23 de abr. de 2012
HISTORIA DO FEMINISMO
Hai unhas semanas o profesor de inglés, Franchesco dounos unha charla sobre a historia do feminismo. Aprendemos moito, tamén o pasamos moi ben!
A historia das mulleres é tamén a historia da humanidade, pero non a recoñecemos porque antes as mulleres non tiñan importancia, xa que só se coñece a historia dos homes famosos e importantes. Pero as mulleres loitaron e aínda loitan hoxe en día defendendo a igualdade entre homes e mulleres, o feminismo. Ao longo da historia houbo moitas mulleres que adicaron a súa vida a mellorar os nosos dereitos. Algunhas destas foron: Olímpia de Rouge, Clara Zethin, Florence Nightingale, Alexandra Kollotai, Emma Goldman...
Hoxe en día as mulleres son moi poucas as que son presidentas, albañís, bombeiras… e cobran o 23% de saldo menos cos homes.
A linguaxe tamén é sexista, por ejemplo na escola dínnos:
- Quen estea castigado queda aquí no recreo.
- Podedes ir saíndo todos o recreo.
Parécenos que xa non fai falta falar de igualdade de dereitos das mulleres, pero vemos que aínda hai que cambiar moitas cousas.
Jennifer-Iván-Marta
19 de abr. de 2012
VIAXE ARREDOR DO MUNDO
Na clase de Sociais propuxemos facer unha viaxe imaxinaria que pasara polos oito países do PRI. Consistía en que, ao pasar por eses países, tiñamos que incluír os monumentos que tiñan, o clima, a vexetación, a fauna e outros aspectos.
Nesta viaxe podíamos utilizar calquera medio de transporte: tractor, avión, coche, barco, globo… Despois distribuímonos en parellas e un trío para escribir esta viaxe. Tiñamos de prazo 3 semanas para facer a actividade.
Foi unha viaxe que nos encantou.
Adrian Castro, Sandra Noya e Álvaro Noya

18 de abr. de 2012
deportistas
facer no trimestre , e decidimos facer un traballo sobre as deportistas
mulleres dos países do proxecto .O traballo consistiu en facer fichas
coa biografia das deportistas . Incluimos: o deporte que practicaban,
a nacionalidade, os logros da sua carreira e se participaran algunha
vez nos xogos olímpicos. Tamen adxuntamos fotos delas practicando o seu deporte.
Adicamos dous días de Pri a ir a informática a buscar mulleres deportistas dos países e na casa, tamén buscábamos imformación.
Puxémola en común no taboleiro da clase , despois de enviala a maestra por correo electrónico . E cando tivemos todas as fichas biográficas imprimímolas en cor, e logo puxémolas na planta de arriba do instituto para que as persoas dos outros cursos a poideran ver.
MOOLAADÉ
SINOPSE DA PELÍCULA
Collé Ardo vive nunha aldea africana. Fai sete anos non permitiu que a súa filla fora sometida á ablación, unha práctica que lle parece unha barbarie e que ela tamén sufriu. Hoxe, catro nenas fuxen para escapar do ritual da "purificación" e piden a Collé que as protexa. Dende ese momento, se enfrentan dous valores: o respeto ao dereito de asilo (o moolaadé) e a tradición da ablación (a salindé). Coa súa decisión de acoller e axudar ás nenas Collé Ardo provoca unha crise na a vida da aldea. Collé incluso soportará o sofrimento do castigo e a humillación pública antes que renunciar a súa posición, desencadenando así unha auténtica rebelión de mulleres que esixen que ningunha nena máis sexa mutilada. Por outra anda, Amsatou, a filla de Collé, xa está en idade de casar e o seu matrimonio está concertado co fillo do xefe do pobo, un xoven que acaba de chegar de París. Polo momento, ningún home casou con unha muller non"purificada".
É unha película realizada e producida en África e pensada para un público africano. Á película achéganos a un mundo rural totalmente distinto ao que nos presentan a maioría das películas comerciales norteamericanas que chegan as nosas casa. Gracias a esta película podemos ver cómo so nas casas da xente desta aldea, como cociñan, como traballan, como comen, como obteñen auga, como son as súas leis e a vida cotiá de moitas familias africanas. A película plantexa en forma de controverxia varios temas: a denuncia da ablación, o debate en torno ao peso da tradición e a modernidade e, finalmente, a loita das mulleres rueail africanas por transformar as relacións de dominación impostas polo homes.
Na clase vimos a película 1º e 2º e pola tarde fixemos un coloquio con estas cuestións.
Aquí tedes un fragmento da película.

14 de abr. de 2012
Vida e morte nos países do PRI
Un día, na clase de sociais, investigamos a esperanza de vida e a mortalidade infantil nos países do PRI.
Os datos que obtivemos podémolos resumir nestes gráficos:
O país onde a esperanza de vida é maior é Portugal, e onde menos Senegal.
Onde menos nenos morren é en Portugal, e onde mais en Senegal. A continuación, investigamos as causas de que en Portugal teña maior esperanza de vida e menor mortalidade infantil e chegamos a conclusión de que é porque é un país mais rico e ten máis recursos sanitarios. No caso de Senegal vimos que ten moita mortalidade infantil porque é un pais moi pobre e con poucos recursos sanitarios.
Marta, Eloy, Tomás e Álvaro
Os datos que obtivemos podémolos resumir nestes gráficos:
Onde menos nenos morren é en Portugal, e onde mais en Senegal. A continuación, investigamos as causas de que en Portugal teña maior esperanza de vida e menor mortalidade infantil e chegamos a conclusión de que é porque é un país mais rico e ten máis recursos sanitarios. No caso de Senegal vimos que ten moita mortalidade infantil porque é un pais moi pobre e con poucos recursos sanitarios.
Marta, Eloy, Tomás e Álvaro
13 de abr. de 2012
BRASIL: UNIFORMES ESCOLARES INTELIGENTES
Comenta a noticia. Mira o video e fainos saber cal é a túa opinión sobre o tema.
Etiquetas:
actualidade,
Brasil,
educación,
pri
11 de abr. de 2012
Gastronomía de Marrocos, (Sonia e Eloy)
![]() |
A gastronomía de Marrocos é o conxunto de pratos e ingredientes que se consumen os marroquis.Pódese considerar como de gran riqueza e diversidade; isto pódese deber á interacción que chegou a ter con outras culturas externas. A cociña marroquí, con excepción dos pratos típicos, hoxe en día pode considerarse como unha gastronomía procedente dos bérberes, mouriscos,Oriente Medio, mediterráneo, e Africano . A cultura de Marrocos cobre non só os alimentos senón tamén as tradicións culinarias como o dyafa (unha especie de banquete marroquí).
A cociña marroquí é moi sinxela de realizar tal e como ten moito en común con outras cociñas do Magreb pero ten unha personalidade propia debido a ser a única delas que non recibiu a influencia da cociña turca (debido a que o imperio otomán non chegou cos seus dominios ao territorio do actual Marrocos).
O seu trazo principal é o uso do doce e o salgado.
Os seus platos son principalmente a base de carne e doces. As comidas tradicionais (carne de pichón).O Couscous ou cuscús, elaborado con sémola, ovo, polo, cordeiro e verduras varias.
A "baisara ou puré de fabas", tómana moito os mariñeiros de madrugada, e acompáñana dun chorro de aceite de oliva e cominos moídos.
En Marrocos, a miudo comen cos tres primeiros dedos da súa man e usan o pan coma un utensilio
Trátase dunha cociña elaborada de forma caseira, na que participan fundamentalmente só mulleres, o espazo da cociña é tradicionalmente en Marrocos un lugar feminino onde os homes permanecen fora.
![]() |
| sopa de pimento |
![]() |
| empanada de atun |
Gastronomía de Portugal: Diego e Sandra
PORTUGAL
A gastronomía de Portugal é moi variada debido a súa situación. Ten gastronomía tradicional portuguesa, española e un pouco de marroquí. Adoita contar con ingredientes principais como o viño o pan e o aceite de oliva.
INGREDIENTES DA COCIÑA DE PORTUGAL
Pan- O pan pode ser feito con fariña de millo ou de trigo e emprégase en diferentes pratos. Pode ser de moitas maneiras: a Forgaça, a Broa de Avintes, etc.
Aceite de oliva- Este é un compoñente esencial da cociña portuguesa e tamen é un bo ingrediente para acompañar con carnes e pescados.
Peixes- Os máis destacados son o bacallau e as sardiñas pero tamén os moluscos gozan de moita popularidade.
Carnes- A carne máis popular é a de porco e os seus embutidos. Tamén se empregan a carne de galiña, de parrulo, de vaca ou de coello.
Queixos- Portugal conta cunha gran variedade de queixos según a zona, moitas veces recibindo o nome do lugar como o queixo de Azeitão ou o queixo de Évora.
PRATOS TIPICOS DE PORTUGAL
CALDO VERDE: E un prato tipico de Portugal: consiste nunca sopa de puré de patacas con tiras de col e un pouco de aceite de oliva.
COZIDO A PORTUGUESA:
Prepárase como un cocido común e corrente: consiste en varios vexetais e carne, principalmente de porco e terneira, así como algúns embutidos.
(Os títulos en amarelo teñen enlace)
AÇORDA A ALENTEJANA: É unha sopa bastante coñecida no lugar de Alentejo, preparada con miolos de pan, ovos escalfados e coandro, aínda que ás veces pode levar sardiñas ou bacallau.
FEIJOADA: A freijolada é considerada como un prato nacional que se prepara a base de "fréjoles", carne de porco, e ás veces acompáñase con arroz e laranxa.
MIOLOS A ALENTEJANA: É un dos pratos máis populares da rexión do Alentejo, preparase fritindo a carne de porco primeiro e logo, na graxa restante engádense anacos de pan para logo servir.

FRANCESINHA: Este prato pertence a gastronomía moderna de Portugal, e é moi popular en Porto: consiste nunha rebanada de pan branco recheo con diversos embutidos e carnes, con talladas de queixo e cuberta por unha salsa picante, pode levar por riba un ovo fritido e acompañarse de patacas fritidas tamén.
ENTRE OS PRODUTOS QUE MÁIS ABUNDAN ESTÁN
Leite de vaca, enteira e fresca. Tomates. Patacas. Uvas. Millo. Hortalizas frescas. Trigo. Carne de porco. Olivas. Laranxas. Mazás.Carne de polo. Ovos de galiña. Peras. Carne de vaca. Leite de ovella. Leitugas. Carne de pavo. Castañas. Carne ovina.
A gastronomía de Portugal é moi variada debido a súa situación. Ten gastronomía tradicional portuguesa, española e un pouco de marroquí. Adoita contar con ingredientes principais como o viño o pan e o aceite de oliva.
INGREDIENTES DA COCIÑA DE PORTUGAL
Pan- O pan pode ser feito con fariña de millo ou de trigo e emprégase en diferentes pratos. Pode ser de moitas maneiras: a Forgaça, a Broa de Avintes, etc.
Aceite de oliva- Este é un compoñente esencial da cociña portuguesa e tamen é un bo ingrediente para acompañar con carnes e pescados.
Peixes- Os máis destacados son o bacallau e as sardiñas pero tamén os moluscos gozan de moita popularidade.
Carnes- A carne máis popular é a de porco e os seus embutidos. Tamén se empregan a carne de galiña, de parrulo, de vaca ou de coello.
Queixos- Portugal conta cunha gran variedade de queixos según a zona, moitas veces recibindo o nome do lugar como o queixo de Azeitão ou o queixo de Évora.
PRATOS TIPICOS DE PORTUGAL
CALDO VERDE: E un prato tipico de Portugal: consiste nunca sopa de puré de patacas con tiras de col e un pouco de aceite de oliva.COZIDO A PORTUGUESA:
(Os títulos en amarelo teñen enlace)
AÇORDA A ALENTEJANA: É unha sopa bastante coñecida no lugar de Alentejo, preparada con miolos de pan, ovos escalfados e coandro, aínda que ás veces pode levar sardiñas ou bacallau.
FEIJOADA: A freijolada é considerada como un prato nacional que se prepara a base de "fréjoles", carne de porco, e ás veces acompáñase con arroz e laranxa.MIOLOS A ALENTEJANA: É un dos pratos máis populares da rexión do Alentejo, preparase fritindo a carne de porco primeiro e logo, na graxa restante engádense anacos de pan para logo servir.

FRANCESINHA: Este prato pertence a gastronomía moderna de Portugal, e é moi popular en Porto: consiste nunha rebanada de pan branco recheo con diversos embutidos e carnes, con talladas de queixo e cuberta por unha salsa picante, pode levar por riba un ovo fritido e acompañarse de patacas fritidas tamén.
ENTRE OS PRODUTOS QUE MÁIS ABUNDAN ESTÁN
Leite de vaca, enteira e fresca. Tomates. Patacas. Uvas. Millo. Hortalizas frescas. Trigo. Carne de porco. Olivas. Laranxas. Mazás.Carne de polo. Ovos de galiña. Peras. Carne de vaca. Leite de ovella. Leitugas. Carne de pavo. Castañas. Carne ovina.
28 de mar. de 2012
Día Mundial da auga
GASTRONOMÍA CHINA, (Adrián Esmorís e Marta).
![]() |
| Ola!: "Nin hao". 您好 |
O que máis difire da nosa gastronomía é a técnica e a combinación dos sabores.Os chineses utilizan case todos os vexetais, a carne de vaca e porco, sobre todo o lombo; tamén é moi común a salsa de soia, o sake, o bambú e arroz branco.
Os chinos son moi ordenados, e asegúranse de ter sempre preparados os ingredientes antes de empezar a cociñar..
O recipiente ideal para este tipo de conccion e o wok, que sempre hai que quentalo un minuto antes de colocarlle o aceite. Este debe caer polos bordos do recipiente e logo caer no fondo.
Cando a receita leva carne e verduras, primeiro cocíñase a carne e sepárase e resérvase. Logo saltéanse as verduras. Ao estar feitas agrégaselle a carne. Durante todo o refogado a lume vivo, os ingredientes móvense constantemente cos escarvadentes, unha culler ou espátula de madeira.
A hora de comer dispónse de 3 vasos na mesa, un grande para a cervexa ou a auga, un mediano para o viño branco ou tinto e un pequeno para o licor.
A teoría do ying e do yang xorde a partir da simple observación da naturaza e describe o feito de que todos os fenómenos naturais preséntanse de dous xeitos opostos: O ying asóciase coa escuridade, o frío, a noite, e o aspecto feminino, mentres que o yang está vinculado coa luz e a claridade, co aspecto masculino. Son ying os alimentos acuáticos, como o peixe e as algas, os que crecen na escuridade ou baixo terra, como os champiñóns e as raíces así como a avea, a cebada, o parrulo, o coello…
Os alimentos basicamente yang son cálidos, secos, duros e presentan unha tonalidade clara. Adoitan, crecer no campo, en lugares luminosos. Son yang algúns mariscos como os mexillóns, o allo, os espárragos, o apio...
Os vinte produtos máis abundantes de China son os seguintes:
Arroz en Cásca. Hortalizas Frescas do Nepal.Millo. Batatas.Trigo. Patacas.Sandias.Tomates. Coles. Pepinos e pepinillos. Mazás. Leite de vaca. Ovos de galiña.Cacahuetes. Pementos frescos. Allos.Espinacas. Espárragos. Ovos, excluidos galiña.Tabaco en bruto (a planta)
Tamén podedes atopar un blogue moi interesante NESTE ENLACE .
27 de mar. de 2012
MÁSCARAS DE ÓPERA CHINESAS
Na clase de inglés lemos un texto sobre como facer máscaras chinas. En plástica cada un de nós creou a súa máscara. Cando rematamos, o profesor de plástica, Juan Ramón Gallástegui Otero, fíxonos unha foto individual e dúas de grupo, unha na clase e outra fóra. Nós collemos esas fotos e aprendemos a facer a seguinte presentación.Puxémoslle música e buscamos a sinboloxía das cores na ópera china. Esperamos que vos guste.
Mascaras de Opera Chinesa on PhotoPeach
MARTA-IVÁN-JENNIFER
Mascaras de Opera Chinesa on PhotoPeach
MARTA-IVÁN-JENNIFER
25 de mar. de 2012
GASTRONOMÍA DO SENEGAL, (Noelia e Manuel)
![]() |
| A gastronomía do Senegal está influida por países coma: Francia, Portugal e outros países do Norte de África, porque estiveron vivindo moito tempo neste País. |
Na costa o prato predilecto é o pescado, normalmente "grillé", é dicir asado.

Os senegaleses comen dunha mesma fonte, coa man, facendo unha bola co arroz e levándoa á boca. Pero a os occidentais danlle unha culler.Evidentemente nun restaurante sempre haberá cubertos.
A auga adóitase beber ao final da comida.
A auga adóitase beber ao final da comida.
Pomelos
Froita da paixón.
Noelia Casas García
Manuel Vázquez Noya.
GASTRONOMÍA DA INDIA (Jennifer e Adrián Recouso)
Así comeza este vídeo: "Pica, pica, pica"!, "Pica que te mueres". Que será o que pica?
Pois, unha vez visto o vídeo e resolto o enigma, pasamos a expoñer certos aspectos fundamentais da gastronomía da India
A gastronomía da India é moi variada.Case non comen carne, e moitos pratos de carne están influenciados polos costumes musulmáns. Son maioritariamente vexetarianos.
Hai una gran variedade de verduras e especias. As especias serven como conservantes e para mitigar a sensación de fame, pois o picante tranquiliza dita sensación, ainda que en moitas cantidades algunhas poden resultar tóxicas. Tamén producen grandes efectos aromáticos, por iso todas aquelas persoas que van a India veñen falando da grande variedade de olores que alí perciben.
Os condimentos máis importantes son os seguintes :
Ají – semilla de mostaza negra, Comiño, Cúrcuma, Xenxibre, Coriandro, Coandro, as veces tamén usan o Azafrán, Canela, Cravo , Loureiro e a Menta.
Os condimentos máis empregados como acompañamento doutros pratos son:
Arroz e atta (que é una fariña de trigo integral co que se fai o pan).
O vinagre e o queixo tamén se usan coma condimento.
Hai polo menos cinco ducias de variedades de legumes, a máis importante son:
A chana ( é un chícharo).
O toor (garavanzo indio).
O urad (lentella negra)
O mung (lentella verde)
Empregan aceites vexetais. Os máis comúns son: aceite de cacahuetes, de coco, xirasol e soia.
Outros aceites para cociñar moi populares son: Aceite hidroxenado de orixe vexetal – vaspanati-
Aceite de orixe animal: manteiga frita destilada-ghee-
Nunha zona da India, un dos pratos típicos moi valorados leva testículos de boi, xa que son considerados sagrados, e son condimentados con pasta de rábano.
O peixe e o marisco tamén son moi populares.
Na India tamén teñen costumes acerca de como comportarsea hora de comer e de como se deben tomar os alimentos:
Hoxe en día non se seguen estas tradicións: Os alimentos tómanse con garfo e culler.
Na India tamén comen filloas. Serán como as galegas???
Entre os produtos máis destacados están:

Tradicionalmente a comida facíase sentado sobre o chan ou deitado en esteiras, a comida recollíase do prato con catro dedos da man dereita (exceptuando o índice, que se considera sucio). Hoxe en día estas tradicións estanse a esvaecer e pouco a pouco os alimentos tómanse con garfo e culler (a culler é moi importante na cociña da India).
Hoxe en día non se seguen estas tradicións: Os alimentos tómanse con garfo e culler.
Na India tamén comen filloas. Serán como as galegas???
Entre os produtos máis destacados están:
Leite de búfala, trigo, leite de vaca, hortalizas frescas, cana de azucre, patacas, pementón, carne de vaca nalgunhas zonas, cacahuetes, mangos, garavanzos, carne de búfala, bananos, carne de polo, ovos de galiña, especias moitas traídas do Nepal, sementes de colza, tomates, millo.
24 de mar. de 2012
BRAZIL & COLOMBIA
Etiquetas:
Brasil,
Colombia,
inglés,
power-point
TRABALLO ESCLAVO NA INDIA: ZARA, EL CORTE INGLÉS E CORTEFIEL NA LISTA NEGRA
Niñas y adolescentes trabajando sin contrato, privadas de libertad y en condiciones insalubres durante más de 72 horas a la semana por un salario de 0,88 euros al día, del que sólo podrán disponer cuando hayan transcurrido de tres a cinco años y que servirá para pagar su dote matrimonial.
Clica na foto e le a noticia completa.
Clica na foto e le a noticia completa.
23 de mar. de 2012
Día da poesía
Xa case é primavera! E como toda estación, é larga e fermosa. Comeza o vinteun de marzo que ademáis de ser primavera é o día da poesía. No noso colexio, imos facer un recital e van participar tanto @s rapazas de primaria como @s de secundaria. Van ter música de fondo mentres os recitan. Os poemas van ser recitados en varios idiomas: galego, castelán, portugués, inglés, italiano, incluso en alemán.As autoras e autores dos poemas son de distintos paises; hainos chineses, hindúes, colombianos, brasileiros, alemáns...
Tomás Beiras
21 de mar. de 2012
Dirixido a toda a comunidade educativa que nos segue.
Non deixes de ver este video ata o final.
19 de mar. de 2012
VIDEOCONFERENCIA CON AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
No Club de lectura limos un libro titulado Lúa do Senegal, que trataba dunha nena senegalesa que vén de Senegal para vivir a Vigo.
Despois, na clase de galego, dixéronnos que íamos falar co autor do libro e elaboramos unhas preguntas para lle facer.
O día de 10 de Marzo tivemos unha videoconferencia con Águstín Fernandez Paz mediante o programa Skype. Tivemos algunhas complicacións técnicas, pero ao final todo saíu ben.
Durante a conversa Agustín contounos que o seu libro iase chamar Cartas do Senegal. Aprendemos moito escoitándoo.
Púxolle unha pipa de fumar á avoa Feriane porque lle quedaba ben.
Tivo que utilizar o Google Earth para coñecer máis do país e a súa xeografía.
Non sabe Wolof pero si escoitou persoas que o cantaban e o falaban.
Quería situar a historia en Vigo porque na cidade hai moitos senegaleses e el ten moita documentación sobre eles e sobre a cidade.
Púxolle Khoedi á nena porque en senegalés significa lúa.
Este libro traduciuse ao castelán e aocatalán.
Os contos que hai polo medio da historia algúns pertencen a Senegal, e outros inventounos e.
Durante a entrevista recomendounos unha película chamada ``Moolaade´´. Tamén nos recomendou outra película que xa viramos: ``Binta e a gran idea´´.
Contounos moitas máis cousas, que xa escoitaredes no video. Foi unha actividade moi interesante e gustounos moito.
¡¡ATENCIÓN!!: UTILIZADE AURICULARES PARA ESCOITAR O VIDEO POIS O SON NON É DE BOA CALIDADE.
Música:"Jammu Africa" de Ismael Lö (Senegal)
Eloy Faúndez, Sheila Bouzas, Diego Gutiérrez, Miriam Baleato.

agustín fernández paz,
galego,
pri,
videoconferencia
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)
.jpg)