13 de dec. de 2011

Regalo de Nadal




Como mestra de Naturais entrégovos este regalo de Nadal. BOAS  FESTAS!!!

Malaria


A historia da humanidade é inseparable da historia das epidemias e pandemias. Estas produciron innumerables mortes en todo o mundo, e desta forma lograron cambiar o poderío de certos países, ou mesmo axudaron a desviar o curso das guerras.
Os especialistas distinguen entre epidemias e pandemias. As epidemias son de menor escala, abranguendo só algúns países, en cambio as pandemias abranguen todo o mundo e producen millóns de vítimas.
Varias pandemias de grande escala sucedéronse na historia do mundo, e moitas máis epidemias. A maioría foron transmitidas por animais, insectos, e derivadas de enfermidades de animais.
Na sinatura de naturais estivemos recordando 10 das pandemias que mais afectaron, e moitas delas seguen afectando ao mundo; e tamén desde este departamento de Naturais  organizouse unha charla con D.Iago Vázquez, un membro fundador de la ONG ÁfricaStopMalaria.
O profesorado e alumnado querémoslle agradecer a súa  exposición que resultou: clara, concisa e amena, na que nos enteiramos de moitas cousas que non sabíamos.


12 de dec. de 2011

CHINA, RECURSOS NATURAIS

Na asignatura de naturais neste primeiro trimestre traballamos para o proxecto interdidciplinar os recursos naturais dos distintos países. A nós, tocounos China e fixemos da seguinte maneira:

Primeiro recollemos información, a mestra recomendounos algunhas páxinas de internet.
Logo repartimos o traballo entre nós, para resumilo e escoller o que nos parecía máis importante.
Por último puxemos o traballo en común e aquí vedes o resultado:
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!


Senegal e os seus Recursos Naturais

Para facer o traballo seguimos o mesmo procedemento explicado polos membros de outros grupos, e para non repetir pasamos a presentalo directamente:


RECURSOS NATURAIS DA INDIA

India.dxc

View more documents from tambre.

11 de dec. de 2011

BOTA CONTAS

Se un partido de futbol da selección Peruana sub20, se xoga en Río de Janeiro ás 22:00 horas...
 A que hora se transmite en directo por TV nas seguintes cidades?





MEDELLÍN

MARRAKECH

AGRA
IASI

PORTO

TAIPEI

ZIGUINCHOR











Vía edutekavilmer

RÍOS E MONTAÑAS

Na clase de Sociais tamén cruzamos ríos e escalamos montañas. Auí tedes os que coñecimos. 


OS RÍOS MAÍS IMPORTANTES

Cansámonos de nadar buscando os ríos que percorren estes países, pero al fin logramos chegar a beira e aprendelos:
En Brasil está o río máis longo do mundo: O río Amazonas.
Colombia: o río Putumayo.
Portugal: O río Tejo, que pasa pola súa capital, Lisboa.
Senegal: hai 3 ríos importantes, o río Senegalo Gambia e o río Casamance.
Romanía: o río Dniéster.
Marrocos: non ten ningún río importante. Hace 1000 años o río máis longo era o río Draa (uns 1.100m), que nace no alto Atlas e desemboca no Atlántico (é a fronteira con Arxelia). Actualmente, as suas augas se filtran nas areas do deserto e so en anos de chuvia excepcional recupera o seu leito. 
China: O río Huang He (río Amarillo), e o Iangtsé.
India: O famoso río sagrado para os indios, o río Ganges.

ALGÚNS RÍOS DO MUNDO on PhotoPeach

Musica:  Danza das frautas de cana da Suite O Quebranoces, de Tchaikovsky.

AS MONTAÑAS MÁIS ALTAS

Ao final de todo, cando más cansad@s estabamos, tivemos que escalar as montañas máis importantes dos países, para saber canta altura tiñan e o seu nome. Así soubemos que...

En Brasil está o Pico de Bandeira, con 2.590m
En Colombia: subimos ao pico Cristobal Colón, con 5.770m e o Alto Ritacua, con 5.493m.
En Marrocos: esquiamos no Toubkal, con 4121m.
En Senegal: Sambaya Kedougou, con 395m.
Romanía: Vf. Moldoveanu con 2.543m.
En China subimos o pico máis alto do mundo, o Everest, que ten 8848m. Está na cordillera do Himalaya que marca a fronteira entre Nepal ( o norte da India) e o Tibet (país ocupado por China).
En India,  o pico Kanchenjunga entre India  e Nepal, con 8.570m.
En Portugal fomos a serra da Estrella ao pico Estrela, que ten 1991m.

Rematamos agotad@s de tanta actividade, pero pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.

8 MONTAÑAS da FEIRA DAS NACIÓNS on PhotoPeach

Música: Danza de Trepak, da Suite O Quebranoces, de Tchaikovsky. 

FUSOS HORARIOS

Clica na imaxe parar ler algo máis sobre os fusos horarios e comproba o que sabes contestando as preguntas propostas.



Visto en  blog edutekavilmer 

QUE HORA É?


Durante esta avaliación, na clase de Sociais investigamos por parellas sobre algún aspectos xeográficos relacionados cos países de PRI: Situación, fusos horarios, ríos e montañas máis importantes.

Primeiro buscamos en qué hemisferio están situados e a súa capital.
No hemisferio norte atópanse: Colombia, Marrocos, Senegal, Romanía China, India e Portugal.
No hemisferio sur so se atopa Brasil.

Capitais:
Brasil: Brasilia                    Romanía: Bucarest
Colombia: Bogotá               China: Pekín /Beijing
Marrocos: Rabat                 India: Nova Delhi
Senegal: Dakar                   Portugal: Lisboa

Tamén investigamos os fusos horarios de cada país. Que hora é nos outros países cando aquí son as 12 do mediodía? E de día ou de noite?
Os fusos horarios son debidos ao movemento de rotación da terra. A hora solar varía de modo que en cada momento hai 24 horas diferentes sobre a superficie terrestre. Considerando a terra como una esfera e dividindo a súa circunferencia de360\ entre as 24 horas do día, resulta que a cada hora correspóndenlle 15º. Esta dimensión é un fuso horario, cada una das partes limitadas por dous meridianos separados entre eles por 15º.

Atención! Cando se cambia de posición de fuso horario, hai que adiantar o reloxo se vas cara o leste e atrasalo se vas cara u oeste.

Ás 12:00 horas en Trazo, Galicia, España...
Que hora sería en cada unha das capitais dos países da feira?
En Bogotá serían as 9:00 da mañá.
En Brasilia serían as 10:00 da mañá.
En Rabat serían as 11:00 da mañá.
En Dakar serían as 11:00 da mañá.
En Lisboa serían as 11:00 da mañá.
En Bucarest serían as 14:00 da tarde.
En Nova Delhi serían as 17:00 da tarde.
En Beijing serían as 20:00 da noite.

10 de dec. de 2011

BRASIL E OS SEUS RECURSOS NATURAIS

Na asignatura de naturais fixemos un traballo sobre os recursos naturais, a nós Iván e Marta tocounos Brasil.
Despois dunhas clases a maestra (Ánxeles) dounos unhas follas, que contiñan información, sobre ese país.
Logo, dividimos o traballo entre os dous e cada un resumiu e buscou máis información da parte que lle tocou do traballo.
Unha vez resumido xuntámolo todo e fixémolo en sucio en Microsof Office Word 2007.
Démosllo nun pendrive.
Ela correxiunolo e explicounos como o tiñamos que facer.
Dounos un prazo para facelo, entrégamelo e aquí está.

Portugal e os seus recursos naturais

Seguimos para facer este traballo a mesma técnica que explicaron xá alguns dos nosos compañeir@s
Fixemos o traballo en microssoft word e despois de correxilo pasámolo a power point. Mirade, este é o resultado:

MARROCOS E OS SEUS RECURSOS NATURAIS

RECURSOS NATURAIS DE COLOMBIA

30 de nov. de 2011

O fado de Portugal xa é Patrimonio Inmaterial da Humanidade



O fado de Portugal xa é Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Sucedeu este día 27 de novembro, e na mesma sesión a UNESCO tamén recoñeceu a outras cinco músicas do mundo: o Mibu no Hana Taue, ritual do transplante do arroz en Mibu, Hiroshima (Xapón); o Sada Shin Noh, conxunto de danzas sagradas do Santuario de Sada, Shimane (Xapón); o balafón das comunidades senufo de Malí e Burkina Faso e o mariachi mexicano. No xornal portugués Público sinalan: «A partir de agora, o fado não é apenas a canção de Portugal, a canção de Severa, Marceneiro, Amália, Carlos do Carmo, Camané, Ana Moura e Carminho – é um tesouro do mundo. Um tesouro que fala de Portugal, da sua cultura, da sua língua, dos seus poetas, mas que também tem muito de universal nos sentimentos que evoca: a dor, o ciúme, a solidão, o amor».
A música do fado, como podedes escoitar no video, é fermosa e tristeira, menos o fado lisboeta do que o fado de Coimbra, moito máis clásico e tradicional. As voces de Amália Rodrigues ou Carlos do Carmo xúntanse ás novas fadistas tan diferentes como Dulce Pontes, Mísia, Mariza, Ana Moura ou Cristina Branco, por citarmos algunhas.

25 de nov. de 2011

BINTA E A GRANDE IDEA

O luns 14 de novembro vimos a película de J. Fesser, Binta e a grande idea, rodada na Casamance, en Senegal en 2004. Esta curtametraxe amosa algúns dos problemas aos que se enfrentan nenas e nenos en África subsahariana, dende a mirada inocente e optimista de Binta. Antes da peli, aprendemos algunhas cousas sobre Senegal e fixemos unha reflexión. E ao día seguinte fixemos un análise e un coloquio sobre ela. Aquí tedes algunhas das nosas opinións sobre a película e se queredes saber máis, clicade aquí.

Esta película fíxome reflexionar moito sobre como viven nos países pobres, e a miña conclusión é a seguinte:
En primeiro lugar non sei por que non deixan ir as nenas a escola, porque teñen o mesmo dereito ca os nenos, non teñen por que facer as tarefas da casa en vez de ir á escola, para no futuro poderse defender na vida.
En segundo lugar pareceme moi mal que a xente que sabe algo, time a xente analfabeta.
E en terceiro lugar deime conta do que eles pensan de nós, por unha parte pensan que temos moita tecnoloxía e facemos moi bos inventos; pero tamén pensan en negativo, pensan que traballamos individualmente e que con tanto que extraemos da natureza imos acabar os recursos
naturais. E eu creo que están no certo! Jennifer.

En primeiro lugar paréceme que esta película nos enseña a amar e a respectar os demais, e tamén a axudarnos entre nos. Tamén me parece moi triste que Soda a prima de Binta non poida ir a escola. Todos temos dereito á educación e non estar na casa a traballar todo o día. E por último nesta película hai moita imaxinación, como por exemplo: cando era o da porta imaxinaria ou o dos fogos artificiais. Diego.

Na pelicula de Binta e a gran idea aprendin como vivian os do sur, que hai poucas atencións médicas, poucas escolas, que eles viven con moito menos ca nos e ainda asi son felices, que se axudan entre eles e que non coñecen a tecnoloxía. Sandra.

Con esta película aprendín que en África son solidarios uns cos outros porque, por exemplo, cando o pai de Binta ía a presentarlle a idea ao prefecto, un home levouno sin cobrarlle nada. Alí o ensino é diferente ca o de aquí . A algunhas rapazas os pais non lles deixan ir o colexio porquepensan que se casarán e non necesitan aqprender. Góstame a escena na que na escola representan una obra de teatro sobre unha nena a que o seu papá non lle deixa ir á escola. Soda, a prima de Binta, está na mesma situación e lle di a seu pai que estaba alí que quere ir ao colexio. A xente que estaba arredor díxolle alborotada que lle permita ir o colexio. Alvaro.

Aprendín que hai que ser moito mais solidarios e que hai que ter empatía cos demais. A película espresao moi ben, xa que alí todos os nenos colaboraron para que Soda fora a escola. Tamén aprendín que hai que aprender a respetarse e non discriminar a ninguén por idade, altura, cor ou relixión. Por último que hai que estar ben agradecidos polo que temos nos paises do norte e intentar millorar sempre. Miriam.
Se queredes ver a peli, aquí a tedes completa.


23 de nov. de 2011

As linguas da Feira das Nacións (VIII): Colombia



En Colombia ademais do español fálanse máis de sesenta linguas indíxenas. O número concreto varía lixeiramente xa que algúns autores consideran como linguas diferentes o que outros consideran son variedades ou dialectos da mesma lingua.
• As mellores estimacións contabilizaban 66 linguas indíxenas faladas en Colombia, que se agrupan en máis de 20 familias ou unidades filoxenéticas (algunhas delas consisten nunha soa lingua illada), faladas por cerca de medio millóns de indíxenas.
• A constitución señala o idioma español como o idioma oficial de Colombia e recoñece as linguas dos grupos étnicos como oficiais no seu territorio. É obrigatorio o ensino bilingüe nas zonas con tradición lingüística propia.
Máis de 60 linguas aboríxes mantéñense vivas. As principais familias de linguas indíxenas de Colombia son:
As linguas arawak, como o wayúu, que agora non se falan moito.
As linguas arawak, como o wayúu de La Guajira e o achagua e o piapoco.
• As linguas barbacoanas, en Nariño e en Cauca
• As linguas bora-witoto, no departamento de Putumayo.
• As linguas caribes, no Amazonas, Guaviare e Cesar.
• As linguas chibchas na Sierra Nevada de Santa Marta e no Cocuy.
• As linguas choco, como o embrea e o wounaan.
• As linguas guahibanas, en Los Llanos do Orinoco.
• As linguas makú, en Vaupés e Guaviare.
• As linguas quechuas, no Sur do país.
• As linguas tucanas, nas zonas Suroeste e Sur do país.
Ademais existen un número significativo de linguas illadas ou non clasificadas:
• O andoque no río Caquetá.
• O camsá no val de Sibundoy (Putumayo).
• O nasa yuwe en Cauca.
• O sáliba-piaroa en Vichada.
• O ticuna no triángulo de Ledicia.
Tamén existen linguas barbacoanas xunto á fronteira con Ecuador, linguas caribes no Norte do país, ñe'engatú no extremo Suroeste do país.
Anteriormente faláronse as linguas betoi, linguas illadas como o andakí e o tinigua e un certo número de linguas sen clasificar.

Adrián Castro Otero e Álvaro Noya Rey

21 de nov. de 2011

ALBUM DE FAMILIA

Un grupo da clase realizamos o reconto de votos das eleccións nun recreo. Fixémolo por parellas e repartindo os países, así foi rápido. Veredes os resultados das nosas votacións, proximamente no corcho da aula de 1º.

Por orden de aparición no álbum os resultados son:

Marrocos: Naser e Amira.
Portugal: Afonso Martinho e Mencía.
Senegal:Ibraim e Amina.
Colombia: Tomás e Valentina.
Romanía: Andrei e Ileana.
India: Indira eArie.
China: Dewei e Kumiko.
Brasil: Jandiara e Thiago.

Mixbook - Create Beautiful Photo Books and Scrapbooks! | Learn About Mixbook Photo Books | Create your own Photo Book

17 de nov. de 2011

Agradecemento de Charo Pita



A contadora de historias Charo Pita enviounos esta mensaxe de agradecemento:

Moitísimas grazas polo o enlace.
Iso de verse en fotos é divertido, hai que ver a de caras máis estrañas que poñemos. :=)))
Espero que desfrutedes moitísimo con ese proxecto tan viaxeiro. Sabede que o pracer foi noso, felicitade aos rapaces da nosa parte pola súa grande capacidade de escoita.
Un abano de apertas a repartir polo centro.

Charo Pita

E nós, desde o CPI de Trazo, dámoslles as grazas a ela e a TIM BOWLEY polos marabillosos momentos que nos fixeron pasar coas súas historias do mundo.

As linguas da Feira das Nacións (VII): Romanía



O idioma romanés e unha lingua indoeuropea que pertence ao grupo oriental das linguas romances. Entre elas, ocupa a 5ª posición en canto ao número de falantes, seguindo ao español, portugués, francés e italiano. Por motivos de diferenciación tipolóxica, a lingua romanesa tamén é chamada dacorrumano. Por motivos políticos, as autoridades de Moldavia usan a denominación moldavo.
A lingua romanesa é falada aproximadamente por 26 millóns de persoas, das cales a maioría, máis de 20 millóns, vive en Romanía, onde é a única lingua oficial e, ademais, conforme aos datos de 2002, materna para o 90% de poboación.
Outras linguas que se falan son o húngaro, o alemán, o turco, o serbocroata e o yiddish.

Traballo feito por Sonia Pumar Muíño e Sheila Bouzas Leis

16 de nov. de 2011

PARA APRENDER MÁIS DE TODOS OS PAÍSES




Si premes no ordenador verás porque andabamos a toda pastilla
Tiñamos que contestar todas as preguntas en menos de unha hora!!!!!
Tamén por parellas estamos traballando sobre os recursos naturais dos oito países que tratamos nesta feira das nacións. Tan pronto rematemos o traballo cólgamolo no blogue.

ATA PRONTO!!

15 de nov. de 2011

SOBRE A SESIÓN DE CONTACONTOS

Neste poster tedes algunhas crónicas e comentarios sobre a sesión de contacontos do outro día.

ELECCIÓNS DE NOVEMBRO

Hoxe, día 8 de novembro, na clase de PRI tivemos eleccións!
A mestra entrou pola porta cunha urna que poñía eleccións 2011.
Quedamos tod@s asombrad@s. Non sabíamos de que se trataba; si eleccións para ser elegad@, eleccións para elixir a mellor persoa da clase...
Despois de lle preguntar, a mestra explicounos que eran eleccións para elixir os nomes de rapaz@s dos países do P.R.I. que anteriormente lle mandáramos por g-mail.

Antes das eleccións a mestra explicounos varias cousas entre as que estaban que é o censo electoral e máis quen participaba nas nosas eleccións.
CENSO ELECTORAL: é o documento ou rexistro onde constan as persoas que poden votar nunhas eleccións.
QUEN PARTICIPA NAS NOSAS ELECCIÓNS: o profesorado que nos da clase e máis o que participa no PRI (o profe de música e o de tecnoloxía), o alumnado da nosa clase e a conserxe.

Todos os nomes que atopamos en internet foron incluidos nunha papeleta. Aquí tedes a papeleta utilizamos.
Comezamos a votar, todos os nomes eran eran moi bonitos, pero so podíamos elixir un nome de nena e outro de neno por cada país.
Cando iamos introducir o voto na urna a mestra sacábanos fotos (seguro que quedamos tod@s moi ben).
Agora hai que esperar aos resultados das eleccións!

Jenni

12 de nov. de 2011

O ANO NOVO EN INDIA: O DIWALI

Na clase de inglés limos un texto sobre o ano novo na India e outro para seguir instrucións e facer lampariñas con cartolina e papel de seda. As lampariñas fixémolas na clase de plástica e decoramos a nosa aula con elas para celebrar este acontecemento.

Aquí tedes o resumo do texto que lemos sobre o Diwali.

Diwali é a palabra india para chamar a esta festa: “festival das luces”.

Significa ringleira de lámpadas acesas. Con ela celébrase o ano novo e é a festa máis importante da India. Dura 5 días e ou quinto é o ano novo, pero non sempre cae o mesmo día. Este ano foi o 26 de Outubro.

Como se celebra o ano novo na India:

Hoxe en día é común celebralo ao redor do mundo. Nestas datas a xente decora a súa casa colgando lámpadas e velas; tamén colocan lámpadas de aceite ao redor da casa, nos xardíns, nos patios, nos tellados e nos muros. Explotan fogos artificiais e petardos, comen doces, rezan aos deuses e deusas, teñen rituais relixiosos, estrean roupa e mándanlle agasallos as familias. Moita xente aproveita esta festa para casar. As lámpadas acendidas significan a vitoria do ben sobre ou mal.

A deusa Lakshmi:

O Diwali celébrase en honra de Lakshmi, a deusa da riiqueza e da prosperidade. Os hindús rezan a Lakshmi para que lles dea boa sorte no ano seguinte. As lampariñas quedan acendidas toda a noite

para que a deusa se sinta acollida e entre a visitalos. Pola noite moitas persoas rezan unha oración a Ganesh, o deus da sabedoría e a boa sorte, o que elimina os obstáculos da vida.

Que ocurre durante o Diwali:
Ese día levántanse moi cedo e poñen as súas mellores roupas. Ou primeiro que deben facer é rezar oracións e facer ofrendas de froita e doces tradicionais indios, logo van visitar aos seus familiares maiores para recibir as súas bendicións e mostrarlles respecto e, finalmente, van ao templo e visitan a familia e amigos para desexarlles un feliz Diwali.

Jennifer López e Diego Gutierrez

10 de nov. de 2011

As linguas da Feira das Nacións (VI): Marrocos

As linguas oficiais de Marrocos son:
Nacional: árabe clásico e berberes.
As linguas non-oficiais de Marrocos son:
Dialecto árabe marroquí do árabe clásico.
Linguas berberes (Tarifit, Tamazight e Tachelhit) que se usan a diario nas rexións montañosas do Marrocos.
Español: Rexións do Rif, e Yebala Tarfaya porque no pasado formaron o protectorado español de Marrocos.O Sahara Occidental, administrado polo Marrocos, o español e o árabe tradicional da zona (Hassani), son amplamente utilizados e na RASD son oficiais.
O árabe clásico é a lingua da lexislación, aínda que as leis son tamén traducida ao francés e, ás veces española.
A lingua falada pola maioría da poboación árabe marroquí está influenciada pola linguaxe da educación. De feito hai mesmo unha diglosia. O Rei de Marrocos cando quere obter un discurso de todos está obrigado a usar para o mundo árabe, árabe clásico, e para o resto do mundo, o francés.
Áreas Berber: en tres dialectos das linguas berberes (Tarifit, Tamazight e Tachelhit) usan a súa lingua todos os días.
A lingua francesa é a lingua do comercio, o ensino superior é impartido en francés.
Nas cidades de Tetuán e Nador o coñecemento e uso do español é alta, tamén na poboación saharauis do antigo Sahara español, na maioría da cidade de Larache, Tánxer, Al Hoceima e Sidi Ifni usual. Hai grupos de lingua española en cidades como Rabat, Agadir, Kenitra, Casablanca, Taza, Fez, Marrakech, Meknès e Oujda. Actualmente, existen seis centros do Instituto Cervantes, unha das maiores concentracións nun só país nesta institución á divulgación da lingua española no mundo. A poboación de lingua española en Marrocos é de preto de 360.000 persoas en 2006.

Alejandro Domínguez Pereiro e Eloy Faúndez Suárez

9 de nov. de 2011

As linguas da Feira das Nacións (V): Senegal




O idioma oficial en Senegal é o francés, aínda que non todos os habitantes o falan. Entre os autóctonos utilizan ademais do francés, o wolof, o mandika e o diola. Hai guías turísticos que falan inglés, pero estes atópanse recluídos en Dakar e as zonas turísticas do país. Nas cidades e a zona costeira todo o mundo fala francés.
Lenguas nativas: badiaranké, baïnouk, balante, bambara, bandial, bassari, bayotte, bédik, cobiana, coniagui, diola, hassaniya, jalonké, khassonké, léhar, mancagne, mandingo, manjaque, mlomp, ndut, mediodía, palor, papel, fulani, saafi, serer, soninké, wolof, zenaga.


Dicionario básico WOLOF-GALEGO:


Asalamu alaikum : A paz estea con vostede (vén do árabe)


Wa alaikum salam : Que a paz estea contigo tamén. (vén do árabe. Usado para resposta da anterior)


Nanga def: Cómo está?


Nanga tuddu: Cómo te chamas?


Man, Paco la tuddu: Chámome Paco


Baal ma: Síntoo, perdón


Wao: Si


Dé det: Non


Dama jiff: Teño fame


Dama marr: Teño sede


Lii lumu iyar: Cánto vale isto?


Fan la: Ónde


Mangui dem: Marcho


Dicionario básico do amor en Wolof

Ámote: Dámela nop


Quérote: Dámela buggu


Es a Muller máis guapa do mundo: Yau yai yiggen bi gana rafet chi ádona bi


Es o home máis guapo do mundo: Yau yai gór bi gana rafet chi ádona bi


Es o meu corazón: Yau yai sama bol


Só penso en ti: Yau rek lai jalat


Quero pasar o resto dos meus días xunto a ti: Yau la buggu nek-kal sama desitu aduna


Quero casar contigo: Dama buggu sái ak yau




Feito por Tomás Beiras Rivas e Adrián Recouso Pena

As linguas da Feira das Nacións (IV): Portugal



A lingua oficial é o portugués.
Esta é unha linguaxe rica en dialectos, cada un coa súa particularidade. A maior parte da diferenza entre eles está na pronuncia dalgunhas vogais. Entre o português brasileiro e o portugués europeo existen diferenzas de pronuncia,vocabulario e sintaxe, especialmente nas variedades populares. Hai algunha semellanza na sintaxe, pronuncia e gramática entre os falantes do portugués vernáculo brasileiro e o angolano vernáculo portugués, pero non hai ningunha diferenza entre o estándar europeo e o portugués angolano. O portugués de Coímbra é considerada a lingua estándar.
Tamén se considera oficial o mirandés, de Miranda do Douro.

Principais dialectos do portugués:
* Algarve - Algarve
* Alto - Minhoto – Á beira do Miño
* Açoriano - Azores* Baixo-Beirão - Interior centro de Portugal
* Beirão - Centro de Portuga
l* Extremeño - Rexións de Coímbra e Lisboa
* Nortenho - Braga Porto Rexión* Madeirense - Madeira
* Transmontano - Tras-os-Montes


Manuel Vázquez Noya e Diego Gutiérrez Castiñeiras

8 de nov. de 2011

O REI E O ZAPATEIRO (Conto popular do Brasil)





Na clase de Lingua e Literatura Galega escollemos traballar coa língua portuguesa do Brasil e de Portugal, para estudarmos as semellanzas lingüísticas entre estas variedades e o galego, idiomas que fan parte da mesma família.
Unha das actividades é a de versionarmos ao galego algún conto popular brasileiro ou português. Xa rematamos o primeiro e velaquí vai a version que fixemos na clase de 1º da ESO do conto brasileiro “O rei e o sapateiro”, recollido de Pimentel, Figueiredo. Histórias da baratinha. Rio de Janeiro, Livraria Garnier, 1994, pp.109-110.




O REI E O ZAPATEIRO




Un rei moi bo, dotado de excelente corazón, acostumaba saír soíño e disfrazado, polas rúas da cidade, a fin de poder apreciar ben as necesidades do seu pobo.
Unha vez, ao pasar por unha rúa, oíu alguén cantando:



Ribeiros corren para o río,

Os ríos corren para o mar.

Quen naceu para ser pobre

Non lle vale traballar.

O rei parou, observou a casa e indagou quen nela residía.
Era un pobre zapateiro, honesto e traballador, cheo de fillos, que vivía na maior miseria posible.
A súa maxestade tomou nota do número e da rúa.
Ao día seguinte, mandou preparar polo seu cociñeiro un saboroso bolo, que encheu de moedas de ouro e fixo levarllo ao zapateiro.
Na outra tarde, pasando pola mesma rúa, escoitou a mesma cantiga:

Ribeiros corren para o río,

Os ríos corren para o mar.
Quen naceu para ser pobre

Non lle vale traballar.

O rei entrou e mirou para o zapateiro:
— Esta cantiga é mentireira, ou ti non dis o que pensas! Onde está o bolo que che mandei onte cheo de moedas?
— Oh! real señor, eu non sabía! Debéndolle moitos favores a un amigo, envieillo de agasallo.
Entón o rei fixo acompañalo ao palacio.
Aí, mandoulle encher un saco de ouro e despediuno.
O zapateiro voltaba alegremente para casa, cando, de súpeto, caíu morto, fulminado ppla conmoción.
Transportárono para o tanatorio e atopáronlle un papel na man.
O delegado de policía abriuno e leu:


Eu para pobre o criei.

Ti rico facelo queres.

Agora aí o tes morto...

Dálle a vida, se puideres.


(Versión galega do alumnado de 1º da ESO do CPI de Trazo)