Na clase de plástica fixemos estas increibles máscaras de ópera chinesa para entroido. Aquí tedes unha presentación.
MÁSCARAS CHINESAS 1ºESO Curso 2014-2015 on PhotoPeach
13 de mar. de 2015
MÁSCARAS CHINESAS
Etiquetas:
arte,
máscaras,
photopeach,
plástica
12 de mar. de 2015
FELICIDADES, HOMES
Etiquetas:
8 de Marzo,
día internacional da muller,
muller
8 de mar. de 2015
APRENDEMOS FOTOGRAFÍA: EXPOSICIÓN DO DÍA DA MULLER
Móviles ou cámaras. Nosas ideas, nosa propia forma de denunciar que a desigualdade de xénero está ahí e a fotografía coma arte para expresar o que sentimos e reflexar o mundo no que vivimos. Exposición para este 8 de marzo.
Etiquetas:
día internacional da muller,
fotografía,
muller
FELIZ DÍA
6 de mar. de 2015
ESTAMOS DE NORABOA!
Felicidades!!!!!!
O proxecto "Matemáticas para viajar a las ciudades invisibles" gañou o premio europeo do concurso de proxectos eTwinning deste ano 2015. A profe de matemáticas, coordinadora deste proxecto e compañeiras e compañeiros de 4º deste ano e do ano pasado participou nel xunto con outros profes e rapces e rapazas da república checa, de Italia e de Formentera. Tamén recibiron 4 selos de calidade! Noraboa!
Unha maneira de aprender matemáticas super interesante e moita cultura tamén. Sentímonos moi orgullos@s deste premio.
Se queres saber un pouco máis de que trata o proxecto, clica na foto.
22 de feb. de 2015
OBXECTIVOS DO MILENIO
15 de feb. de 2015
TEATRO DA OPRIMIDA
O día 26 de febreiro teremos a representación dunha obra teratral no salón de acto do colexio.
Virá o grupo de teatro “As 100tolas”, a través da súa peza teatral “A viaxe de Ana” presentan unha situación de abuso e opresión que, entre todo o público asistente, debemos resolver.
Favorecer a participación e protagonismo do alumnado é clave e forma parte da aposta metodolóxica deste proxecto.
O teatro foro é unha das técnicas do TO (quizais a máis emblemática) onde a barreira entre o escenario e a platea é suprimida polo diálogo. Conta unha escena teatral baseada en feitos reais, na cal as persoas oprimidas e opresoras entran en conflito, de xeito claro e obxectivo, na defensa dos seus desexos e intereses. No enfrontamento, a persoa oprimida fracasa e o público é estimulado por quen exerce de Curinga (a persoa facilitadora do TO) a entrar en escena, substituír á persoa protagonista (a oprimida) e a buscar alternativas para o problema que se acaba de representar. Así consigue transformar ao e público en protagonista da acción dramática.
“A viaxe de Ana” conta a historia dunha muller que decide emigrar na busca dunha vida mellor. A súa é unha viaxe longa. Na súa maleta garda recordos e ilusión por un futuro. Unha ilusión que pronto será atropelada por unha sociedade hostil, atrozmente individualista e que só busca proveito propio.

2 de feb. de 2015
DÍA DA PAZ E OUTRAS CONMEMORACIÓNS
As nenas e nenos da clase de 1º da ESO, con motivo da celebración do día “DÍA INTERNACIONAL DA PAZ” o 30 de Xaneiro, decatámonos de que hai moitos feitos que acontecen no mundo dos que non saberíamos nada se non fose porque as Nacións Unidas asinan unha data para recordar dito acontecemento e concienciar a Sociedade de que hai que actuar de xeito activo para poder construir entre todos Nós, un mundo mellor.
Aquí presentamos o noso raballo sobre algunhas desas celebracións e deixamos neste día 30 de Xaneiro: "Día da Paz" unha frase de Gandhi para a reflexión: Mahatma Gandhi: " Lo más atroz de las cosas malas y de la gente mala es el silencio de la gente buena"
30 de xan. de 2015
DÍA DA PAZ
Unha de cada cinco persoas nas rexións en desenvolvemento sigue vivindo con menos de 1,25 dólares al día; ol empleo precario nos países do Sur representa o 56% de todo oempleo (10% nos do Norte); 842 millóns de persoas sufren fame crónica; 300.000 mulleres mueren por causas relacionadas co embarazo ou o parto; 748 millones de persoas utilizan fontes de auga non apta para o consumo.
Os faroliños voladores nacen na tradición chinesa como vehículo para elevar os desexos da xente ata o máis alto do ceo e lograr así que se fixeran realidade.
Con estas linternas, nos, o día da paz, lanzamos ao aire os nosos desexos, para que as condicións de vida no planeta melloren para todos os seres humanos e que non exista tanta desigualdade social, económica , en definitiva, para lograr un mundo mellor e máis xusto.
Aquí tedes o texto que na clase escribimos para este día, baseado nas 6 prioridades que sinalamos na enquisa de participación da ONU.
FAROLIÑOS CHINESES
28 de xan. de 2015
QUE CONSIDERAS IMPORTANTE PARA CAMBIAR O MUNDO?
Todos os cursos participamos na enquisa global promovida polas Nacións Unidas para que todo o mundo sinale cales deben ser as prioridades para mellorar as condicións de vida no planeta.
Ista é unha iniciativa coa que se pretende trasladar aos líderes mundiais as demandas e prioridades da cidadanía co fin de cara a elaboración da próxima axenda internacional para o desenvolvemento, co obxectivo de loitar contra a pobreza no mundo e crear un mundo sustentable.
Queda moito camino por percorrer.
Tomamos a palabra e participamos na enquisa da ONU. Dos 16 puntos que suxiren, tiñamos que escoller 6, xustificalos e envialos para que nos fixeran un video que compartimos no noso facebook.

desigualdade,
Día da Paz,
enquisa,
igualdade de oportunidades,
video
27 de xan. de 2015
OS FAROIS VOLADORES CHINESES
As orixes das lanternas chinesas pódense rastrexar ata o ano 230 a.C
As lanternas chinesas orixináronse arredor do ano 230 a.C . Hoxe en día utilízanse para celebracións e conmemoracións. Algunha vez creuse que escorrentaban aos espíritos malignos, segundo sosteñen séculos de antigas tradicións, e simbolizan o pasado e o futuro de China.
SIGNIFICADO DA COR
As lanternas chinesas poden ser de calquera cor, pero tradicionalmente úsase o vermello combinado con outras cores. Cada cor ten o seu propio significado, pero dependendo do contexto, este pode cambiar. O vermello representa felicidade e boa sorte, o branco pureza, vellez e sabedoría. O amarelo e o dourado representan ao primeiro emperador pero tamén simbolizan á terra e o loito. O azul está asociado á inmortalidade, mentres que o negro representa honestidade así como tamén morte ou mala fortuna.
SÍMBOLO DE BOA SORTE
Os símbolos da boa sorte son importantes na cultura chinesa, polo que as lanternas están decoradas con debuxos ou caligrafía que os representa. Alguén que queira que lle vaia ben nun exame decorará unha lanterna cun sabio barbudo, mentres que alguén que busque un futuro mellor poñerá na súa lanterna o símbolo dunha muller cunha froita. Os morcegos vermellos representan a boa fortuna.
26 de xan. de 2015
NO MUNDO DA INFANCIA....
No mundo da infancia, ás mulleres non se lles pega.
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA 2
Nesta segunda sesión, Oscar resolviu as dúbidas para abordr o proxecto e axudounos a mellorar as nosas fotografías. Cando todo estivo claro, comezamos as nosas prácticas por grupos.
17 de xan. de 2015
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA 1
A fotografía será o medio que utilizaremos para contar o que ocorre ao noso arredor en relación coa igualdade de xénero co obxectivo de promover un mundo máis igualitario, no que as rapazas e mulleres teñan os mesmos dereitos que os mozas e os homes.
Oscar e Ros guiáronnos nesta primeira sesión na que aprendimos moito e comezamos a "exprimirnos o cerebro". Aquí tedes un vieo-resumo da sesión.
Oscar e Ros guiáronnos nesta primeira sesión na que aprendimos moito e comezamos a "exprimirnos o cerebro". Aquí tedes un vieo-resumo da sesión.
Etiquetas:
fotografía,
igualdade de xénero,
obradoiro,
video
16 de xan. de 2015
LA PRISIONERA DEL MAGO
Durante la primera evaluación o alumnado de 11 leyó el libro "La prisionera del Mago" en lengua castellana.Este libro recibió el Gran Premio de novela para la juventud de Unicef en 1999.
En clase vimos varios documentales sobre la explotación infantil e hicimos un trabajo sobre Filipinas, país en que transcurre la historia. El libro, un poco difícil de comprender, nos abrió los ojos a temas tan crudos como el tráfico de seres humanos y la explotación infantil. También vimos el contraste entre la vida en nuestro país y las condiciones en las que viven los niños y niñas en países en vías de desarrollo. Nos sorprendió mucho ver cómo las niñas se resignan a vivir separadas de sus familias, y cómo aceptan las humillaciones a que son sometidas como si se tratara de algo normal.
NATA Y CHOCOLATE
Durante as vacacións de nadal o alumnado de 1ºESO leu este libro que trata sobre o acoso. Ese acoso invisible que non sae nas noticias, pero que moitas nenas e nenos sofren.
Que pasa coas burlas, o vacío, as humillacións verbais, os nomes que fan dano, o mofarse de alguén máis vulnerable e menos popular?
Moita xente, incluso xente que nos quere di: son cousas de nenos, non hai que darlle moita importancia. Nembargantes, hai que poñer freo a este tipo de acoso que prexudica á vítima pero tamén ao verdugo, que probablemente agacha tras esa fachada moitos valores que de seguro que descoñece.
Despois da lectura realizaron o proxecto que atoparedes aquí e puxemos en común na clase traballos, reflexións e opinións sobre o libro.

acoso escolar,
discriminación,
libro,
pri,
tolerancia
18 de dec. de 2014
GALA SOLIDARIA DOS XEITOSOS DE TRAZO
Para
conmemorar o 35 aniversario da súa asociación cultural, o grupo "Os
xeitosos de Trazo" celebrou o pasado sábado 13 de decembro unha gala
solidaria na que recolleron alimentos para o Banco de Alimentos de Santiago.
Lucas,
Tomás e Carlos, de secundaria, e moitas xeitosiñas e xeitosiños de primaria
participaron nesta gala, amosando así que a tradición continúa e que a canteira
da asociación está asegurada.
Esa
tarde respirábase un ambiente moi íntimo, cheo de sorpresas e discursos
emotivos. Para algunhas persoas, lembranzas de anos e para outras foi un
momento de descubrimentos. Para tod@s unha gran ledicia e ilusión compartidas.
Preguntámoslle
a Lucas como xurdiu a idea de facer unha gala solidaria, e isto é a resposta
que nos remitiu:
- Como xurdiu a idea de facer unha
gala benéfica?
- A idea de facer unha gala benéfica
foi xuntando dúas ideas: Primeiro, pensárase e falárase de facer algo para
axudar, pero aí quedou a cousa. E despois, preparando a gala para celebrar o 35
aniversario, volveu a xurdir a idea de facer algo solidario. Unha persoa das
que organizaban (xa que todo isto era ás costas de Moncho, o presidente da
asociación) propuxo facer unha recollida de xoguetes. A idea gustou moito, pero
decidiron facer a recollida de alimentos porque pareceu que sería máis doada a
participación da xente. Despois, puxéronse en contacto cós Servizos Sociais do
concello para ter orientación e información e para saber se algunha familia do
concello precisaba axuda. Respondéronlles que as necesidades deste tipo están
cubertas pola Cruz Vermella e orientáronnos cara o Banco de Alimentos de
Santiago, que teñen moitísimas familias sen recursos.
- A experiencia foi boa?
- Posto que todo isto o escribo coa
axuda do que máis traballou do grupo, cóntovos o que el me dixo: "Para min
foi unha experiencia boísima e creo que para todos foi unha gala que non
esqueceremos en moito tempo. Eu por min repetía".
Os
Xeitosos din humildemente que “querían darlle unha sorpresa a Moncho”, pero poderían
telo feito de moitos xeitos diferentes e elixiron facer unha recollida de
alimentos. Isto di moito da súa sensibilidade e compromiso tanto social como
cultural.
Aplaudimos
a solidariedade d@s Xeitos@s e desexamos que a esta primeira gala lle sigan máis
iniciativas solidarias e que continúen alegrándonos coa súa música.
15 de dec. de 2014
AS FRASES MÁIS APLAUDIDAS
Hoxe grabamos na clase as frases máis aplaudidas por nós do documental Lalia. Estabamos nervios@s e non dixemos nin a metade do que escribíramos o outro día. Eso si, foi todo improvisado, non ensaiamos nada. :)
12 de dec. de 2014
A VOZ DE GALICIA INFORMA
Esta vez saímos en "La Voz de la Escuela" deste mércores 10 de decembro polo obradoiro sobre obxectivos do milenio.
Aquí tedes a noticia.
Aquí tedes a noticia.
Etiquetas:
obradoiro,
obxectivos do milenio,
prensa
dEsIgUAldAdEs: obradoiro sobre Obxectivos do Milenio
Aquí tedes n video-resumo do obrfadoiro sobre desigualdades que realizamos en novembro.
Etiquetas:
desigualdade,
obxectivos do milenio,
video
11 de dec. de 2014
ONU, OMS e Obxectivos do milenio
O día 13 de outubro o alumnado de 1º ESO iniciamos unha serie de sesións na biblioteca para investigar sobre a ONU e outros organismos internacionais.
Aprendimos tamén a manexar diferente bibliografía, así soubemos que os apéndices das enciclopedias son suplementos que se sacan cada dous anos para actualizalas.
Fixemos tres grupos de cinco persoas, buscamos e sintetizamos a información e ecollímola primeiro na libreta.
Aquí vos presentamos un powr-point sobre o tema.

Presentación1 from pritrazo
Etiquetas:
C. Sociais,
obxectivos do milenio,
onu,
power-point
LA VOZ DE GALICIA INFORMA
Esta vez saímos en "La Voz de la Escuela" deste mércores 10 de decembro polo obradoiro que realizamos sobre obxectivos do milenio.
Aquí tedes a noticia.
Aquí tedes a noticia.
Etiquetas:
obradoiro,
obxectivos do milenio,
prensa
7 de dec. de 2014
DIWALI: O FESTIVAL DAS LUCES DE INDIA
Aquí tedes a presentación de Alba e Eloy sobre esta festa que é como aquí a de Ano Novo. Leron varios artigos, buscaron fotos en internet e prepararon esta presentación oral que veredes a continuación.
Etiquetas:
cultura,
India,
presentacións,
pri,
video
4 de dec. de 2014
O TEU NOME EN CHINÉS ESTE NADAL
E porqué non regalarlle a alguén o seu nome en chino este nadal?
Visita esta páxina e poderás escribir calquera nome con caligrafía chinesa. Logo podes imprimilo, colorealo e pegalo nunha postal feita por ti ou imprimir unha camiseta como regalo de nadal.
Tamén podes crear unha pintura chinesa tradicional personalizada con a caligrafía do teu nome chinés.
Aquí tes unha mostra:

celebracións,
China,
cultura,
linguas
2 de dec. de 2014
SAÍMOS NA PRENSA
Onte 1 de Decembro saímos no Correo Galego pola nosa participación no proxecto "O Mundo que Queremos".
Aquí tedes a noticia.
Soño con que un día, non moi lonxano, a linguaxe tamén teña cambiado e onde di "Os alumnos" podamos ler "O alumnado" e onde di "os profesores" vexamos "o profesorado".
El Correo gallego, edición dixital

1 de dec. de 2014
GRAZAS POR SER SOLIDARI@
A semana pasada viñeron da ONG a recoller os alimentos que donamos. Foi unha gran campaña e queremos agradecer a todo o mundo a súa participación, tamén a todas aquelas persoas que fixeron a entrega na biblioteca do concello.
Etiquetas:
campaña,
collage,
prensa,
Sahara,
solidariedade
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)