28 de out. de 2013

APRENDEMOS WOLOF

MAX MA MA FATE . YANGAL MA MA FATELIKU . BOKLOMA BA DUMA MASA FATE. EXPLICAMO E OLVIDAREINO. ENSEÑAMO E RECORDAREINO . FAIME PERTICIPAR NESO E RECORDAREINO TODA A VIDA.
LAURA MARTÍNEZ CALVO

23 de out. de 2013

O BOSQUEXO DO MUNDO

Onte no auditorio vimos unha exposición moi curiosa. Como se @s artistas nos abriran as portas dos seus obradoiros e nos permitiran ver algúns anacos do seu traballo. Materiais, cadernos con bosquexos, pezas rematadas e outras inacabadas e obxectos que non son artísticos en si mesmos pero que están expostos porque forman parte do proceso de creación. É a posta en escea destes procesos. Para nós, unha ventá aberta para coñecer o mundo da arte contemporánea de 21 artistas galeg@s. No video tedes unha mostra do que vimos.

28 de set. de 2013

Senegal a porta de África




Xa que no mes de outubro o profesor de música vaivos levar a un concerto sobre música senegalesa, neste video podedes informarvos de cousas moi interesante sobre o Senegal:

22 de xuño de 2013

Para os meus/miñas profes de 1º ESO, porque se vos quere.

Este curso, xa marchou, así sen máis, e quero agradecervos todos os bos ratos que pasamos con vos, incluso os malos e gracias por ensinarme tal cantidade de cousas. Esta entrada non estaba prevista, xa que é unha sorpresa. Bueno,espero que vos guste:D. Sen máis, con moito agarimo, Daniel Castro Álvarez Profes!! on PhotoPeach

11 de xuño de 2013

IMOS FALAR DE RUMANÍA! FABIOLA E LAURA!

Imos a presentar dous vídeos sobre Romanía. No primeiro vese: Unha parella de Romanía que levan casados 12 anos, e deciden emigrar a España porque lle gustaba e tamén porque no seu país os traballos están mal pagados, e en cambio aquí os traballos en comparación co seu país, están bastante ben pagados. Eles están moi contentos en España, porque os tratan moi ben. Logo deciden visitar a igrexa onde estaba a muller do cura, ela explícanos que as mulleres teñen que estar detrás e os homes diante, tamén lle explica que non se lle pode dar a espalda ao Cristo.(Eles teñen relixión ortodoxa).








No segundo vídeo ides a ver como os rumanos preparan os ovos con figuriñas. En Romanía o típico é facerlle debuxos os ovos unha vez cocidos. Primeiro, ponse unha folla sobre o ovo, envólvese cunha media,e átase con fío. Logo,introdúcense nunha pota con cáscaras de cebola, auga, sal e déixanse cocer ata que os ovos collan un cor escuro. Por último,unha vez cocidos, quítase a media,apártase a folla e frótanse con graxa o aceite.




Sergio Arias e Manuel Vázquez falamos de Marrocos

Nos Sergio e Manuel imos presentar unha reportaxe sobre Marrocos e a súa cultura: 
-O nome oficial de Marrocos é Reino de Marrocos, está rodeado polo Océano Atlántico 
-En 1956 convértese nunha nación plena e independente de España e Francia.
-Este pais tén un pouco mais de 31 millóns de habitantes.A cidade de Casablanca é o mais poboada.
 - O idioma oficial de Marrocos é o Árabe , na cidade tamén se falao Español e o Francés 
 - O rey actual chámase Mohamed VI , e o presidente de Marrocos Abdelilah Benkirane
 - A bandeira é moi importante , é toda vermella e no medio ten unha estrela verde , con cinco puntos que simbolizan os cinco pilares do islámica.












COMO VIVEN NALGUNHOS LUGARES DA INDIA POR LUÍS E LAGE

Neste video vense imaxes de nenos na India nun lugar donde hai moita pobreza, no que a penas teñen con que divertirse, e o que é pior,  nin que comer; menos mal que non saben como é vivir como nós!, entón eles divírtense e emociónanse moito cando ven aos turistas coas  novas tecnoloxias como as cámaras de fotos e video.
Alí, os nenos traballan coma aquí os adultos, é de admirar que non tendo nada se lles vexa sorrir de orella a orella, nós tiñamos moito que aprender deles e non ser tan avariciosos e egoistas como somos ás veces, pois temos moitas cousas e ainda así ás veces dicimos que estamos aburrid@s.
Presentámosvos un vídeo sobre este tema para reflexionar :

Álvaro e Adrián Landeira falamos sobre a China


                                                                    A China
 Nós, Álvaro e Adrián Landeira escollemos este vídeo que fala sobre a China. Di cousas como: •China é un país multiépnico.
•Alimentación, gastan a maior parte do presuposto en comida. A súa alimentación basease en, arroz, verduras, sopa, peixe e carne.
•A froita é un artigo de luxo que se lles ofrece aos visitantes.
•O vestido e o transporte encóntranse igualmente condicionados pola súa renta. •Xeralmente móvense a pé en autobús ou en bicicleta. •Ubícanse a moitos edificios de estruturas complicadas.
•China ten grandes atraccións turísticas isto axuda a economía do país.
•Existe unha forte campaña para que cada parella teña na mais un fillo debido a pobreza e ao crecemento das poboación.

Aquí vos deixamos o vídeo:

María, Dani e Irea falamos de O Porto

Nos imos presentar un vídeo de Portugal, extraído de un programa chamado "Españoles en el mundo ". Fala sobre todo da cidade de O Porto,pero o resto de Portugal é semellante en costumes, cultura ,gastronomía...a esta cidade. O Porto, despois de Lisboa, é a cidade máis importante de Portugal. É unha cidade de tradición vinícola (viño) e mariñeira. Cidade que dá nome a un dos viños máis famosos do mundo. Alí encóntranse algunhas das bodegas máis importantes do mundo, que converteron O Porto nun dos motores económicos de Portugal. Está considerada como a capital do norte de Portugal. Conta con unha das bibliotecas máis antigas do mundo. Nesa biblioteca, rodáronse varias escenas de Harry Potter, xa que a escritora, J.K.Rowlling estivo bastante tempo alí. O Porto ten 73 grandes pontes. A cidade ten douscentos vinteún habitantes (aproximadamente)e a zona metropolitana 2 millóns(aproximadamente). Ademais de O Porto,Coimbra é unha cidade moi importante. A gastronomía portuguesa está dentro da dieta mediterránea (verduras,carne,peixe e froita.É moi variada).É famoso o bacallau,e acompañase case sempre con arroz. En O Porto hai un tipo de bares moi curiosos,porque están feitos como os iglús, de xeo.

 Presentamos o vídeo :

Agora deixámosvos un vídeo sobre as comidas típicas portuguesas :


COLOMBIA

Este vídeo fala de Colombia. Colombia é un país tercer mundista, ten 42.000.000 de habitantes. Este país ten o mellor café do mundo, é o primeiro produtor de esmeraldas, é primeiro produtor de flores do mundo. Ten o maior número de especies de ras e de paxaros. A xente colombiana en xeral é moi xenerosa, gústalle moito a música e teñen moi boa comida teñen pratos como: O hogao e o aijaco santafereño. (ver o vídeo ata o  final)
IVÁN E XOSÉ. 1º ESO

7 de xuño de 2013

OS MELLORES INVENTOS CHINOS

China foi a cuna de moitos inventos imprescindibles para a nosa vida cotiá. Os chinos aportaron a humanidade obxetos e tecnoloxía imprescindibles na nosa vida. Son inventos chinos a porcelana, a cometa, o papel, a imprenta, as cartas, a laca,a pirotecnía, o reloxo mecánico,o paraugas, a chave, o ábaco e ata a pintura fosforescente. Sabiades que tamén inventaron o fútbol? Nesta presentación vemos algúns deles. IVÁN E JOSÉ

A CONSTRUCCIÓN MÁIS GRANDE DO MUNDO

A gran muralla China e a única construcción humana visible desde o espazo, sin duda, un dos lugares maís importantes para visitar. Está dotada dunha serie de portas, de cuarteles e torres de vixianza. Agora un video con fotos da gran muralla China.
ADRIÁN E LUÍS

4 de xuño de 2013

O APAIXOANTE TAJ MAHAL

DESCUBRINDO OS SEGREDOS DA GRAN MURALLA

Levamos uns días trballando en estas entradas sobre o Taj Mahal, e a Muracha Chinesa ,(como é o noso caso) e finalmente, o noso traballo, que nos custou moito, xa o podedes ver A Muralla Chinesa , oviamente está en china. É o monumento mais largo da Terra. Increible!!No seu camiño, averiguamos que había unhas replicas de ''Guerreros de terracota'', xa os ides ver. A nosa opinión, é que este traballo foi interesante, porque aprednemos cousas deste monumento. Bueno, aquí o tedes:)

DANI, MARÍA E LAURA

INVENTOS CHINOS QUE TRANSFORMARON A NOSA VIDA

En esta entrada imos facer unha introducción para que vos enteredes mellor do Photo Peach. En este Photo Peach aparecerán inventos chinos, que solemos ver normalmente, os cales foron e son algúns dos inventos máis útiles de toda a humanidade, explicaremos quen e cando se inventaron e curiosidades ou utilidades. Esperamos que vos guste.
ÁLVARO E LANDEIRA

3 de xuño de 2013

IMPRESIONANTE TAJ MAHAL

É evidente que hai moitos monumentos no mundo, pois deses 1.000.000.000..... de monumentos que hai, uns cantos deles son da India, e deses cantos un é o Taj Mahal. Neste traballo que fixemos na clase a miña compañeira máis eu eliximos este monumento, elixímolo porque nos pareceu moi interesante. Neste vídeo ides ver imaxes acompañadas con frases sobre o Taj Mahal. Vouvos decir dúas das frases que vai a haber, por exemplo: Por qué foi construído? En que ano o construíron? Agora a ver este vídeo tan interesante!
 FABIOLA E IREA

30 de maio de 2013

AS SETE MARABILLAS DE PORTUGAL

Así como existen as sete marabillas do mundo, Portugal tamén conta coas súas sete marabillas dende 2007. Estes son os sete monumentos preferidos polos portugueses do seu Patrimonio. Foron elexidos polo público de entre unha selección de 21 monumentos nacionais por votación popular vía internet, teléfono e sms. Imos ver cales foron os gañadores deste difícil e desafiante concurso.

6 de maio de 2013

8 DE MARZO! DÍA DA MULLER

Levamos moito tempo traballando no 8 de marzo,o día da muller, e todo o noso traballo reunímolo neste photopeach. Hai mulleres que fixeron historia e moitas que aínda a seguen facendo, son científicas, presidentas, escritoras... e moitas máis. Esperamos que o pasedes ben xogando. A ver cantas acertades!
Laura Mariño Rey Adrián González Lage Daniel Castro Álvarez

MULLERES QUE FIXERON E FAN A HISTORIA

No noso grupo, fixemos un photo peach no que vos ensinamos algunhas mulleres que fixeron e fan historia. Hai cientificas,escritoras,cantantes ,presidentes e deportistas. Moitas delas gañaron moitos premios. Esperamos que o pasedes ben xogando.
 María, José, Iván e Sergio

5 de maio de 2013

CHINA

China, ese inmenso e marabilloso país, enigmático e ao mesmo tempo tan cercano a nos en tantas ocasións. Imos dar un paso máis para coñecelo un pouco mellor.

COLOMBIA

En Colombia hai unha gran variedade cultural, a súa natureza, a música, as tradicións, a gastronomía, a arte. Todo isto fai de Colombia un país marabilloso. Imos coñecelo un pouquiño con estes dous glogs.

MARROCOS

Como xa sabemos unha das linguas oficiais de Marrocos é o francés. Este glog debúxanos algo da súa cultura. Penso que será fácil de entender; xa me comentaredes.

BRASIL

Brasil, Brasil, como no, como no.
Xeografía, música, deporte, cultura, historia....
Esta vez imos ler en inglés e coñeceremos ademáis esta ferramenta dixital chamada Glog. É simplemente un poster interactivo.

3 de maio de 2013

CONCURSO DE MULLERES FAMOSAS

Para celebrar o dia 8 de marzo fixemos un photopeach das mulleres famosas . Ao noso grupo gustounos moito esta actividade xa que aprendimos moitas cousas novas sobre as mulleres, xogando na clase .Tamén aprendimos a facer un photopech ,foi unha das mellores actividades que fixemos porque foi moi entretida.

Fabiola González Viqueira, José Luís Mirás Otero e Manuel Vázquez Noya.

2 de maio de 2013

8 DE MARZO DE 2013

8 de Marzo 2013 Esta entrada vai adicada ao día internacional da muller. Para que aprendades cousas destas mulleres, creamos un concurso de preguntas sobre mulleres famosas que fixeron algo importante para o mundo, coa axuda das biografías que fixemos na clase de PRI. Álvaro Brea Conde, Irea Ríos Casas e Adrián Landeira Pose.

8 DE MARZO DE 2013

Esta entrada vai adicada ao día internacional da muller. Para que aprendades cousas destas mulleres, creamos un concurso de preguntas sobre mulleres famosas que fixeron algo importante para o mundo, coa axuda das biografías que fixemos na clase de PRI.

 
 Álvaro Brea Conde, Irea Ríos Casas e Adrián Landeira Pose.

INDIA

Con esta presentación da India veremos diversos aspectos da súa cultura. Pero so as fotos.A vosa tarefa será poñerlle un título a cada unha delas.