15 de feb. de 2012

Gastronomía de Brasil (alumnado)

 As influencias indíxenas, africanas e portuguesas fixeron da gastronomía de Brasil unha das máis ricas e variadas do mundo. A cociña de Brasil varia bastante dependendo da rexión, polo que cada zona posúe os seus propios pratos típicos.
A cociña brasileira é froito dunha mestura de diversos ingredientes europeos, indíxenas e africanos. Moitas das técnicas de preparación dos ingredientes máis usados son de orixe indíxena.Os portugueses fixeron adaptacións dos seus pratos típicos substituíndo os ingredientes que faltaban por aqueles locais máis doados de obter.


feijoada é o prato típico de Brasil.






   
                      


   

                                                                                                                                                                                                                                             
                                            MANDIOCA  
Os escravos traídos a Brasil engadiron á cociña elementos como o aceite ou o cuscús. A alimentación indíxena tiña como ingredientes a mandioca, en forma de fariña, ademais de froitas, peixes, caza, millo, pataca  pataca e legumes. Os escravos traídos a Brasil engadiron á cociña elementos como o aceite ou o cuscús. A alimentación indíxena tiña como ingredientes a mandioca, en forma de fariña, ademais de froitas, peixes, caza, millo, mes.
A maior carne que obteñen procede da caza abundante en antílopes, gacelas, búfalos, aves, hipopótamos e elefantes.
Criaban gando ovino, bovino e caprino.
Os alimentos pódense servir asados tostados ou cocidos e para sazonar tiñan especial aprecio pola pementa, pero tamén se utiliza aceite de palma para acompañar os alimentos.
Entre os inmigrantes chegados a Brasil durante  o século XIX ata principios do século XX encóntranse alemáns, italianos, españois. Os que máis productos que trouxeron do seu país foi Alemania que introduciron o consumo dalgúns xéneros de salchichas, mortadela, ou touciño e os italianos que intentaron introducir a pizza, ravioli, macaróns...aunque outras cousas que introduciron os xeados de sobremesa, o gusto polo queixo, e doces e froitas. Pero tamén se tuveron que adaptarse e substituíron moitos dos ingredientes da súa terra natal por materiais autóctonos.
A alimentación de cada día dos brasileiros realízase en tres partes:
- Almorzo, non pode faltar  o café con leite, pan, froitas, birlos e doces.
- No xantar: feixóns con arroz, este alimento é básico e ás veces moi identificado co pobo de Brasil, os macarróns, carne, algunha ensalada e pure de pataca.
 - Na cea sérvense sopas e tamén diversas comidas rexionaisA cervexa comezou a ser bebida a finais do século XVIII e na actualidade é unha das bebidas alcohólicas máis comúns.
As bebidas destiladas foron traídas polos portugueses e fabricadas en Brasil como a aguardiente. O viño  é tamén moi consumido, algunhas veces mesturado con auga e azucre, é coñecida a sangría.


GASTRONOMÍA DE BRASIL


As influencias indíxenas, africanas e portuguesas fixeron da gastronomía de Brasil unha das máis ricas e variadas do mundo. A cociña de Brasil varia bastante dependendo da rexión, polo que cada zona posúe os seus propios pratos típicos que, ás veces, son descoñecidos dunha rexión a outra debido á súa grande extensión territorial. A cociña brasileira é froito dunha mestura de diversos ingredientes europeos, indíxenas e africanos. Moitas das técnicas de preparación dos ingredientes máis usados son de orixe indíxena, sufrindo adaptacións por parte dos escravos e dos portugueses. Estes fixeron adaptacións dos seus pratos típicos substituíndo os ingredientes que faltaban por aqueles locais máis doados de obter. A “feijoada”, prato típico do país, é un exemplo.

Os escravos traídos a Brasil dende fins do século XVI, engadiron á cociña nacional elementos como o aceite de palma ou o cuscús.

A alimentación indíxena tiña como ingredientes a mandioca, en forma de fariña, ademais de froitas, peixes, caza, millo, pataca e legumes.

A carne era na súa maior parte procedente da caza abundante en antílopes, gacelas, búfalos, aves, hipopótamos e elefantes.

Criaban gando ovino, bovino e caprino,

Os alimentos  sérvense asados, tostados ou cocidos e para sazonar a comida tiñan aprecio polas pimentas, mais tamén utilizaban  o aceite de palma que acompañaban á maioría dos alimentos.

Entre os inmigrantes chegados a Brasil durante  o século XIX ata principios do século XX encóntranse alemáns, italianos, españois, sírio-libaneses, xaponeses etc. De todos os inmigrantes as maiores influencias sobre a cociña brasileira corresponden aos alemáns e italianos. Os inmigrantes alemáns en Brasil son moi numerosos, e introduciron o consumo dalgúns xéneros de salchichas, e mortadela, ou touciño. Non obstante adaptáronse ben e substituíron moitos dos ingredientes da súa terra natal por materiais autóctonos.

 Dos inmigrantes italianos, pódese dicir que tiveron interese en elaborar a súa pasta, por esta razón incorporaron os cultivos de trigo a gran escala. O macarrón era moi usado como tamén outras pastas italianas como a pizza, ravioles etc . Tamén puxeron de moda  os xeados de sobremesa, o gusto polo queixo, empregado nas masas,  tanto que  o consumo de queixo estendeuse e incorpórase en doces e froitas.
A alimentación de cada día realízase en tres partes:

- No café dá manhã (almorzo), non pode faltar  o café con leite (café-com-leite), pan (pão), froitas, birlos e doces.

- No xantar: feixóns con arroz (feijãocom ), este alimento é básico e ás veces moi identificado co pobo de Brasil, os macarrão, carne, algunha ensalada e purê de batata.

 - Na cea (jantar) sérvense sopas e tamén diversas comidas rexionais.

 As bebidas destiladas foron traídas polos portugueses e fabricadas en Brasil como a cachaça. O viño (vinho) é tamén moi consumido, algunhas veces mesturado con auga e azucre, é coñecida a sangría. A cervexa comezou a ser bebida a finais do século XVIII e na actualidade é unha das bebidas alcohólicas máis comúns.




Gastronomía de Romanía (alumnado) Miriam , Ivan

 A cociña romanesa ten pratos e tradicións diversas, tamén ten cousas de países veciños, como da cociña  alemá, a  cociña serbia ou a  cociña húngara.

 A gastronomía romanesa é unha cuestión existencial. Hai moitos ditos, escribimos algúns:

Nós comemos para vivir?
Ou vivimos para comer?

  
Srut mana, pero pentru
  c-i Bun gusto Foster,
  i buctreasa Frumos.

 
 Grazas polo xantar
  era bo e sabroso
  é a cociñeira  era moi agradable.

  Ou máis filosófica:
  I-ie Mulumescu Doamne
  c-mâncat meu ying e escuma.


Grazas o meu Señor
por comer e por seguir tendo fame

A carne de porco foi a carne máis apreciada na cociña romanesa. Hai ditos coma
Petele cel mai bun, tot porcul rmâne
 Que quere dicir:
O mellor peixe é sempre o porco, pero non obstante a carne de vaca é tamén consumida, tampouco se rexeita o cordeiro nin o peixe.

As receitas prepáranse segundo a estación do ano ou dos eventos sociais. Na cociña do Nadal adóitanse servir pratos que conteñen carne de porco como poden ser:


o cârnai (un tipo de salchichas)









o piftie (un tipo de estufado servido xunto con viño )












E dende logo o tradicional cozonac (pan doce con noces)










Na gastronomía de Semana Santa.
o cordeiro (un dos pratos principais, adóitase facer asado)









o drob (unha mestura cociñada de intestinos, carne e vexetais frescos)











E por último os produtos máis  abundantes en orde de máis a menos son:

Uvas
Coles
Tomates
Catalupos e outros melóns.
Mazás.
Cirolas.
Ovos de galiña.
Carne de cocho.
Leite de ovella.
Pementos frescos.
Carne de vaca.
Carne de polo.
Carne de ovella.
Pimentón, pimenta gorda.



Gastronomía de Colombia (Adrián Castro e Sheila Bouzas)


Da fauna e flora de Colombia, xorde unha gran variedade de diversos alimentos. Os pratos varían segundo a preparación e os ingredientes por rexión e incorporan na súa gastronomía aspectos das  culturas española, mestiza e afro.
Os ingredientes mais comúns na preparación son:  cereais como o arroz e o millo, tubérculos como a papa e a iuca, varias leguminosas (feixóns), carnes como a vacina, galiña, porco, cabra e outros animais silvestres, pescados, mariscos…
E tamén importante a variedade de froitas tropicais como o mango, a bananeira, a papaia, a goiaba, o lulo e a maracuxá.
Colombia non ten un prato nacional específico, aínda que son moi recoñecidos o sancocho e a arepa nas súas distintas variantes.

Os 20 produtos máis abundantes son:
1-   Carne de vaca.
2-   Cana de azucre.
3-     Carne de polo.
4-   Plátanos.
5-     Té.
6-     Arroz en casca.
7-     Ovos de galiña.
8-     Patacas.
9-     Plátanos pequenos.
10- Millo, trigo.
11-  Mandioca.
12-  Froita tropical.
14- Carne de porco.
15- Tomates.
16- Cebolas secas.
17- Piñas.
19- Leite.
20- Tabaco.

arepa

 
sancocho


Por Adrián Castro e Sheila Bouzas

21 de xan. de 2012

O ANO DO DRAGÓN. O ANO NOVO CHINÉS

O ANO NOVO CHINÉS

Este ano é o ano do dragón.
Sorprendeume moito saber que o ano novo non é a mesma data para todo o mundo. Na India este ano celebrouse o 26 de outubro e para a comunidade chinesa este ano é o 23 de xaneiro. Pero o día do ano novo vai cambiando porque o calendario chinés combina o calendario solar e o lunar.
Esta antiga cultura está extendida por todo o planeta e a o ano novo chinés celébrase en todos os lugares do mundo onde haxa unha comunidade chinesa, dende San Francisco a Barcelona ou Madrid. É a festividade más importante e máis longa no seu calendario. Dura 15 días.
O ano novo chino está cheo de símbolos, tradicións coloridas e unha mensaxe de paz e boa sorte para o ano que vai vir.
A lenda
As tradicións chinesas son fascinantes. Todo comezou cunha famosa lenda. A cruel besta Nien gustáballe comer a xente a víspera de ano novo. Cada recorte de papel, cada lanterna, cada petardo no Ano Novo é algo para escorrentar á besta. Nien ten medo da cor vermella, dos ruídos fortes e do lume. Pola mañá a xente celebra o eu éxito sobre nien un ano máis.
Tradicións
Durante o festival, a xente compra regalos e limpan a casa para librarse da mala sorte. Abren portas e ventás para deixar sair ao ano vello e píntan crstais e portas de vermello e decóranas con papeis vermellos cortados.
Outras tradicións son regalar cartos @s nen@s dentro dun sobre vermello, ir visitar a familiares e amig@s e facer un desfile con traxes de cores e un dragón que da boa sorte.
Hai unha comida especial para esta festa. O polo enteiro simboliza que a familia está xunta, as mandarinas, laranxas e outros cítricos dan boa sorte e os rollitos de primavera simbolizan a riqueza.

Marta Veiras

13 de xan. de 2012

OS PAISES EN INGLÉS

Durante a primeira avaliación, fixemos un traballo en inglés sobre os países dA feira. En primeiro lugar, tivemos que respostar una serie de preguntas sobre datos: a súa capital, o número de habitantes, as linguas oficiais… Para conseguir a información, tivemos que consultar wikipedia en inglés.
Outro día, Cassandra explicounos (en inglés) como facer un power point. E volta a empezar, fixemos a frases máis sinxelas para as diapositivas e buscamos fotos para cada una delas. Aquí tedes o resultado.


13 de dec. de 2011

Regalo de Nadal




Como mestra de Naturais entrégovos este regalo de Nadal. BOAS  FESTAS!!!

Malaria


A historia da humanidade é inseparable da historia das epidemias e pandemias. Estas produciron innumerables mortes en todo o mundo, e desta forma lograron cambiar o poderío de certos países, ou mesmo axudaron a desviar o curso das guerras.
Os especialistas distinguen entre epidemias e pandemias. As epidemias son de menor escala, abranguendo só algúns países, en cambio as pandemias abranguen todo o mundo e producen millóns de vítimas.
Varias pandemias de grande escala sucedéronse na historia do mundo, e moitas máis epidemias. A maioría foron transmitidas por animais, insectos, e derivadas de enfermidades de animais.
Na sinatura de naturais estivemos recordando 10 das pandemias que mais afectaron, e moitas delas seguen afectando ao mundo; e tamén desde este departamento de Naturais  organizouse unha charla con D.Iago Vázquez, un membro fundador de la ONG ÁfricaStopMalaria.
O profesorado e alumnado querémoslle agradecer a súa  exposición que resultou: clara, concisa e amena, na que nos enteiramos de moitas cousas que non sabíamos.


12 de dec. de 2011

CHINA, RECURSOS NATURAIS

Na asignatura de naturais neste primeiro trimestre traballamos para o proxecto interdidciplinar os recursos naturais dos distintos países. A nós, tocounos China e fixemos da seguinte maneira:

Primeiro recollemos información, a mestra recomendounos algunhas páxinas de internet.
Logo repartimos o traballo entre nós, para resumilo e escoller o que nos parecía máis importante.
Por último puxemos o traballo en común e aquí vedes o resultado:
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!


Senegal e os seus Recursos Naturais

Para facer o traballo seguimos o mesmo procedemento explicado polos membros de outros grupos, e para non repetir pasamos a presentalo directamente:


RECURSOS NATURAIS DA INDIA

India.dxc

View more documents from tambre.

11 de dec. de 2011

BOTA CONTAS

Se un partido de futbol da selección Peruana sub20, se xoga en Río de Janeiro ás 22:00 horas...
 A que hora se transmite en directo por TV nas seguintes cidades?





MEDELLÍN

MARRAKECH

AGRA
IASI

PORTO

TAIPEI

ZIGUINCHOR











Vía edutekavilmer

RÍOS E MONTAÑAS

Na clase de Sociais tamén cruzamos ríos e escalamos montañas. Auí tedes os que coñecimos. 


OS RÍOS MAÍS IMPORTANTES

Cansámonos de nadar buscando os ríos que percorren estes países, pero al fin logramos chegar a beira e aprendelos:
En Brasil está o río máis longo do mundo: O río Amazonas.
Colombia: o río Putumayo.
Portugal: O río Tejo, que pasa pola súa capital, Lisboa.
Senegal: hai 3 ríos importantes, o río Senegalo Gambia e o río Casamance.
Romanía: o río Dniéster.
Marrocos: non ten ningún río importante. Hace 1000 años o río máis longo era o río Draa (uns 1.100m), que nace no alto Atlas e desemboca no Atlántico (é a fronteira con Arxelia). Actualmente, as suas augas se filtran nas areas do deserto e so en anos de chuvia excepcional recupera o seu leito. 
China: O río Huang He (río Amarillo), e o Iangtsé.
India: O famoso río sagrado para os indios, o río Ganges.

ALGÚNS RÍOS DO MUNDO on PhotoPeach

Musica:  Danza das frautas de cana da Suite O Quebranoces, de Tchaikovsky.

AS MONTAÑAS MÁIS ALTAS

Ao final de todo, cando más cansad@s estabamos, tivemos que escalar as montañas máis importantes dos países, para saber canta altura tiñan e o seu nome. Así soubemos que...

En Brasil está o Pico de Bandeira, con 2.590m
En Colombia: subimos ao pico Cristobal Colón, con 5.770m e o Alto Ritacua, con 5.493m.
En Marrocos: esquiamos no Toubkal, con 4121m.
En Senegal: Sambaya Kedougou, con 395m.
Romanía: Vf. Moldoveanu con 2.543m.
En China subimos o pico máis alto do mundo, o Everest, que ten 8848m. Está na cordillera do Himalaya que marca a fronteira entre Nepal ( o norte da India) e o Tibet (país ocupado por China).
En India,  o pico Kanchenjunga entre India  e Nepal, con 8.570m.
En Portugal fomos a serra da Estrella ao pico Estrela, que ten 1991m.

Rematamos agotad@s de tanta actividade, pero pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.

8 MONTAÑAS da FEIRA DAS NACIÓNS on PhotoPeach

Música: Danza de Trepak, da Suite O Quebranoces, de Tchaikovsky. 

FUSOS HORARIOS

Clica na imaxe parar ler algo máis sobre os fusos horarios e comproba o que sabes contestando as preguntas propostas.



Visto en  blog edutekavilmer 

QUE HORA É?


Durante esta avaliación, na clase de Sociais investigamos por parellas sobre algún aspectos xeográficos relacionados cos países de PRI: Situación, fusos horarios, ríos e montañas máis importantes.

Primeiro buscamos en qué hemisferio están situados e a súa capital.
No hemisferio norte atópanse: Colombia, Marrocos, Senegal, Romanía China, India e Portugal.
No hemisferio sur so se atopa Brasil.

Capitais:
Brasil: Brasilia                    Romanía: Bucarest
Colombia: Bogotá               China: Pekín /Beijing
Marrocos: Rabat                 India: Nova Delhi
Senegal: Dakar                   Portugal: Lisboa

Tamén investigamos os fusos horarios de cada país. Que hora é nos outros países cando aquí son as 12 do mediodía? E de día ou de noite?
Os fusos horarios son debidos ao movemento de rotación da terra. A hora solar varía de modo que en cada momento hai 24 horas diferentes sobre a superficie terrestre. Considerando a terra como una esfera e dividindo a súa circunferencia de360\ entre as 24 horas do día, resulta que a cada hora correspóndenlle 15º. Esta dimensión é un fuso horario, cada una das partes limitadas por dous meridianos separados entre eles por 15º.

Atención! Cando se cambia de posición de fuso horario, hai que adiantar o reloxo se vas cara o leste e atrasalo se vas cara u oeste.

Ás 12:00 horas en Trazo, Galicia, España...
Que hora sería en cada unha das capitais dos países da feira?
En Bogotá serían as 9:00 da mañá.
En Brasilia serían as 10:00 da mañá.
En Rabat serían as 11:00 da mañá.
En Dakar serían as 11:00 da mañá.
En Lisboa serían as 11:00 da mañá.
En Bucarest serían as 14:00 da tarde.
En Nova Delhi serían as 17:00 da tarde.
En Beijing serían as 20:00 da noite.

10 de dec. de 2011

BRASIL E OS SEUS RECURSOS NATURAIS

Na asignatura de naturais fixemos un traballo sobre os recursos naturais, a nós Iván e Marta tocounos Brasil.
Despois dunhas clases a maestra (Ánxeles) dounos unhas follas, que contiñan información, sobre ese país.
Logo, dividimos o traballo entre os dous e cada un resumiu e buscou máis información da parte que lle tocou do traballo.
Unha vez resumido xuntámolo todo e fixémolo en sucio en Microsof Office Word 2007.
Démosllo nun pendrive.
Ela correxiunolo e explicounos como o tiñamos que facer.
Dounos un prazo para facelo, entrégamelo e aquí está.

Portugal e os seus recursos naturais

Seguimos para facer este traballo a mesma técnica que explicaron xá alguns dos nosos compañeir@s
Fixemos o traballo en microssoft word e despois de correxilo pasámolo a power point. Mirade, este é o resultado:

MARROCOS E OS SEUS RECURSOS NATURAIS

RECURSOS NATURAIS DE COLOMBIA

30 de nov. de 2011

O fado de Portugal xa é Patrimonio Inmaterial da Humanidade



O fado de Portugal xa é Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Sucedeu este día 27 de novembro, e na mesma sesión a UNESCO tamén recoñeceu a outras cinco músicas do mundo: o Mibu no Hana Taue, ritual do transplante do arroz en Mibu, Hiroshima (Xapón); o Sada Shin Noh, conxunto de danzas sagradas do Santuario de Sada, Shimane (Xapón); o balafón das comunidades senufo de Malí e Burkina Faso e o mariachi mexicano. No xornal portugués Público sinalan: «A partir de agora, o fado não é apenas a canção de Portugal, a canção de Severa, Marceneiro, Amália, Carlos do Carmo, Camané, Ana Moura e Carminho – é um tesouro do mundo. Um tesouro que fala de Portugal, da sua cultura, da sua língua, dos seus poetas, mas que também tem muito de universal nos sentimentos que evoca: a dor, o ciúme, a solidão, o amor».
A música do fado, como podedes escoitar no video, é fermosa e tristeira, menos o fado lisboeta do que o fado de Coimbra, moito máis clásico e tradicional. As voces de Amália Rodrigues ou Carlos do Carmo xúntanse ás novas fadistas tan diferentes como Dulce Pontes, Mísia, Mariza, Ana Moura ou Cristina Branco, por citarmos algunhas.