22 de xuño de 2013
Para os meus/miñas profes de 1º ESO, porque se vos quere.
Este curso, xa marchou, así sen máis, e quero agradecervos todos os bos ratos que pasamos con vos, incluso os malos e gracias por ensinarme tal cantidade de cousas. Esta entrada non estaba prevista, xa que é unha sorpresa. Bueno,espero que vos guste:D.
Sen máis, con moito agarimo, Daniel Castro Álvarez
Profes!! on PhotoPeach
Etiquetas:
C. Sociais,
c.naturais,
EF,
galego,
inglés,
L. Castelá,
plástica,
pri
19 de xuño de 2013
11 de xuño de 2013
IMOS FALAR DE RUMANÍA! FABIOLA E LAURA!
Imos a presentar dous vídeos sobre Romanía. No primeiro vese: Unha parella de Romanía que levan casados 12 anos, e deciden emigrar a España porque lle gustaba e tamén porque no seu país os traballos están mal pagados, e en cambio aquí os traballos en comparación co seu país, están bastante ben pagados. Eles están moi contentos en España, porque os tratan moi ben. Logo deciden visitar a igrexa onde estaba a muller do cura, ela explícanos que as mulleres teñen que estar detrás e os homes diante, tamén lle explica que non se lle pode dar a espalda ao Cristo.(Eles teñen relixión ortodoxa).
No segundo vídeo ides a ver como os rumanos preparan os ovos con figuriñas. En Romanía o típico é facerlle debuxos os ovos unha vez cocidos. Primeiro, ponse unha folla sobre o ovo, envólvese cunha media,e átase con fío. Logo,introdúcense nunha pota con cáscaras de cebola, auga, sal e déixanse cocer ata que os ovos collan un cor escuro. Por último,unha vez cocidos, quítase a media,apártase a folla e frótanse con graxa o aceite.
Sergio Arias e Manuel Vázquez falamos de Marrocos
Nos Sergio e Manuel imos presentar unha reportaxe sobre Marrocos e a súa cultura:
-O nome oficial de Marrocos é Reino de Marrocos, está rodeado polo Océano Atlántico
-En 1956 convértese nunha nación plena e independente de España e Francia.
-Este pais tén un pouco mais de 31 millóns de habitantes.A cidade de Casablanca
é o mais poboada.
- O idioma oficial de Marrocos é o Árabe , na cidade tamén se falao Español e o Francés
- O rey actual chámase Mohamed VI , e o presidente de Marrocos Abdelilah Benkirane
- A bandeira é moi importante , é toda vermella e no medio ten unha estrela verde , con cinco puntos que simbolizan os cinco pilares do islámica.
COMO VIVEN NALGUNHOS LUGARES DA INDIA POR LUÍS E LAGE
Neste video vense imaxes de nenos na India nun lugar donde hai moita pobreza, no que a penas teñen con que divertirse, e o que é pior, nin que comer; menos mal que non saben como é vivir como nós!, entón eles divírtense e emociónanse moito cando ven aos turistas coas novas tecnoloxias como as cámaras de fotos e video.
Alí, os nenos traballan coma aquí os adultos, é de admirar que non tendo nada se lles vexa sorrir de orella a orella, nós tiñamos moito que aprender deles e non ser tan avariciosos e egoistas como somos ás veces, pois temos moitas cousas e ainda así ás veces dicimos que estamos aburrid@s.
Presentámosvos un vídeo sobre este tema para reflexionar :
Alí, os nenos traballan coma aquí os adultos, é de admirar que non tendo nada se lles vexa sorrir de orella a orella, nós tiñamos moito que aprender deles e non ser tan avariciosos e egoistas como somos ás veces, pois temos moitas cousas e ainda así ás veces dicimos que estamos aburrid@s.
Presentámosvos un vídeo sobre este tema para reflexionar :
Álvaro e Adrián Landeira falamos sobre a China
A China
Nós, Álvaro e Adrián Landeira escollemos este vídeo que fala sobre a China. Di cousas como: •China é un país multiépnico.
•Alimentación, gastan a maior parte do presuposto en comida. A súa alimentación basease en, arroz, verduras, sopa, peixe e carne.
•A froita é un artigo de luxo que se lles ofrece aos visitantes.
•O vestido e o transporte encóntranse igualmente condicionados pola súa renta. •Xeralmente móvense a pé en autobús ou en bicicleta. •Ubícanse a moitos edificios de estruturas complicadas.
•China ten grandes atraccións turísticas isto axuda a economía do país.
•Existe unha forte campaña para que cada parella teña na mais un fillo debido a pobreza e ao crecemento das poboación.
Aquí vos deixamos o vídeo:
María, Dani e Irea falamos de O Porto
Nos imos presentar un vídeo de Portugal, extraído de un programa chamado "Españoles en el mundo ". Fala sobre todo da cidade de O Porto,pero o resto de Portugal é semellante en costumes, cultura ,gastronomía...a esta cidade. O Porto, despois de Lisboa, é a cidade máis importante de Portugal. É unha cidade de tradición vinícola (viño) e mariñeira. Cidade que dá nome a un dos viños máis famosos do mundo. Alí encóntranse algunhas das bodegas máis importantes do mundo, que converteron O Porto nun dos motores económicos de Portugal. Está considerada como a capital do norte de Portugal. Conta con unha das bibliotecas máis antigas do mundo. Nesa biblioteca, rodáronse varias escenas de Harry Potter, xa que a escritora, J.K.Rowlling estivo bastante tempo alí. O Porto ten 73 grandes pontes. A cidade ten douscentos vinteún habitantes (aproximadamente)e a zona metropolitana 2 millóns(aproximadamente). Ademais de O Porto,Coimbra é unha cidade moi importante. A gastronomía portuguesa está dentro da dieta mediterránea (verduras,carne,peixe e froita.É moi variada).É famoso o bacallau,e acompañase case sempre con arroz. En O Porto hai un tipo de bares moi curiosos,porque están feitos como os iglús, de xeo.
Presentamos o vídeo :
Agora deixámosvos un vídeo sobre as comidas típicas portuguesas :
Presentamos o vídeo :
Agora deixámosvos un vídeo sobre as comidas típicas portuguesas :
COLOMBIA
Este vídeo fala de Colombia. Colombia é un país tercer mundista, ten 42.000.000 de habitantes. Este país ten o mellor café do mundo, é o primeiro produtor de esmeraldas, é primeiro produtor de flores do mundo. Ten o maior número de especies de ras e de paxaros. A xente colombiana en xeral é moi xenerosa, gústalle moito a música e teñen moi boa comida teñen pratos como: O hogao e o aijaco santafereño. (ver o vídeo ata o final)
IVÁN E XOSÉ. 1º ESO
IVÁN E XOSÉ. 1º ESO
Etiquetas:
c.naturais,
Colombia,
recursos naturais,
video
7 de xuño de 2013
OS MELLORES INVENTOS CHINOS
China foi a cuna de moitos inventos imprescindibles para a nosa vida cotiá. Os chinos aportaron a humanidade obxetos e tecnoloxía imprescindibles na nosa vida. Son inventos chinos a porcelana, a cometa, o papel, a imprenta, as cartas, a laca,a pirotecnía, o reloxo mecánico,o paraugas, a chave, o ábaco e ata a pintura fosforescente.
Sabiades que tamén inventaron o fútbol?
Nesta presentación vemos algúns deles.
IVÁN E JOSÉ
A CONSTRUCCIÓN MÁIS GRANDE DO MUNDO
A gran muralla China e a única construcción humana visible desde o espazo, sin duda, un dos lugares maís importantes para visitar. Está dotada dunha serie de portas, de cuarteles e torres de vixianza. Agora un video con fotos da gran muralla China.
ADRIÁN E LUÍS
ADRIÁN E LUÍS
4 de xuño de 2013
O APAIXOANTE TAJ MAHAL
DESCUBRINDO OS SEGREDOS DA GRAN MURALLA
Levamos uns días trballando en estas entradas sobre o Taj Mahal, e a Muracha Chinesa ,(como é o noso caso) e finalmente, o noso traballo, que nos custou moito, xa o podedes ver
A Muralla Chinesa , oviamente está en china. É o monumento mais largo da Terra. Increible!!No seu camiño, averiguamos que había unhas replicas de ''Guerreros de terracota'', xa os ides ver.
A nosa opinión, é que este traballo foi interesante, porque aprednemos cousas deste monumento.
Bueno, aquí o tedes:)
DANI, MARÍA E LAURA
DANI, MARÍA E LAURA
INVENTOS CHINOS QUE TRANSFORMARON A NOSA VIDA
En esta entrada imos facer unha introducción para que vos enteredes mellor do Photo Peach. En este Photo Peach aparecerán inventos chinos, que solemos ver normalmente, os cales foron e son algúns dos inventos máis útiles de toda a humanidade, explicaremos quen e cando se inventaron e curiosidades ou utilidades. Esperamos que vos guste.
ÁLVARO E LANDEIRA
ÁLVARO E LANDEIRA
3 de xuño de 2013
IMPRESIONANTE TAJ MAHAL
É evidente que hai moitos monumentos no mundo, pois deses 1.000.000.000..... de monumentos que hai, uns cantos deles son da India, e deses cantos un é o Taj Mahal.
Neste traballo que fixemos na clase a miña compañeira máis eu eliximos este monumento, elixímolo porque nos pareceu moi interesante.
Neste vídeo ides ver imaxes acompañadas con frases sobre o Taj Mahal.
Vouvos decir dúas das frases que vai a haber, por exemplo:
Por qué foi construído?
En que ano o construíron?
Agora a ver este vídeo tan interesante!
FABIOLA E IREA
FABIOLA E IREA
30 de maio de 2013
AS SETE MARABILLAS DE PORTUGAL
Así como existen as sete marabillas do mundo, Portugal tamén conta coas súas sete marabillas dende 2007. Estes son os sete monumentos preferidos polos portugueses do seu Patrimonio. Foron elexidos polo público de entre unha selección de 21 monumentos nacionais por votación popular vía internet, teléfono e sms. Imos ver cales foron os gañadores deste difícil e desafiante concurso.
Etiquetas:
monumentos,
photopeach,
Portugal,
pri
21 de maio de 2013
6 de maio de 2013
8 DE MARZO! DÍA DA MULLER
Levamos moito tempo traballando no 8 de marzo,o día da muller, e todo o noso traballo reunímolo neste photopeach.
Hai mulleres que fixeron historia e moitas que aínda a seguen facendo, son científicas, presidentas, escritoras... e moitas máis.
Esperamos que o pasedes ben xogando. A ver cantas acertades!
Laura Mariño Rey Adrián González Lage Daniel Castro Álvarez
Laura Mariño Rey Adrián González Lage Daniel Castro Álvarez
Etiquetas:
igualdade de oportunidades,
muller,
photopeach,
pri,
tics,
xogos
MULLERES QUE FIXERON E FAN A HISTORIA
No noso grupo, fixemos un photo peach no que vos ensinamos algunhas mulleres que fixeron e fan historia. Hai cientificas,escritoras,cantantes ,presidentes e deportistas. Moitas delas gañaron moitos premios.
Esperamos que o pasedes ben xogando.
María, José, Iván e Sergio
María, José, Iván e Sergio
Etiquetas:
concurso,
igualdade de oportunidades,
muller,
photopeach,
pri,
tics,
xogos
5 de maio de 2013
CHINA
China, ese inmenso e marabilloso país, enigmático e ao mesmo tempo tan cercano a nos en tantas ocasións. Imos dar un paso máis para coñecelo un pouco mellor.
COLOMBIA
En Colombia hai unha gran variedade cultural, a súa natureza, a música, as tradicións, a gastronomía, a arte. Todo isto fai de Colombia un país marabilloso. Imos coñecelo un pouquiño con estes dous glogs.
MARROCOS
Como xa sabemos unha das linguas oficiais de Marrocos é o francés. Este glog debúxanos algo da súa cultura. Penso que será fácil de entender; xa me comentaredes.
BRASIL
Brasil, Brasil, como no, como no.
Xeografía, música, deporte, cultura, historia....
Esta vez imos ler en inglés e coñeceremos ademáis esta ferramenta dixital chamada Glog. É simplemente un poster interactivo.
Xeografía, música, deporte, cultura, historia....
Esta vez imos ler en inglés e coñeceremos ademáis esta ferramenta dixital chamada Glog. É simplemente un poster interactivo.
3 de maio de 2013
CONCURSO DE MULLERES FAMOSAS
Para celebrar o dia 8 de marzo fixemos un photopeach das mulleres famosas .
Ao noso grupo gustounos moito esta actividade xa que aprendimos moitas cousas
novas sobre as mulleres, xogando na clase .Tamén aprendimos a facer un
photopech ,foi unha das mellores actividades que fixemos porque foi moi
entretida.
Fabiola González Viqueira, José Luís Mirás Otero e Manuel Vázquez Noya.
Fabiola González Viqueira, José Luís Mirás Otero e Manuel Vázquez Noya.
Etiquetas:
concurso,
igualdade de oportunidades,
muller,
photopeach,
pri,
tics,
xogos
2 de maio de 2013
8 DE MARZO DE 2013
8 de Marzo 2013
Esta entrada vai adicada ao día internacional da muller. Para que aprendades cousas destas mulleres, creamos un concurso de preguntas sobre mulleres famosas que fixeron algo importante para o mundo, coa axuda das biografías que fixemos na clase de PRI.
Álvaro Brea Conde, Irea Ríos Casas e Adrián Landeira Pose.
8 DE MARZO DE 2013
Esta entrada vai adicada ao día internacional da muller. Para que aprendades cousas destas mulleres, creamos un concurso de preguntas sobre mulleres famosas que fixeron algo importante para o mundo, coa axuda das biografías que fixemos na clase de PRI.
Álvaro Brea Conde, Irea Ríos Casas e Adrián Landeira Pose.
Álvaro Brea Conde, Irea Ríos Casas e Adrián Landeira Pose.
Etiquetas:
concurso,
igualdade de oportunidades,
muller,
photopeach,
pri,
tics,
xogos
INDIA
Con esta presentación da India veremos diversos aspectos da súa cultura. Pero so as fotos.A vosa tarefa será poñerlle un título a cada unha delas.
26 de abr. de 2013
18 de abr. de 2013
Animáis representativos dos países deste blog: "Feira das Nacións"
De Marrocos eu quixen saber cousas dos dromedarios:
OS DROMEDARIOS
Nome científico: Camelus
Dromedarius
Nome común: Dromedario
Orde:
Artiodáctilos
Familia: Camélidos
Características:
Peso:
Entre 500 e 700 kg.
Lonxitude: Entre 2’5 e
3 m.
Altura: Entre 1’6 e
2 m.
Lonxevidade: 20 años.
Hábitat: Desertos.
Distribución: Norte de
África,Oriente Medio e Península Arábiga.
Costumes: Especie
gregaria(que sempre ten as mesmas costumes).
ALIMENTACIÓN :
Herbívora.
REPRODUCCIÓN :
Xestación
de 15 meses. Parto 1 cría.
Os
dromedarios son usados polo home para obter produtos como leite, carne, lá e incluso o seu excremento é moi usado como combustible.
Os camelos son mamíferos que teñen dúas xorobas a diferenza dos dromedarios que só teñen unha. A función das xorobas en ambos é a mesma. Alí almacenan a auga e a enerxía que utilizarán en caso de secas. Cando esta quédase sen reservas vólvese blanca e branda.
De España e Portugal eu quixen saber máis do: Lince Ibérico
O lince ibérico garda gran semellanza con
outras especies de felinos, tales como o
gato montes o ou mesmo o puma
Atópanse exclusivamente en zonas moi
restrinxidas de España e Portugal tales
como áreas do bosque mediterráneo con
abundantes matorrais, nas cales non hai actividade humana . En Galicia considérase extinguido desde os anos 1980-85, datas
abundantes matorrais, nas cales non hai actividade humana . En Galicia considérase extinguido desde os anos 1980-85, datas
nas que aínda se cazaba en zonas do este e sur da provincia de Ourense
É o único carnívoro especializado en coellos; tamén é un áxil cazador que vive de maneira solitaria e nómade.
Móstrase máis sociable na época de celo, que comeza entre xaneiro e febreiro; alcanza a súa madurez sexual ao ano e medio de vida e adoita vivir entre 10 e 15 anos.
Caza á primeira hora da mañá e á última da tarde. Localiza a presa coa vista e o oído. Agóchase entre os matos, achégase coidadosamente á presa e posteriormente arrebólase sobre ela cun chimpo curto e rápido, Adoita vivir de maneira solitaria e nómade e a súa época máis sociable é a do celo,que comprende desde finais de decembro a mediados de febreiro, na que a femia queda preñada.De China eu escollín o: OSO PANDA
O oso panda ou panda xigante é un vertebrado mamífero en perigo de extinción, tan só hai 1600 vivindo na selva e 188 en catividade. Xeralmente viven en rexións montañosas, como en Sichuan ou no Tíbet. O principal alimento do panda é o bambú (en torno ao 99% da súa dieta), aínda que tamén se alimentan de froitos, pequenos mamíferos, peixes e insectos. É un bo trepador, aínda que poucas veces se lles ve subidos aos árbores, grazas ao seu pelaxe, adáptase as condicións invernais. A pesares de pertencer a orde dos carnívoros, o 99% da súa dieta consiste en vexetais, como o bambú, sementes, pequenos brotes. Anque tamén come pequenos vertebrados como ratos. O seu sistema dixestivo non está adaptado totalmente as moléculas da celulosa, contidas no bambú, por iso necesitan comer 40kg de bambú ao día (dos que 23kg de media son defecacións). Actualmente segundo a axencia de notacións, o panda está en un gran problema de extinción pola deforestación do bambú. A xestación das crías dura aproximadamente 135 días.
Normalmente nacen unha ou dúas crías, se se da o segundo caso, a nai só criaría a unha, a que vira con máis posibilidades de sobrevivir.
As expectativas da vida de un oso panda son de 12 anos, aínda que o oso panda que se criou en cativerio máis vello foi unha femia chamada Meimei, que morreu aos 36 anos (equivale a 144 anos humanos)
Adrian Landeira Pose
A min chamoume a atención o: Guacamaio azul de Brasil
Vive nas árbores ocas, palmas e ocos de rochas. Métense nas caixas niño colocadas nas árbores polo home, para a preservación. O número de ovos pode ser de un a tres. A incubación dura uns 30 días. Os xoves deixan o niño de dous a tres meses de nacidos. Despois permanecen cos seus pais por máis de seis meses, aprendendo a sobrevivir. Unha vez que se separan dos país únense agrúpaos cos da súa propia especie. Son adultos a idade de sete anos. A alimentación está baseada en sementes grandes, complementada con froitas.
En Romanía hai osos pardos, eu quixen saber cousas da súa vida porque neste momento están en perigo de extinción.
OSO PARDO
Nome: Oso PardoLonxitude: 172 e 284 cm e cola 6 a 22 cm
Peso:780 kg
Esperanza de vida:20 a 25 anosAlimentación: Eles son omnívoros, alimémtanse de: plantas, froitas, insectos, ratos, salmón, troita, mamíferos do medio etc.
Características:
O oso é un dos maiores animais. O seu peso varía de acordo coa estación do ano. Isto é porque durante o verán teñen que comer moito para despois poder sobrevevir sen problemas durante a hibernación de inverno.
Os osos viven sos, excepto as femias viven cos seus fillos. Con todo, se hai unha fonte abundante de alimentos, os osos non lle importa reunirse para comer xuntos. (Os osos viven por toda Europa, Asia, América e Romanía). As femias poden ter crías de 5-7 anos de idade. O fillo do oso é o menor de todos os bebés mamíferos en comparación co peso das súas nais. Ao nacer, os fillos pesan preto de350 gramos . As femias teñen xeralmente entre 2 e 4 fillos.
Peso:
Esperanza de vida:
Características:
O oso é un dos maiores animais. O seu peso varía de acordo coa estación do ano. Isto é porque durante o verán teñen que comer moito para despois poder sobrevevir sen problemas durante a hibernación de inverno.
Os osos viven sos, excepto as femias viven cos seus fillos. Con todo, se hai unha fonte abundante de alimentos, os osos non lle importa reunirse para comer xuntos. (Os osos viven por toda Europa, Asia, América e Romanía). As femias poden ter crías de 5-7 anos de idade. O fillo do oso é o menor de todos os bebés mamíferos en comparación co peso das súas nais. Ao nacer, os fillos pesan preto de
Resume características:
*Son vertebrados mamíferos.
*Son vertebrados mamíferos.
*Son sexuais, vivíparos.
*Son onmívoros.
*É placentario, aliménta as crías através dunha bolsa chamada placenta.
Fabiola González Viqueira
Eu escollín o O xaguar colombiano
O xaguar e un mamífero que pesa entre 50 e 150 kg . A súa lonxitude é de 1.70 a 2.30 m, e de altura 1 m. Poden vivir ata 20 anos, habita na xungla e distribúense por América do sur, Centroamericana e non sureste dos Estados Unidos, é unha especie solitaria e territorial, é carnívoro,
En contraste cos outros grandes felinos, o xaguar gruñe pero rara vez roxe.
Posúe hábitos nocturnos, aínda que ten algo de actividade durante o día. Grazas a estudos de radio seguimiento sóubose que adoitan estar activos o 50 a 60% do día (contando as 24 horas); é un excelente cazador.
Ao estar habituado a biomas selváticos con pouca luz (aínda que a súa área de dispersión chegou a abranguer pradarías e estepas), posúe ollos que lle permiten unha notable visión na escuridade.
Por outra parte, e a diferenza doutros felinos, son excelentes nadadores e están tamén adaptados para a caza de presas acuáticas e subacuáticas dende a superficie; en tales casos, as vibracións dos peixes, e tartarugas chéganlles nitidamente a través das súas patas e bigotes. Daniel.
Posúen dous tipos de protuberancias na cabeza: unha crista e uns lóbulos que colgan a ambos os dous lados do pico. O dorso cóbreo unha capa de plumas douradas dende o colo ata as costas.
Os galos e as galiñas distinguirse ambos os dous a simple vIsta. Os machos son máis grandes, medindo en torno aos 50 cm e
chegando a pesar ata 4 kg Poseen unha gran crista avermellada
na cabeza, a cal se interpreta como símbolo de dominancia.
Dise que os exemplares de galo vermello salvaxes posúen cores máis brillantes que os seus parentes domésticos. A cola está composta por plumas escuras grandes e brillan de cor azul púrpura ou verde baixo a luz. A ambos os dous lados da súa cabeza aparecen dúas manchas e as patas agrisadas. Nalgunhas razas as patas están provistas tamén de espolóns. As galiñas son máis pequenas. Non adoitan medir máis de 40 cm e apenas chegan a 2 kg de peso.
Conta a lenda que hai tempo, moito tempo atrás, un peregrino portugués con destino a Santiago de Compostela foi acusado polas autoridades de espía, así que decidiron condenalo á forca. Seguro da súa inocencia, o home pediu que o levasen ante o xuíz, o xuíz preparábase para comer un galo asado cuns amigos, entón o pelegrín afirmou: Si me aforcan e son inocente, o galo cantará . Dito e feito, aforcárono e o galo cantou. Así naceu a lenda dun dos maiores símbolos de Portugal, o Galo de Barcelos.
Os galos e as galiñas distinguirse ambos os dous a simple vIsta. Os machos son máis grandes, medindo en torno aos 50 cm e
chegando a pesar ata 4 kg Poseen unha gran crista avermellada
na cabeza, a cal se interpreta como símbolo de dominancia.
Dise que os exemplares de galo vermello salvaxes posúen cores máis brillantes que os seus parentes domésticos. A cola está composta por plumas escuras grandes e brillan de cor azul púrpura ou verde baixo a luz. A ambos os dous lados da súa cabeza aparecen dúas manchas e as patas agrisadas. Nalgunhas razas as patas están provistas tamén de espolóns. As galiñas son máis pequenas. Non adoitan medir máis de 40 cm e apenas chegan a 2 kg de peso.
Conta a lenda que hai tempo, moito tempo atrás, un peregrino portugués con destino a Santiago de Compostela foi acusado polas autoridades de espía, así que decidiron condenalo á forca. Seguro da súa inocencia, o home pediu que o levasen ante o xuíz, o xuíz preparábase para comer un galo asado cuns amigos, entón o pelegrín afirmou: Si me aforcan e son inocente, o galo cantará . Dito e feito, aforcárono e o galo cantou. Así naceu a lenda dun dos maiores símbolos de Portugal, o Galo de Barcelos.
Sergio Arias Garcia
O tigre de bengala, tamén coñecido coma tigre real ou tigre indio é una subespecie de tigre que habita na India, Nepal e Baña. A súa pel é xeralmente de cor laranxa ou leonardo,aínda que existe unha mutación xenética que produce que a pel laranxa sexa substituída polo color branco. A estes tigres chámanselles tigres Blancos.Como todos os tigres son solitarios e xeralmente non viven en grupos.
Os machos coidan un territorio onde viven varias femias coas que se aparean.
A esperanza de vida para os tigres de Bengala machos é de entre 10 e 12 anos, mentres que para as femias é un pouco máis larga, sen embargo, os exemplares en cautividade poden chegar a vivir hasta 26 anos.
José Barreiro Hernández
José Barreiro Hernández
De Galicia eu escollín o: raposo
A maioría dos raposos viven entre 5 a 7 anos en liberdade. Son os máis pequenos da familia. Os raposos non soen estar en manadas. Son solitarios e cazan as súas presas para alimentarse. Soen cazar (especialmente roedores), empregando unha técnica de salto. María Carballeiro Casas |
Na India as vacas son seres sagrados aos que se lles renden homenaxes. No seu momento a súa relixión estableceu que estaba prohibido comelas; a razón era porque xa morría moita xente de fame e frío e si se comían as vacas a situación empeoraría, porque daban alimento, (leite) e combustible (dos excrementos) .
Por iso, na India é común ver as vacas deambular polas cidades ou como parte da familia dos agricultores. Adórnanas con grilandas e borlas, rézaselles se se enferman, cando nace un becerro reúnense os veciños e os donos para festexalo, e así mesmo tráese a un sacerdote para que anime a celebración. Non obstante á primeira vista as vacas parecen ser inútiles, desnutridas e enfermas. Vagan libremente entorpecendo o tráfico nas cidades.
Por iso, na India é común ver as vacas deambular polas cidades ou como parte da familia dos agricultores. Adórnanas con grilandas e borlas, rézaselles se se enferman, cando nace un becerro reúnense os veciños e os donos para festexalo, e así mesmo tráese a un sacerdote para que anime a celebración. Non obstante á primeira vista as vacas parecen ser inútiles, desnutridas e enfermas. Vagan libremente entorpecendo o tráfico nas cidades.
Iván Rodriguez Paredes
18 de mar. de 2013
8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O alumnado de secundaria, para o día da muller traballadora, fixemos un proxecto ca participación dos departamentos de sociais, naturais, lingua galega, lingua castelá e plástica, e as titorías de 1º, 2º e 3º.
Consistiu no seguinte:
1) Primeiro puxémonos por parellas para buscar e elaborar unha biografía sobre unha muller famosa que fora dun dos oito países do proxecto e que tivera algún vínculo coa materia que daba o profesor. Por exemplo: En Ciencias da Natureza, fixemos biografías de científicas famosas. Nas outras materias e cursos seleccionaron mulleres importantes do mundo en deporte, literatura, ciencia, música, historia…
2) Cada un@ de nos fixemos unha diapositiva de Power Point coas biografías, no que figuraban: Data de nacemento e morte (en caso de que falecera), profesión e nacionalidade. Destacamos cales foron os seus logros e de que xeito contribuíu á sociedade. Tamén incluímos o que máis nos impresionou da súa vida.
3) Os Power Point foron enviados por correo electrónico e escaneamos os debuxos que fixemos en plástica. @s de terceiro fixeron o rótulo para un mural con todas as biografías e todos os debuxos que colocamos no corredor.
4) A titora fixo un power point con fotos e con todas as biografías. Aquí o podedes ver.
Opinión persoal do proxecto: A min este proxecto gustoume moito, xa que aparte de ser entretido tamén aprendes cousas importantes de xente importante, información que pode ser moi útil no futuro. Doulle un 9.
Etiquetas:
biografias,
C. Sociais,
c.naturais,
galego,
igualdade de oportunidades,
L. Castelá,
muller,
plástica,
power-point,
pri
3 de mar. de 2013
O SEXISMO NOS CATÁLOGOS DE XOGUETES
Antes de Nadal fixemos una traballo sobre a publicidade de xoguetes. Trouxemos a clase moitos catálogos de xoguetes de diferentes marcas e botámoslles unha ollada primeiro.
Logo, puxémonos as “gafas violetas” e miramos os catálogos polo miudiño, fixándonos en cada detalle. A mestra íanos dicindo no que fixarnos: quen sae na foto, que está facendo, a que xoga, que profesións aparecen... Entre toda a clase, saíron moitísimas ideas, porque quen non vía unha cousa, vía outra. Recortamos as fotos dos catálogos para facer uns cartaces.
A verdade é que, ao ata que non chegamos a poñer todas as fotos xuntas, non nos parecía que houbera tanto sexismo nos catálogos dos xoguetes. Quedamos moi sorprendid@s. En outros cursos tamén analizaron catálogos e sacaron as súas conclusións en posters.
Aquí abaixo tedes unha presentación que resume algunhas das observacións e conclusións as que chegamos.
Etiquetas:
igualdade de oportunidades,
muller,
power-point,
pri,
xoguetes
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













