dis o que pensas! Onde está o bolo que che mandei onte cheo de moedas?
— Oh! real señor, eu non sabía! Debéndolle moitos favores a un amigo, envieillo de agasallo.
Entón o rei fixo acompañalo ao palacio.
Aí, mandoulle encher un saco de ouro e despediuno.
O zapateiro voltaba alegremente para casa, cando, de súpeto, caíu morto, fulminado ppla conmoción.
Transportárono para o tanatorio e atopáronlle un papel na man.
O delegado de policía abriuno e leu:


Eu para pobre o criei.

Ti rico facelo queres.

Agora aí o tes morto...

Dálle a vida, se puideres.


(Versión galega do alumnado de 1º da ESO do CPI de Trazo)

LENGUAS DE LA INDIA

La India comprende muchas indias. Se hablan más de 1000 lenguas, diez sistemas de escritura importantes, numerosas religiones antiguas con innumerables sectas y cultos.

En el censo de 1961 se registraron 1652 lenguas autóctonas. Los lingüistas han clasificado estas lenguas y han determinado que corresponden a unas 105 formas distintas de expresarse. De estas aproximadamente 105 lenguas, 90 son habladas por menos de un 5% de la población. A estas lenguas habría que añadir el sánscrito, la lengua madre, la lengua de los textos religiosos, de los clásicos literarios y de las ciencias autóctonas; y también el inglés que se emplea de manera generalizada como segunda lengua.

Las lenguas más habladas son:

El bengalí, con 45 millones de hablantes.

El hindi, con 163 millones.

El marathi, 42 millones.

El punjabi, 30 millones.

CUENTOS POPULARES DE LA INDIA


En la India los cuentos populares tienen una gran importancia. No sólo se relatan para animar a comer a los niños o para que duerman, muchas veces se cuentan para mantener despiertos a los adultos; por ejemplo, cuando los granjeros se reúnen para vigilar los campos durante toda la noche o para apacentar las vacas o las ovejas durante el día.

Existen cuentistas profesionales que viajan de sitio en sitio contratados por familias u organizaciones.

Los cuentos son de muy diversas clases y se eligen según las circunstancias y el tipo de auditorio. Pueden clasificarse por temática y auditorio. Hay las clases siguientes:

Cuentos sobre hombres.

Cuentos sobre mujeres.

Cuentos sobre familias.

Cuentos sobre el destino, la muerte, los dioses, los demonios, los fantasmas…

Cuentos sobre animales.

Cuentos de humor.

A continuación tenéis el video con la narración de un cuento de la antigua India realizada por miembros de la asociación cultural Nueva Acrópolis en Bilbao, dentro de un programa cultural de cuentacuentos realizado en noviembre de 2010 con motivo del día mundial de la filosofía. Se muestra un diálogo entre los dioses Brahma, Kartikeya y Parvati, referente a la sabiduría que todos los seres humanos buscamos.

7 de nov. de 2011

TARDE DE CONTACONTOS

O luns pola tarde gozamos dunha sesión de contacontos con Tim Bowley e Charo Pita. Ambos son incribles contacontos que xa percorreron varios países engaiolando a todo o mundo. O tempo pasaba sen darnos de conta e eles contaron historias de China, India, Romanía e tamén de África. As súas voces pasaban do humorístico ao máxico e xuntos crearon unha atmosfera na que tod@s participamos sen dubidar.
Aquí vos deixamos unhas fotos acompañadas pola música do brasileiro Carlinhos Brown. Deixádenos vós os vosos comentarios.


TARDE DE CONTACONTOS on PhotoPeach

6 de nov. de 2011

AMIG@S NOV@S



DE ONDE SON EST@S AMIG@S NOV @S ?
Aínda que todo o mundo sabe que temos diferente cor de pel e aparencia, parece que non distinguimos moi ben polo seu aspecto o lugar de procedencia da xente. Na clase de PRI, tivemos que identificar a nacionalidade dunha serie de retratos de nenas e nenos dos 8 países da feira que os mestres pegaron polas paredes.
Por parellas, percorremos a aula mirando e clasificando os retratos. Ás veces non estabamos de acordo e tiñamos que razoar o por que da nosa elección á nosa parella. Non era tan fácil como parecía.
Logo tivemos que buscar en internet posibles nomes para eses retratos e enviar á conta do proxecto un correo electrónico coa nosa busca.

5 de nov. de 2011

QUE HORA É EN...?

Mentres van chegando os reloxos que faltan para os oito que precisamos, podemos consultar neste mapa a hora que é en calquera país do mundo sen mais que pinchar nel. En breve escribiremos algo mais aquí contando o que traballamos días atrás en sociais sobre os fusos horarios.




3 de nov. de 2011

APRENDENDO MANDARÍN: palabras útiles

Ao longo do proxecto imos aprender algunhas palabras en árabe, chinés, hindi, brasileiro, rumano, portugués e wolof.Na clase xa nos saludamos en mandarín e en árabe.É divertido! A tod@s fainos gracia. Con este video imos estudar algunhas palabras en mandarín, a lingua maioritaria en China.


GOOGLE EARTH

Google Earth é un programa informático que nos permite ver imaxes de calquera punto do planeta en 3D. Para iso, combina imaxes de satélite, mapas e o motor de busca de Google que permite ver imaxes a escala dun lugar específico do planeta.

Por exemplo, podemos introducir o nome dunha escola, dun museo ou dunha rúa e ter a dirección exacta. Tamén podemos visualizar imaxes vía satélite e ver os edificios en algunhas cidades en 3D, dar volume a vales e montañas.

Ten un simulador de vo e podes sobrevoar calquera lugar do planeta como se foras nunha nave e achegarte ao punto que elixas.

Adicamos dúas clases de PRI para coñecer este programa. Por parellas tivemos que completar una ficha dos países da feira, atopar a súa capital, os límites, outras cidades importantes, a lonxitude e a latitude e por último, elixir unha foto chula e achegala por correo electrónico para facer unha presentación de fotos no blogue máis adiante.

Una presentación de fotos traballando na aula de informática con música da India, para ir coñecendo outras músicas do mundo.

2 de nov. de 2011

As linguas da Feira das Nacións (III): India




















(Esta é a bandeira da India.

E o seu abecedario. Fonte: google)


A India comprende moitas ``Indias´´.
Falanse máis de dez linguas, dez sistemas de escrituras importantes, numerosas relixóns antigas con innumerables sectas e cultos.
No censo de 1961, rexistráronse máis de 1652 linguas autóctonas. Os lingüistas clasificaron estas linguas e determinaron que corresponden a unhas 105 formas distintas de expresarse.
De estas aproximadamente 105 linguas , 90 son faladas por menos de un 5% da poboación. A estas linguas habería que añadirlle o sánscrito a lingua nai, a lingua dos textos relixiosos, dos clásicos literarios e das ciencias autóctonas; e tamén o inglés que se emprega de maneira xeralizada coma segunda lingua.

As linguas máis faladas son:
O bengalí: 145.000.000 persoas que o falan.
O hindi: 163.000.000 persoas que o falan.
O marathi: 42.000.000 persoas que o falan.
O pungabí: 30.000.000 de persoas que o falan.


Miriam Baleato Fraga; Noelia Casas García e Adrián Esmorís Domínguez

As linguas da Feira das Nacións (II): China




(Mapa das principais linguas da China e mostra de alfabeto chinés. Fonte: google)

Hai diferentes clasificacións de
dialectos chineses, dependendo de como está escrito e do criterio de intelixibilidade mutua, mais este on é difícil de definir.


A clasificación común é a seguinte:


• Discurso do norte ou Mandarín, 836 millóns de falantes.
• O wu, 77 millóns.
• Os dialectos min, 70 millóns.
• Cantonés ou Yue, 55 millóns.
• O jin, 45 millóns.
• Idioma Xiang ou Hunan 36 millóns.
• O hakka ou Keji, 34 millóns.
• Gan, 31 millóns.
• O hui, 3,2 millóns.
• O Pinghu, 3,5 millóns.


Jennifer López Becerra e Sandra Noya Redondo




25 de out. de 2011

O Regadinho

O Regadinho é unha danza tradicional portuguesa. Este ano en E.F. coa axuda de Nacho, o profesor de música aprenderemos algunhas músicas e bailes dos países da Feira.
Neste vídeo podedes ver como os portugueses bailan o seu regadinho, a ver a nós que tal nos sae!

HAKUNA MATATA



Grazas, Carmen.contadora de soños.

24 de out. de 2011

As linguas da Feira das Nacións (I): Brasil



A lingua oficial é o portugués e é falado por case toda a poboación.

Hai tamén uns 170 linguas indíxenas, que foron clasificadas en 20 familias lingüísticas diferentes. O número medio de falantes de linguas indíxenas foi de preto de 155.000 individuos en 1999. A maioría dos indios é bilingüe, en portugués, tendendo a desaparecer entre os indíxenas o monolingüísmo.

Polas ondas de inmigrantes da segunda metade do século XIX, existen importantes comunidades de falantes de italiano que é recoñecido como idioma e tamén de alemán, sobre todo no sur do Brasil.

As linguas Tupi son a familia máis estendida en toda a Amazonia.

Artigo elaborado por Iván Señarís Veiras e Marta Veiras Noya

22 de out. de 2011

Que quere o mestre...?



Na clase de naturais o mércores día 19 de outubro, na aula de informática tivemos que cubrir unha ficha que tiña que ver coa entrada no blogue: "Feira de cifras"

(pinchar onde indica o mestre).

O que máis chamou a atención foi coñecer o termo "antípodas" e comprobar na bola do mundo que Galicia tiña como antípoda a Nova Zelanda. Ademáis metéronse en comentarios datos curiosos que cada quen tiña interes en coñecer, case sempre recollidos de "Wikipedia"

18 de out. de 2011

FEIRA DE CIFRAS

A TERRA EN CIFRAS

Diámetro estimado da terra no ecuador: 12.756 Km.
Circunferencia estimada da Terra no ecuador: 40.076 Km.
Diámetro estimado da Terra dun polo a outro polo: 12.713,82 Km.
Circunferencia estimada da Terra nos polos (meridianos): 40.009,152 Km.
Superficie estimada da Terra: 510.101.000 Km.2
Volume estimado da Terra: 1.083.320.000.000 Km.3
Masa estimada da Terra: 5.977 trillóns de toneladas ou 5.977.000.000.000.000.000.000 Tm..
Velocidade estimada de rotación da Terra sobre o seu eixe. No ecuador: 1.620 Km./hora
Velocidade estimada de translación da Terra ó redor do Sol: 107 118 Km./hora
Velocidade estimada á que a Vía Láctea trasládase no espazo: máis de 270 Km./s.
_______________________________________
ALGÚNS DATOS CURIOSOS
________________________________________
Se queres vivir a igual distancia do ecuador que do polo sur, a túa casa só podera estar situada na República Arxentina, en Chile o en Nova Zelanda.

(Dous lugares da terra diametralmente oportos, son denominados antípodas, entre eles hai unha diferenza horaria de 12 horas)

Entón, se poidéramos cavar un pozo desde Shangai, China, directamente a través do centro da Terra, apareceríamos cerca de Bos Aires.
Galicia é a antípoda de Nova Zelanda.

Rusia, é o país máis extenso do mundo, ten unha superficie maior que a de toda América do Sur.

Pola súa superficie, Asia podería conter a todo o continente americano e ainda contaría con espazo libre.

Tokio, a cidade máis poboada do mundo, ten máis habitantes que toda Australia.

Europa é o continente máis densamente poboado. Deixando de lado o Principado de Mónaco, que ten 22 000 habitantes nunha superficie de 1,5 kilómetro cadrado, o país europeo con maior densidade de poboación é Holanda, que ten máis de 375 habitantes por kilómetro cadrado.

O continente con menor densidade de poboación é Oceanía, que conta con menos de 2 habitantes por kilómetro cadrado.

Entre 1900 y 1950, a poboación mundial ascendeu de 1600 a 2 500 millóns de habitantes, é dicir, máis de un 50%. Hoxe somos máis de 6000 millòns de persoas compartindo os recursos do planeta.
________________________________________
DATOS NOTABLES (Fonte Consultada: ASTROSETI.ORG)
________________________________________
Idade estimada: 4.600 millóns de años
Poboación actual: 6.398.000.000 personas
Área terrestre: 148.647.000 Km.2 (29.1%)
Área oceánica: 335.258.000 Km.2
Total área acuática: 361.419.000 Km.2 (70.9%)
Tipo de auga: 97% salada, 3% dulce
Circunferencia no ecuador: 40.066 Km.
Circunferencia nos polos: 39.992 Km.
Diámetro no ecuador: 12.753 Km.
Diámetro nos polos: 12.710 Km.
Radio no ecuador: 6.376 Km.
Radio nos polos: 6.355 Km.
Velocidade orbital: A Terra orbita ao sol a 107.320 Km. por hora
Órbita do Sol: A Terra orbita ao sol unha vez cada 365 días, 5 horas, 48 minutos y 46 segundos.

PAÍSES MÁIS GRANDES DA TERRA (en extensión)
1 – Rusia: 17.075.400 Km.2
2 – Canadá: 9.330.970 Km.2
3 – China: 9.326.410 Km.2
4 - Estados Unidos: 9.166.600 Km.2
5 – Brasil: 8.456.510 Km.2
6 – Australia: 7.617.930 Km.2
7 – India: 2.973.190 Km.2
8 – Arxentina: 2.736.690 Km.2
9 – Kazajstán: 2.717.300 Km.2
10 – Sudán: 2.376.000 Km.2
11 - Arxelia: 2.381.740 Km.2
12 - Rep. Democrática do Congo: 2.345.410 Km.2
13 - México: 1.972.550 Km.2
14 - Arabia Saudí: 1.960.582 Km.2
15 - Indonesia: 1.919.440 Km.2

PAÍSES MÁIS PEQUENOS DA TERRA (en extensión)
1 – Vaticano: 0.44 Km.2
2 – Mónaco: 1.95 Km.2
3 – Nauru: 21.2 Km.2
4 – Tuvalu: 26 Km.2
5 - San Marino: 61 Km.2
6 – Liechtenstein: 160 Km.2
7 – Islas Marshall: 181 Km.2
8 – Seychelles: 270 Km.2
9 – Maldivas: 300 Km.2
10 - San Cristóbal e Neves: 360 Km.2

PAÍSES MÁIS POBOADOS DO MUNDO
1 – China: 1.298.847.624
2 – India: 1.065.070.607
3 – Estados Unidos: 293.027.571
4 - Indonesia: 238.452.952
5 - Brasil: 184.101.109
6 - Pakistán: 159.196.336
7 - Rusia: 143.782.338
8 - Bangladesh: 141.340.476
9 - Nixeria: 137.253.500
10 - Xapón: 127.333.002
11 - México: 106.202.903
12 - Filipinas: 87.857.473
13 - Vietnam: 83.535.576
14 - Alemania: 82.468.000
15 - Exipto: 77.505.756

PAÍSES MENOS POBOADOS DO MUNDO
1 – Vaticano: 770
2 - Tuvalu: 9.750
3 - Nauru: 10.000
4 - Palau: 16.000
5 - San Marino: 25.000
6 - Liechtenstein: 29.000
7 - Mónaco: 30.000
8 - San Cristóbal y Nieves: 41.000
9 - Islas Marshall: 52.000
10 - Andorra: 64.000

OS DEZ IDIOMAS MÁIS FALADOS DO MUNDO
1 -Chino Mandarín: más de 1.000 millones
2 - Inglés: 512 millones
3 - Hindi: 498 millones
4 - Español: 391 millones
5 - Ruso: 280 millones
6 - Árabe: 245 millones
7 - Bengalí: 211 millones
8 - Portugués: 192 millones
9 - Malayo-Indonesio: 160 millones
10 -Xaponés: 125 millones

OCÉANOS MÁIS EXTENSOS DO MUNDO (por tamaño)

1 - Pacífico: 155.557.000 Km.2
2 - Atlántico: 76.762.000 Km.2
3 - Índico: 68.556.000 Km.2
4 - Antártico: 20.327.000 Km.2
5 - Ártico: 14.056.000 Km.2

AS MAIORES ILLAS DO MUNDO (por tamaño)
1 - Australia: 7.617.930 Km.2 *
2 - Groenlandia: 2.175.600 Km.2
3 - Nova Guinea: 792.500 Km.2
4 - Borneo (Indonesia): 725.500 Km.2
5 - Madagascar: 587.000 Km.2
6 - Baffin (Ártico canadiense): 507.500 Km.2
7 - Sumatra (Indonesia): 427.300 Km.2
8 - Honshu (Japón): 227.400 Km.2
9 - Gran Bretaña: 218.100 Km.2
10 - Victoria (Ártico canadiense): 217.300 Km.2

*Xeralmente é considerada masa de terra continental e non oficialmente unha illa. Ainda que sen dúbida é a illa máis grande do planeta, e en combinación con Oceanía, é o continente máis pequeno da Terra.

OS MAIORES MARES DO MUNDO
1 - Mar da China Meridional: 2.974.600 Km.2
2 – Mar Caribe: 2.515.900 Km.2
3 – Mar Mediterráneo: 2.510.000 Km.2
4 – Mar de Bering: 2,261,100 Km.2
5 - Golfo de México: 1.507.600 Km.2
6 – Mar Arábigo: 1.498.320 Km.2
7 – Mar de Okhotsk: 1,392,100 Km.2
8 – Mar del Xapón: 1.012.900 Km.2
9 – Bahía del Hudson: 730.100 Km.2
10 – Mar de China Oriental: 664.600 Km.2
11 – Mar de Andaman: 564.900 Km.2
12 – Mar Negro: 507.900 Km.2
13 – Mar vermello: 453.000 Km.2

OS RÍOS MÁIS LONGOS DO MUNDO
1 - Nilo, África: 6.825 Km.
2 - Amazonas, Sudamérica: 6.437 Km.
3 - Chang Jiang (Yangzi), Asia: 6.380 Km.
4 - Mississippi, Norteamérica: 5.971 Km.
5 - Yeniséi, Asia: 5.536 Km.
6 - Huáng Hé (Amarillo), Asia: 5.464 Km.
7 - Obi, Asia: 5.410 Km.
8 - Amur, Asia: 4.416 Km.
9 - Lena, Asia: 4.400 Km.
10 - Congo, África: 4.370 Km.
11 - Mackenzie, Norteamérica: 4.241 Km.12 - Mekong, Asia: 4,184 Km.
13 - Níger, África: 4.171 Km.

AS DEZ MONTAÑAS MÁIS ALTAS DO MUNDO
1 - Everest: 8.850 m (Nepal)
2 - Qogir (K2): 8.611 m (Pakistán)
3 - Kangchenjunga: 8.586 m (Nepal)
4 - Lhotse: 8.501 m (Nepal)
5 - Makalu I: 8.462 m (Nepal)
6 - Cho Oyu: 8.201 m (Nepal)
7 - Dhaulagiri: 8.167 m (Nepal)
8 - Manaslu I: 8.156 m (Nepal)
9 - Nanga Parbat: 8.125 m (Pakistán)
10 - Annapurna I: 8.091 m (Nepal)


13 de out. de 2011

UNHA CANCIÓN: NON TE RÍAS DE MIN

Aprendimos esta canción tan bonita na clase de inglés. Expresa os sentimentos de rapazas e rapaces que se senten marxinados por levar gafas, ter aparato nos dentes ou ir en cadeira de rodas. É unha canción moi emotiva e moit@s de nós identificámonos con ela. O que aprendín con ela é que todas as persoas temos algo especial que nos fai únicos e que non temos que reirnos d@s outr@s por ser diferentes a nós.
Canto máis a escoitas, máis che gusta.
Clica aquí para ter a letra en inglés e traducida.

6 de out. de 2011

A ESTRELA LUMINOSA

Que agradable é escoitar cando alguén nos conta unha historia! E se ademáis podemos gozar de imaxes coma estas...

O video que veredes a continuación narra o conto "La Estrella Luminosa" do poeta saharaui Abdurahman Boudda. A recreación sobre area foi realizada polos participantes dun obradoiro adicado a dar a coñecer proxectos artísticos en solidariedade con Sahara durante a III semana da Arte da Universidade Europea de Madrid. A voz é de Halam Isalmou e a música é "Preludio a la siesta de un fauno" de Claude Debussy.

4 de out. de 2011

RECURSOS NATURAIS





Na clase de naturais falamos dos recursos naturais en xeral e vimos un Power Point.

Botón terra para repasar