7 de mar. de 2012

Oito de marzo



A igualdade fainos fortes



Con motivo da celebración o 8 de marzo do día da "muller traballadora", adicamos duas clases a investigar o por que deste día, e tamén a buscar información sobre feminismo nos países que traballamos no PRI.
En primeiro lugar limos un texto onde se explica  a orixe desta celebración. Comentamos e opinamos sobre a mesma. Pódese ler o documento que nos entregaron na clase picando no emoticono.
Estudiante leyendo
A Década de Nacións Unidas para a Muller (1976-1985), co seu impulso en proxectos e lexitimidade, e a acción colectiva de grupos e movementos femininos deron como resultado que hoxe en día exista unha política específica destinada á muller e a superar a súa condición de discriminación.Pero ainda hai moito camiño por percorrer.
 Vimos este vídeo que nos pareceu moi forte, tantos anos loitando polos dereitos das mulleres!.





E logo por grupos investigamos sobre feminismo nos distintos países do PRI, e este foi o resultado:
Galicia

A investigadora Mónica Bar Cerdón (Vigo 1967) recupera nun libro a historia do feminismo en Galicia desde a Transición ata 2004 (Marcha Mundial das Mulleres). A autora realiza análises nos que ten máis de sesenta entrevistas a mulleres feministas, tamén aporta información de panfletos e papeis. A publicación tuvo en conta antecedentes históricos coma as das feministas: Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, que foron  dúas feministas galegas que non foron valoradas como se debera.
O movemento feminista produciu moitos cambios nas sociedades occidentales grazas as mulleres, a malloría anónimas. A loita pola liberación sexual, polos cambios no Códego Civil, polo dereito a votar, contra a violencia de xénero. Unha loita pola igualdade dos dereitos entre os homes e as mulleres.
Tomás Beiras                                               Marrocos

A princesa Lala Aicha é considerada a primeria feminista marroquí. Era filla, irmán e tía de reis. Foi a primeira muller que destapou o seu rostro; sen velo e vestida ao modo occidental, foi a primeira muller en dar un discurso en público na cidade de Tánger,  ao lado do seu pai  Mohammed V, o primeiro rei que tivo Marrocos tras a súa independencia.. Neste momento Aicha  tiña 17 anos, e no seu  discurso  reivindicou  a necesidade da escolarización das mulleres do país. Esa aparición da chamada princesa nacionalista, fixo que pasara a historia coma a primeira feminista de ese País.
Despois da independencia,de Marrocos  Lala Aicha foi nomeada polo seu irman Hassan ll embaixadora de Reino Unido no ano 1965, foi a primeira embaixadora dun País árabe, logo foi embaixadora en Roma. 
Nos últimos anos apenas aparecía en público, e morreu aos 81 anos
Actualmente en Marrocos, hai bastantes asociacions feministas. Podemos escoitar a noticia na TV enlazada a este título:




Sonia Pumar e Eloy Faúndez
INDIA

Aquí presentamos un vídeo que trata do nacemento do grupo "do Sari Rosa" que se fundou contra a violencia de xénero e o sexismo na India.
A precursora deste grupo foi Sampat Pal que parece ser que viu como un home golpeaba a súa muller alá polo ano 2006. O día seguinte  apareceu  con outras cinco mulleres a vingarse, e déronlle  unha paliza ao home. O grupo medrou e  xa conta con 200.000 partidarias, e hoxe en día reivindica os dereitos da muller de xeito totalmente pacífico. 
Sampat Pal que fundou a banda e as súas seguidoras loitan contra o analfabetismo feminino, e xa conseguiron que se fixera unha escola no ano 2008.
Esta escola ríxese por un lema que di:
Xa temo ás, entón para que quedamos na gaiola?
Jennifer e Adrián Recouso


Brasil

En Brasil destaca a creación do Partido Republicano Feminista pola bahíana (da cidade de Bahía) Leonina Daltro, co obxectivo de mobilizar as mulleres na loita polo sufraxio; e tamén destaca a Asociación Feminista, de perspectiva anarquista, que tivo forte influencía nas fólgas obreiras de 1918 en São Paulo. As dúas organizacións foron moi activas e chegaron a mobilizar un número significativo de mulleres.
Co golpe militar de 1964 en Brasil e posteriormente nos anos 70 en varios outros países latinoamericanos, os movementos de mulleres, xuntamente cos demais movementos populares, foron silenciados e masacrados. Hoxe en día están rexurdindo.

Actualmente hai xóvenes brasileiras que loitan polos seus dereitos,.Pódese ler o enlace á foto.
Álvaro e Alexandro
China

Gladys Nieto é profesora da Universidade Autónoma de Madrid e investigadora do Centro de Estudos de Asia Oriental. É autora de “La inmigración chinesa en España”, e publicou diversos artigos sobre a situación da muller en China ao longo da historia 
A escritora opina sobre o feminismo en China e di: 

“O feminismo chinés e europeo teñen percorridos distintos. Moitas feministas chinesas afirman que o que diferencia o feminismo chinés do doutros países é que o Estado comunista en tempos de Mao tse tung, recibiron unha serie de dereitos polos cales as mulleres non loitaran, senón que lles foron dados. O percorrido do feminismo, por exemplo en Europa, ten que ver co recoñecemento duns dereitos que as mulleres loitaron, e que reivindicaron ao Estado. No caso chinés foi ao revés. 

Mao pensaba que as cuestións de xénero se subordinaban ás cuestións de clase. Por iso cando se chegase a unha sociedade sen clases, xa non habería divisións de xénero. Dentro do programa maoísta estaba incorporar as mulleres como parte do programa nacional. Para iso houbo dúas leis moi importantes nos anos 50: a lei do matrimonio e a lei do traballo. 

- A lei do matrimonio, que permitía o divorcio, limitaba todo o que fora a organización da familia tradicional: remataba cos matrimonios concertados, co concubinato e daba dereitos de herdanza á muller. 

- Ademais aparece a lei do traballo, que promove a incorporación das mulleres ao mercado laboral. Iso produce unha especie de revolución nas relacións de xénero, pero non sen costes. A principios dos anos 50 moitas mulleres foron asasinadas pola súa familia política tras interpoñer unha demanda de divorcio. Por iso foi unha lei que dende o inicio espertou moitas reticencias, sobre todo por parte da xente do campo. 

Se se mira dende o punto de vista de outorgamento de dereitos ás mulleres, é un paso grande para rematar cunha orde que as colocaba no último chanzo da xerarquía social. 

Hoxe en día a raíz das políticas de planificación familiar e especialmente da do fillo único,  a muller sofre unha gran discriminación, posto que as parellas prefiren ter o único fillo varón.. O Estado fixo campañas de esterilizacións,  o uso obrigatorio do dispositivo intrauterino (DIU), abortos selectivos en función do sexo, a maioria dos abortos eran  nais que esperaban nenas. Naceron moitos nenos e nenas fóra do plan de nacementos da política do fillo único que non están nas estatísticas chinesas de poboación. Moitos nacementos non foron comunicados para non afrontar a multa que impoñía o Estado.

Outra consecuencia da política do fillo único é que hai un gran desfase entre o número de homes e mulleres na sociedade chinesa. Calcúlase que en 2025 haberá entre 30 e 50 millóns de homes sen parella. 

Os homes que quedan solteiros adoitan ser campesiños sen redes sociais e pobres. Hai toda unha parte da poboación que non vai casar. Estanse a documentar fraudes por supostas vendas de esposas, hai moitos homes dispostos a gastar o seu diñeiro comprando unha esposa noutro pobo”.
Marta e Adrián Esmoría



Senegal 

O 4 de febreiro de 2011 comezou o Foro de Loitas Feministas Africanas. Codou Bop, investigadora e militante feminista senegalesa participou na súa creación.
Codou Bop, sinalou neste Foro as dificultades para unha muller africana de reivindicar a súa pertenza ao movemento de loita das mulleres, sen ser o obxecto de burlas e desvalorizacións. É moi difícil dicirse feminista en África e en Senegal pola discriminación e violencia que se vive con respecto as mulleres. Todo está feito para que as mulleres permanezan confinadas no fogar, na esfera privada: «a maior distancia que lle permiten percorrer é a da cociña á porta de entrada para recibir algúns convidados»


As feministas agrupadas no seo deste Foro denuncian a invisibilización das mulleres tanto na esfera produtiva (non teñen acceso nin á terra, nin aos medios de produción nin ao financiamento, e moito menos a acceder a política).
Codou fai un chamamento ás mulleres a organizarse de xeito independente, xa que con moita frecuencia o movemento ten dificultades para reunirse en espazos que non estean monopolizados e controlados por institucións gobernamentais e internacionais.
Durante os debates, recoñeceuse unanimemente que é necesario, ante todo, modificar os propios comportamentos en vista a unha verdadeira igualdade entre os sexos, sobre todo no seo do seu ámbito próximo  da súa familia e das súas redes sociais. Por iso é urxente  loitar por que a muller teña acceso á educación, que é o que lles permitirá  coñecer e esixir a aplicación dos seus dereitos. 
Manuel Vázquez e Noelia Casas



Colombia

O melloramento da condición feminina en Colombia é o froito da acción e iniciativa de mulleres individualmente ou en grupos,  a partir de fins do século pasado.
Xa en 1872 apareceu en Bogotá o xornal "O Orballo" para defender os propósitos da emancipación feminina.
 En 1914 María Rojas Tejeda organizou, o Centro Cultural Feminino, e entre 1916 e 1918 publicou, a revista "Femeninas", dedicada aos dereitos da muller.
En 1927 preto de 14 mil mulleres indíxenas asinaron un manifesto chamado "Os Dereitos da Muller Indíxena".
En 1929, un grupo de mulleres editou a revista "Letras e Encaixes"
En 1930 organizouse o Centro de Cultura Feminina. Ese mesmo ano tivo lugar en Bogotá o IV Congreso Internacional Feminino. A mobilización e presenza de mulleres no Congreso marcaron o principio de loitas específicas. Non lograron entón o dereito a voto, pero si o ingreso á universidade e á administración pública.

En 1944-1946 a actividade de grupos de mulleres plasmouse en conferencias e a través dos medios de comunicación: con "A Hora Feminista" -nunha radio- e posteriormente a revista "Axitación Feminina" que chamaba ás mulleres a preocuparse pola lectura, o estudo e o recoñecemento dos seus dereitos cidadáns.

Em 1954 a feminista colombiana,
Ofelia Uribe, tras a obtención do dereito a voto, fundou en Bogotá o semanario "Verdade", que non só reivindicaba a situación da muller, senón que se opoñía ao ditador Rojas Pinilla, polo que foi censurado e clausurado o semanario.
A derrota da ditadura levouse a cabo coa participación de mulleres, o que deu lugar ao ulterior xurdimento de asociacións femininas.
En 1959 foi creada a Unión de Mulleres Demócratas (UMD), que se centrou no traballo sindical, en especial con mulleres de obreiros para apoiar os seus movementos reivindicativos. Creouse a Asociación Feminina Colombiana de Traballo Voluntario (ACOVOL) centrada en estratos de baixo ingresos. Outros grupos de mulleres sumáronse aos sectores sociais e políticos que loitaban contra a violencia estatal.

Como consecuencia na década dos 70 ditouse algúns decretos que melloraron a situación xurídica da Muller.

En 1974 suprimiuse a potestade marital, estableceuse o exercicio conxunto da patria potestade e a obriga compartida para cos fillos en proporción á capacidade económica de cada un. Nesta época empezaron a xurdir novamente grupos feministas, influídos polas mobilizacións de Europa e Estados Unidos.

En novembro de 1986, despois da dolorosa e desgarradora guerra vivida por Colombia, coa grave situación de medo, violencia, e supresión de dereitos humanos, na que deixou o País, organizouse “A Fronte de Mulleres” que rompendo o silencio convocou en Cali unha marcha para "unir os medos, o desespero, a angustia, e convertelos en forza esperanzadora cara ao futuro", baixo a consigna: “non Ser cómplices da violencia", na que participaron miles de persoas en silencio, con flores e traxes brancos.
Estas protestas ao cabo de catro anos deron lugar a que o goberno creara a Consellaría para a Xuventude, a Muller e a Familia e formulouse unha Política para a Muller na que se establecen compromisos para o melloramento da condición feminina.
As mulleres crearon redes nacionais e rexionais que buscan novas formas de relación entre mulleres e varóns, entre a sociedade civil e a sociedade política. Ao mesmo tempo, pugnan polo cumprimento do mandato da nova Constitución e as leis que permitan o seu pleno funcionamento



Portugal


Dende finais do XIX moitas cousas estábanse movendo en Portugal, unha sociedade "en mudança", como afirma algún autor. Neste contexto, encontramos as primicias do movemento feminista organizado en Portugal, aínda que, como afirma Cecilia Barreira  trátase dun movemento de "brandas reivindicações" tal como o demandaba unha sociedade de "brandos costumes"


Ana de Castro (1872-1935) líder feministas tamén di:
"Non" hai "ninguén que non oíse, pensado, ou dito centos de veces que o maior mal do noso país é a ignorancia, que o analfabetismo é a causa máis flagrante da nosa decadencia moral (O número de analfabetos é enorme, do -do millón de portugueses que saben ler e escribir a súa lingua, apenas un terzo son mulleres"


Outra feminista, Virginia de Castro Almeida (1874-1945), define así o concepto do fiminismo:
"O feminismo não é uma força que se levanta contra o homem; é a voz da mulher instruída, forte, equilibrada e pura, que aspira nobremente a um lugar ao lado do su companheiro para compartir as suas dores, os seus trabalhos, os seus cuidados e as suas alegrias".


Pero ímonos centrar na figura da escritora e pedagoga portuguesa Alice Pestana (1860-1929), casada co profesor español Pedro Blanco que é a auténtica embaixadora educativa entre Portugal e España entre os séculos XIX e XX. Alice Pestana dende moza encarna a defensa explícita dos dereitos e liberdades da muller, e convértese nun dos mellores expoñentes ibéricos femininos;  participa nos incipientes movementos feministas de Portugal, nos movementos e ligas pola paz. Destaca como escritora de contos e novelas, como tradutora de obras de socioloxía e de educación, como profesora de linguas estranxeiras en España, como defensora da creación de tribunais tutelares de menores, como promotora de iniciativas de protección á infância etc.
É moi destacable o seu labor pedagóxico como viaxeira da educación, como promotora comparativista de novidades estranxeiras en Portugal e en España. Promotora da introducción do ensino secundaria para a muller en Portugal, seguindo modelos progresivos europeos, ou a difusión dos beneficios do ensino profesional tal como se ensina en países como Alemaña e Francia.


Alice Pestana, educadora republicana íntegra, laica, feminista, pacifista, defensora da infancia, escritora culta, morre moi pouco antes de proclamarse en España a Segunda República en 1931. Ela é unha desas educadoras que contribuíu con eficacia, sen excesivo protagonismo, pero con constancia e sinxeleza, a difundir o ideario pedagóxico republicano, construíndo formas de pensar e de actuar asentadas na razón, nas ideas de progreso, liberdade, respecto e tolerancia, sempre a través da educación. O seu compromiso coa educación da muller, cos analfabetos en escolas nocturnas, como profesora de linguas, como animadora dos emerxentes sistemas de protección da infancia que delinque, como comparativista e viaxeira da educación, tamén nos permite situar a Alice Pestana no cume do irmandamento ibérico por medio de fe na educación e o progreso.
Diego e 


Romanía

Mariana Campeanu, ex ministra de Traballo, Familia e Igualdade de Oportunidades no ano 2008 en Romanía, explica:
Romanía é un país un pouco atípico, as diferenzas entre homes e mulleres non son tan evidentes como noutros países veciños, e sobre todo no sur e o leste do noso país. Cabe subliñar que somos un dos poucos países onde o presidente do Consello de Administración da máis importante compañía do país, PETROM, é unha muller. Somos un dos poucos países do mundo onde o máis importante cargo dunha das máis importantes empresas de telecomunicacións é unha muller. Isto non pasa nin sequera nos países con tradición na promoción de mulleres en postos de dirección. Somos un dos poucos países onde as mulleres poden acceder a empregos masculinos, como na construcións ou metalurxia, ainda que é verdade que hai poucas mulleres nestes sectores, pero haber hai.

En Romanía, a lexislación non discrimina a muller polo feito de selo, nin dende o punto de vista salarial, nin en canto aos cargos que pode desempeñar.Pero, desgraciadamente, os sectores laborais onde traballan o maior número de mulleres son tamén os peor pagados.É verdade que en industrias como a téxtil, que é probablemente o sector cos soldos máis baixo, o número de mulleres que traballan neste sector laboral é moi alto. Outro sector sería o do ensino. Aquí o número de mulleres é tamén alto. O mesmo pasa no sector da sanidade. É dicir que, en suma, o salario medio das mulleres é máis baixo que o dos homes.


É necesaria un cambio de mentalidade en Romanía, porque a mentalidade xeral da poboación non favorece a muller. Aínda se considera que as mulleres deberían dedicarse máis á casa, aos nenos, e menos á política, por exemplo. Esta mentalidade maniféstase primeiro na educación dos nenos -onde o papel principal o ten a muller. Hay numerosas mulleres que non solicitan un cargo en certo sector laboral porque elas mesmas o consideran masculino. Ana Ber, experta en recursos humanos di que en Romanía, máis que un cambio de lexislación fai falta un cambio de mentalidade.


8 de marzo: Jennifer

O oito de marzo é o día da muller traballadora, e eu quero homenaxealo con esto:
Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!
Mediante o traballo foi como a muller pudo franquear a distancia que a separa do home.

8 de marzo: Sandra

A incorporación das mulleres no traballo, pero axudado polo movemento feminista empezou a xurdir no século XIX, chegou dunha forma algo repentina, e por unha forza maior:  a Segunda Guerra Mundial.

Oito de Marzo: Iván

Hoxe na clase de Naturais a mestra explicounos como facer un enlace, insertar unha imaxe e meter un video. Logo mandounos facer un traballo sobre o Dia internacional de muller traballadora.
E este é o meu resultado.

oito de marzo: Adrián Esmorís

Hoxe é o dia internacional da muller traballadora, e eu Adrián Esmoris, fágolle un homenaxe con estas imaxes.


8 de marzo: Marta

O día internacional da muller traballadora celébrase o día 8 de marzo. Eu Marta, vou homenaxear este día internacional da muller con este poema e estas imaxes:

MULLER DE MIL CARAS,
QUE TRABALLADA A BATALLA,
MULLER FORTE, MULLER NAI,
QUE SUPERA CALQUERA SUFRIMENTO,
QUE AMA CON PAIXÓN,
CON TENRURA E CON VERDADE.



Día internacional da muller traballadora: Miriam

Hoxe a mestra de naturais ensinounos a crear entradas e puxémolo en práctica coa celebración do día  oito de marzo, e dicir o Día internacional da mujer traballadora.
Eu fagolle homenaxe coas seguintes fotos:



8 de marzo: Manuel Vázquez

O dia internacional da muller traballadora celébrase o 8 de marzo. As primeiras convocatorias para manifestarse en protesta pola desigualdade que sofrían as mulleres respecto dos homes, tivo lugar nos seguintes países: Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza.

8 de Marzo: Sonia Pumar Muíño.

 Eu copio unha das frases que me chamou a atencion.


''El trabajo ha sido como la mujer ha podido franquear la distancia que la separa del hombre. El trabajo es lo único que puede garantizarle una libertad completa.''



8 de marzo: Diego

O día internacional da muller traballadora celébrase o 8 de marzo.
Home e muller son o complemento perfecto para conseguir a igualdade.

8 de marzo: Tomás

Esta é a miña entrada dedicada ao oito de marzo, e a todas as mulleres.
VÓS O VALEDES!!!!!

8 De Marzo: Noelia

O día da muller traballadora
celébrase o 8 de marzo.
E eu Noelia Casas, fágolle unha homenaxe 
con este video, cuns versos e unha imaxe.




http://www.youtube.com/watch?v=LMUwmjZViZY&feature=player_detailpage

Agora vai un poema adicado a todas estas mulleres traballadoras:


Unha muller forte é unha muller esforzada.
Unha muller forte é unha muller que se sostén de puntiñas
e levanta uns pesos mentres intenta cantar Boris Godonov...
Unha muller forte é unha muller "mans á obra"
limpando o pozo negro da historia.

8 de marzo: Sheila


Eu poño un video das mulleres traballadoras de África.

23 de feb. de 2012

Quen gañará a batalla das linguas no mundo globalizado? De momento o inglés vai gañando en internet, pero… por canto tempo?
O Inglés foi a lingua dominante a nivel global durante un século. Pero… será a lingua do futuro? O Chino-mandarín está a desafíalo tanto nos negocios como na escola, pero primeiro terá que conquistar o sudeste asiático.
Le aquí a noticia complete publicada o pasado 12 de febrero no xornal de internet  BBC Mundo versiónmóvil.

16 de feb. de 2012

ÁRABE PARA PRINCIPIANTES

Que tal se aprendemos un pouquiño de árabe?

O Árabe é a oitava lingua máis falada do mundo. É única lingua oficial en 20 países e cooficial en 6 ou 7. Ten 280 millóns de falantes como primeira lingua e 250 millóns como segunda lingua. É tamén a lingual relixiosa do Islam.
Ten moitos dialectos oficiais que, as veces, poden ser incomprensibles entre sí. Utiliza un sistema de escritura propio que se escribe de dereita a esquerda. Outra curiosidade é que non existen as letras maiúsculas.
Representa a primeira lingua oficial en Arabia Saudí, Argelia, Bahrein, Egipto, Emiratos Árabes Unidos, Iraq, Jordania, Kuwait, Líbano, Libia, Marruecos, Mauritania, Omán, Autoridad Palestina, Qatar, Sahara Occidental, Siria, Sudán, Túnez y Yemen. Tamén se fala en zonas de Chad, Comores, Eritrea, Irán, Mali, Níger, Senegal, Somalia, Turquía, Yibuti e outros países. Varios millóns de musulmanes residentes en outros países posúen coñecementos de árabe, por razóns básicamente relixiosas (o Corán está escrito en árabe). Dende 1974 és unha das linguas oficiais das Nacións Unidas.

Músicas do mundo

Ollade que actividade tan interesante e divertida crearon para o blogue da aula de música do ceip Gerardo Diego de Cantabria. Veredes que aparece música de moitos dos "nosos" paises. Seguro que os acertades case todos.
Para xogar preme nalgún dos botóns que aparecen na parte inferior da pantalla e sonará unha melodía. No mapa hai varios puntos activos; tes que elexir o correspondente ao país de orixe da música que estás escoitando nese momento.
Sorte e boa viaxe.
E non deixedes de visitar o blogue que está cheo de cousas valiosas. Aquí está o enlace


A COMER!

Fai uns anos o fotógrafo Peter Menzel decidiu viaxar polo mundo e fotografar a 30 familias de 24 países de todo o mundo. A idea era fotografar ás familias, xunto á comida que consumían esa semana, ademais de tomar nota do gasto por cada unha das familias.
O libro chámase “Hungry Planet” e, a verdade, é que ademais do bo trato fotográfico, sorprende moito a diferenza entre un país e outro.
Fíxache no tipo de produtos que consomen, no número de membros na familia e na variedade de procuctos e o custo aproximado en dólares. É moi interesante.

15 de feb. de 2012

Gastronomía de Galicia (Tomás)

­O principal atractivo da gastronomía galega é a súa variedade, ata tal punto que custa traballo dicir cal é o prato típico. Pero se hai algo común a todos sería unha forma de cociñar familiar e artesanal, pausada, abundante, sinxela e variada. Un mesmo produto prepárase de múltiples maneiras e en cada lugar ten un distinto sabor. .

O lacón con grelos é unha comida típica dos meses frios, dende o San Martiño ata novembro. Ademáis engádenselles patacas e chourizos.

O cocido galego está composto de xamón, carne de vaca e de galiña, chourizo grelos ou repolo, patacas e garabanzos. Sóese tomar no inverno.

As empanadas fanse de todo, e todo lle da sabor. As galegas sóen ser suaves, lixeiras e finas. Sempre se acompañan de aceite, pementos e abundante cebola.


Hai unha gran variedade de peixes, os máis bos sóen ser os que se pescan nas rías: Pescada, rodaballo, robaliza, mero, linguado… Próbanse nas preparacións clásicas, á prancha, á galega ou en caldeirada, ou sofisticadamente adobados por cociñeiros especializados.

Entre os mariscos e os moluscos, hai os camaróns, as luras e os chocos, ou a nécora e os percebes.

Hai outros como a centola, a langosta, o lubrigante, os langostinos, as vieras e as ameixas con unha gran variedade de salsas ou os saborosos mexillóns.

Hai que destacar o polbo un molusco moi saboroso e moi típico en galicia .









 Hai que destacar os marabillosos queixos, e as elaboradas filloas.
 



En toda Galicia prodúcese viño. Nunha enumeración rápida, teriamos que destacar as tres principais denominacións de orixe: Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras.
Entre os poroductos máis abundantes están:

Leite de vaca, carne de vaca, carne de porco, peixes, mariscos, patacas, castañas, uvas, pementos, ovos de galiña, millo, produtos de horta (leitugas berzas, tomates, xudias, chícharos etc)

Gastronomía de Brasil (alumnado)

 As influencias indíxenas, africanas e portuguesas fixeron da gastronomía de Brasil unha das máis ricas e variadas do mundo. A cociña de Brasil varia bastante dependendo da rexión, polo que cada zona posúe os seus propios pratos típicos.
A cociña brasileira é froito dunha mestura de diversos ingredientes europeos, indíxenas e africanos. Moitas das técnicas de preparación dos ingredientes máis usados son de orixe indíxena.Os portugueses fixeron adaptacións dos seus pratos típicos substituíndo os ingredientes que faltaban por aqueles locais máis doados de obter.


A feijoada é o prato típico de Brasil.






   
                      


   

                                                                                                                                                                                                                                             
                                            MANDIOCA  
Os escravos traídos a Brasil engadiron á cociña elementos como o aceite ou o cuscús. A alimentación indíxena tiña como ingredientes a mandioca, en forma de fariña, ademais de froitas, peixes, caza, millo, pataca  pataca e legumes. Os escravos traídos a Brasil engadiron á cociña elementos como o aceite ou o cuscús. A alimentación indíxena tiña como ingredientes a mandioca, en forma de fariña, ademais de froitas, peixes, caza, millo, mes.
A maior carne que obteñen procede da caza abundante en antílopes, gacelas, búfalos, aves, hipopótamos e elefantes.
Criaban gando ovino, bovino e caprino.
Os alimentos pódense servir asados tostados ou cocidos e para sazonar tiñan especial aprecio pola pementa, pero tamén se utiliza aceite de palma para acompañar os alimentos.
Entre os inmigrantes chegados a Brasil durante  o século XIX ata principios do século XX encóntranse alemáns, italianos, españois. Os que máis productos que trouxeron do seu país foi Alemania que introduciron o consumo dalgúns xéneros de salchichas, mortadela, ou touciño e os italianos que intentaron introducir a pizza, ravioli, macaróns...aunque outras cousas que introduciron os xeados de sobremesa, o gusto polo queixo, e doces e froitas. Pero tamén se tuveron que adaptarse e substituíron moitos dos ingredientes da súa terra natal por materiais autóctonos.
A alimentación de cada día dos brasileiros realízase en tres partes:
- Almorzo, non pode faltar  o café con leite, pan, froitas, birlos e doces.
- No xantar: feixóns con arroz, este alimento é básico e ás veces moi identificado co pobo de Brasil, os macarróns, carne, algunha ensalada e pure de pataca.
 - Na cea sérvense sopas e tamén diversas comidas rexionaisA cervexa comezou a ser bebida a finais do século XVIII e na actualidade é unha das bebidas alcohólicas máis comúns.
As bebidas destiladas foron traídas polos portugueses e fabricadas en Brasil como a aguardiente. O viño  é tamén moi consumido, algunhas veces mesturado con auga e azucre, é coñecida a sangría.


GASTRONOMÍA DE BRASIL


As influencias indíxenas, africanas e portuguesas fixeron da gastronomía de Brasil unha das máis ricas e variadas do mundo. A cociña de Brasil varia bastante dependendo da rexión, polo que cada zona posúe os seus propios pratos típicos que, ás veces, son descoñecidos dunha rexión a outra debido á súa grande extensión territorial. A cociña brasileira é froito dunha mestura de diversos ingredientes europeos, indíxenas e africanos. Moitas das técnicas de preparación dos ingredientes máis usados son de orixe indíxena, sufrindo adaptacións por parte dos escravos e dos portugueses. Estes fixeron adaptacións dos seus pratos típicos substituíndo os ingredientes que faltaban por aqueles locais máis doados de obter. A “feijoada”, prato típico do país, é un exemplo.

Os escravos traídos a Brasil dende fins do século XVI, engadiron á cociña nacional elementos como o aceite de palma ou o cuscús.

A alimentación indíxena tiña como ingredientes a mandioca, en forma de fariña, ademais de froitas, peixes, caza, millo, pataca e legumes.

A carne era na súa maior parte procedente da caza abundante en antílopes, gacelas, búfalos, aves, hipopótamos e elefantes.

Criaban gando ovino, bovino e caprino,

Os alimentos  sérvense asados, tostados ou cocidos e para sazonar a comida tiñan aprecio polas pimentas, mais tamén utilizaban  o aceite de palma que acompañaban á maioría dos alimentos.

Entre os inmigrantes chegados a Brasil durante  o século XIX ata principios do século XX encóntranse alemáns, italianos, españois, sírio-libaneses, xaponeses etc. De todos os inmigrantes as maiores influencias sobre a cociña brasileira corresponden aos alemáns e italianos. Os inmigrantes alemáns en Brasil son moi numerosos, e introduciron o consumo dalgúns xéneros de salchichas, e mortadela, ou touciño. Non obstante adaptáronse ben e substituíron moitos dos ingredientes da súa terra natal por materiais autóctonos.

 Dos inmigrantes italianos, pódese dicir que tiveron interese en elaborar a súa pasta, por esta razón incorporaron os cultivos de trigo a gran escala. O macarrón era moi usado como tamén outras pastas italianas como a pizza, ravioles etc . Tamén puxeron de moda  os xeados de sobremesa, o gusto polo queixo, empregado nas masas,  tanto que  o consumo de queixo estendeuse e incorpórase en doces e froitas.
A alimentación de cada día realízase en tres partes:

- No café dá manhã (almorzo), non pode faltar  o café con leite (café-com-leite), pan (pão), froitas, birlos e doces.

- No xantar: feixóns con arroz (feijãocom ), este alimento é básico e ás veces moi identificado co pobo de Brasil, os macarrão, carne, algunha ensalada e purê de batata.

 - Na cea (jantar) sérvense sopas e tamén diversas comidas rexionais.

 As bebidas destiladas foron traídas polos portugueses e fabricadas en Brasil como a cachaça. O viño (vinho) é tamén moi consumido, algunhas veces mesturado con auga e azucre, é coñecida a sangría. A cervexa comezou a ser bebida a finais do século XVIII e na actualidade é unha das bebidas alcohólicas máis comúns.




Gastronomía de Romanía (alumnado) Miriam , Ivan

 A cociña romanesa ten pratos e tradicións diversas, tamén ten cousas de países veciños, como da cociña  alemá, a  cociña serbia ou a  cociña húngara.

 A gastronomía romanesa é unha cuestión existencial. Hai moitos ditos, escribimos algúns:

Nós comemos para vivir?
Ou vivimos para comer?

  
Srut mana, pero pentru
  c-i Bun gusto Foster,
  i buctreasa Frumos.

 
 Grazas polo xantar
  era bo e sabroso
  é a cociñeira  era moi agradable.

  Ou máis filosófica:
  I-ie Mulumescu Doamne
  c-I mâncat meu ying e escuma.


Grazas o meu Señor
por comer e por seguir tendo fame

A carne de porco foi a carne máis apreciada na cociña romanesa. Hai ditos coma
Petele cel mai bun, tot porcul rmâne
 Que quere dicir:
O mellor peixe é sempre o porco, pero non obstante a carne de vaca é tamén consumida, tampouco se rexeita o cordeiro nin o peixe.

As receitas prepáranse segundo a estación do ano ou dos eventos sociais. Na cociña do Nadal adóitanse servir pratos que conteñen carne de porco como poden ser:


o cârnai (un tipo de salchichas)









o piftie (un tipo de estufado servido xunto con viño )












E dende logo o tradicional cozonac (pan doce con noces)










Na gastronomía de Semana Santa.
o cordeiro (un dos pratos principais, adóitase facer asado)









o drob (unha mestura cociñada de intestinos, carne e vexetais frescos)











E por último os produtos máis  abundantes en orde de máis a menos son:

Uvas
Coles
Tomates
Catalupos e outros melóns.
Mazás.
Cirolas.
Ovos de galiña.
Carne de cocho.
Leite de ovella.
Pementos frescos.
Carne de vaca.
Carne de polo.
Carne de ovella.
Pimentón, pimenta gorda.



Gastronomía de Colombia (Adrián Castro e Sheila Bouzas)


Da fauna e flora de Colombia, xorde unha gran variedade de diversos alimentos. Os pratos varían segundo a preparación e os ingredientes por rexión e incorporan na súa gastronomía aspectos das  culturas española, mestiza e afro.
Os ingredientes mais comúns na preparación son:  cereais como o arroz e o millo, tubérculos como a papa e a iuca, varias leguminosas (feixóns), carnes como a vacina, galiña, porco, cabra e outros animais silvestres, pescados, mariscos…
E tamén importante a variedade de froitas tropicais como o mango, a bananeira, a papaia, a goiaba, o lulo e a maracuxá.
Colombia non ten un prato nacional específico, aínda que son moi recoñecidos o sancocho e a arepa nas súas distintas variantes.

Os 20 produtos máis abundantes son:
1-   Carne de vaca.
2-   Cana de azucre.
3-     Carne de polo.
4-   Plátanos.
5-     Té.
6-     Arroz en casca.
7-     Ovos de galiña.
8-     Patacas.
9-     Plátanos pequenos.
10- Millo, trigo.
11-  Mandioca.
12-  Froita tropical.
14- Carne de porco.
15- Tomates.
16- Cebolas secas.
17- Piñas.
19- Leite.
20- Tabaco.

arepa

 
sancocho


Por Adrián Castro e Sheila Bouzas