29 de xan. de 2013

Portugal : a oliveira



A oliveira, cuxo nome botánico é Olea sativa Europea, pertence á familia das Oleacea, é unha planta perenne que de acordo coas áreas xeográficas de crecemento, ten variedades diferentes.

A olivicultura ten orixes antigas. A área  de  crecemento  é típica da costa do Mediterráneo, entre os paralelos 35 ° e 45 ° de latitude norte.Hoxe en día atopamos tamén oliveiras en rexións remotas, como Estados Unidos, ou nos países do hemisferio sur, como Arxentina, Nova Celanda ou Australia.



Brasil: Pino do paraná

Pino do Paraná
Orixe – nativo do sur de Brasil e norte de Arxentina.
A súa madeira e fácil de traballar e utilízase na construcción.
As suas sementes son comestibles e o seu uso e máis forestal que ornamental.
Multipícase por sementes.
Ten que ter moita separación entre as sementes porque colle moito grosor.



            Resumen De Palabras De Caramelo

No club de lectura no primeiro trimestre limos un libro titulado “Palabras de caramelo do autor Gonzalo Moure. Aquí vou facer un resume e dar a miña opinión sobre o mesmo. A historia desenrólase no Sáhara, o protagonista é un neno chamado Kori e vai do seguinte:

Kori é un rapaz saharaui xordomudo, na escola especial a que él iba, so debuxaban, aprendían a atarse os cordóns... As cousas máis sinxelas pra poderse defender eles solos.

Kori ao ser xordo non sabía o que dicían as demais persoas, salvo os nome que recordaba cos movementos dos beizos. Por exemplo: El era Kori (boca pechada, boca estirada), e súa nai Mahfuda (beizos pechados, boca aberta, boca pechada, boca aberta).

A Kori gustábanlle moito os animais, pero en especial un: O camelo. No Sáhara os camelos son animais de gando, como aquí as vacas. Criábanas e cando se facían maiores sacrificábanas.

Kori non sabía que os camelos non falaban, porque ao regurxitar a comida movían a boca e os beizos, polo tanto Kori pensaba que os camelos falaban.

Os tíos de Kori tiñan unha camela, e, cando saía da escola, sempre ía ver a camela. Un día Kori í a ver a camela e , ao chegar, tiña unha cría, a que Kori decidiu chamarlle caramelo, polo seu cor.


Kori aprendeu a escribir e sempre que ía ver o camelo levaba papel e bolígrafo pa anotar o que o camelo lle “dicía”.
Kori fíxose moi amigo do camelo, o camelo foi medrando e chegou a hora de sacrificalo, pero non quixeron dicirlle nada ao neno porque era moi amigo do camelo. Kori ao final acabouse enterando e decidiu marchar co camelo ao deserto do Sáhara. Ao final seu pai e seu tío fóronos buscar ao deserto porque senón morrerían sen auga e comida.

Chegou o día do sacrificio e Kori Foi con seu tío e dous honorables homes do poboado a ver como sacrificaban ao camelo. Levou con el papel e bolígrafo para anotar todo o que lle dicía o camelo antes e durante o sacrificio. O camelo empezou a mover os labios e seu tío degolou a cabeza do camelo, o cal berraba e movía o beizos. E Kori aguantou durante o sacrificio e viu como mataban ao seu mellor amigo. Ao escribir todo o que seu amigo o camelo decía, saíulle un poema que en realidad escribira él porque os camelos non falan.
Kori medrou e seguiu escribindo poemas, ata que se fixo un xoven poeta moi reconocido en todo o país. O poema que Kori escribiu chamouse “Palabras de Caramelo”, como o seu amigo o camelo.
A que máis me gusta do conto e que Kori non se separou do seu amigo ata nin sequera a hora da súa morte.

Adrián Landeira Pose.                                                             Opinión persoal: 8




                                                               








A árbore de Buda

A árbore de Buda (Bodhi) :
Según contan os textos budistas, Sakhiamuni Gautamá sentouse debaixo de esa árbore durante semanas.Como empezou unha terrible tormenta, de debaixo das raíces da árbore surxíu Muchilinda, o rei das serpes,enroscouse ao redor de Gautama e cubriuno coa sua caperuza. Gautama  finalmente acabou a iluminación espiritual e converteuse en Buda e orixinou a relixión do budismo.
  
.Esta árbore tornouse un lugar de peregrinación, mesmo durante a vida de Buda. O Rei Asoka ía todos os anos para homenaxear a árbore Bodhi, e todos os anos pagaba un festival na súa homenaxe. Tissarakkhā, a súa esposa estaba con ciúmes da árbore. Ela converteuse en raíña no ano 16 do reinado de Asoka, e tres anos máis tarde, él  matou a árbore vella  e  plantou unha rama da árbore orixinal (ou outra árbore da mesma especie: Ficus relixiosa). Ao seu lado construíuse un mosteiro que foi chamado Bodhi Manda Vijara.
A árbore Bodhi na actualidade

 Templo Bodhi Manda Vijara
Maria carballeiro casas

21 de xan. de 2013

11 de xan. de 2013

TULIPÁN



Tulipán

Os tulipáns cultívanse moito na China.
Un mozo chamado Farhad, príncipe, según algúns, namorouse profundamente da doncela Shirin.
Un día, recibiu a noticia de que a súa amada fora asasinada (descubriuse que era só un rumor) e , destrozado coa pena, montou no seu cabalo favorito e galopou ata un penedo onde se lanzou e morreu.
Das súas numerosas feridas e pingas de sangue no chan brotou un tulipán, un símbolo do amor perfecto. Así, na antiga Persia, o tulipán vermello  é considerado o símbolo por excelencia do amor apaixonado

                                                        Nome científico: Hibiscus rosa-sinensis

                                                                      Lugar de orixe: China

                                                                        Cor: Moitas cores

Erroneamente chamado "Tulipán" Hibiscus é unha planta perenne tipo de arbusto, existen moitas variedades e tamaños diferentes, maioría produto híbrido de cruzamentos con outras especies, dá unha fermosa flor dura só un día, por desgraza,dura só un día.




Fabiola González Viqueira


A Árbore Bodhi.

A árbore de Buda :

Según contan os textos budistas, Sakhiamuni Gautamá sentouse debaixo desa árbore durante semanas.Como empezou unha terrible tormenta, de debaixo das raíces da árbore surxíu Muchilinda, o rei das serpes, enroscouse ao redor de Gautamá e cubriuno coa súa caperuza. Gautamá finalmente acabou a iluminación espiritual e converteuse en Buda e orixinou o budismo.

 Buda cheo de gratitude coa árbore, despois da iluminación, parou diante da árbore cos ollos abertos, sen pestanexar por unha semana enteira.Esta árbore tornouse un lugar de peregrinación, mesmo durante a vida de Buda. O Rei Asoka ía todos os anos para homenaxear a árbore Bodhi, e todos os anos pagaba un festival na súa homenaxe. Tissarakkhā a súa esposa estaba con ciúmes da árbore. Ela converteuse en raíña no ano 16 do reinado de Asoka, e tres anos máis tarde, el matou a árbore con espiñas e plantou unha rama da árbore orixinal (ou outra árbore da mesma especie: Ficus relixiosa). Ao seu lado construíuse un mosteiro, que foi chamado Bodhi Manda Vijara.


Irea Ríos Casas.

Plantas da China


AS PRANTAS TRADICIONAIS DA CHINA
A China e un dos países nos que a alimentación está composta maioritariamente por arroz e moitas prantas, é dicir que teñen unha alimentación moi saudable.
En China é moi común o cereixo que ten unhas follas rosas e moi bonitas especialmente na primavera



Pero a árbore que representa a china é o “shishu”ou “shihua”, en español chamase “Guahi”. Esta árbore e moi común en China, pero especialmente en Pekín (Capital de China). E una árbore que non necesita moita auga  cando é novo. Se a árbore ten pouca auga dificilmente consegue sosterse dereito. 



En China tamén teñen una flor representativa chamada “Baiyulan”, é mais común en Shangai pero representa a toda China.


É una flor que é moi bonita e só florece en primavera, pero cando o fai ábrese rápido e rapidamente e a súa duración e moi curta.
Adrián Landeira Pose

10 de xan. de 2013

UN GRAN XESTO DEPORTIVO



Se ha hablado muy poco. En el cross de la localidad navarra de Burlada, sucedió un hecho el pasado domingo 2 de diciembre que nos ayuda a seguir creyendo en los valores del deporte.




El atleta keniano, Abel Mutai, medalla de oro de los 3.000 obstáculos hace cuatro meses en Londres, estaba a punto de ganar la prueba cuando, al entrar en una pista donde estaba la meta se creyó que ya había llegado , aflojó totalmente el paso y, relajado, comenzó a saludar al público creyéndose vencedor. El que le venía detrás, Iván Fernández Anaya, al ver que se equivocaba y se paraba una decena de metros antes de la pancarta, no quiso aprovechar la ocasión para acelerar y ganar. Se quedó a su espalda, y gesticulando para que la entendiera y casi empujándolo, llevó al keniano hasta la meta, dejándolo pasar por delante.

Iván Fernández Anaya, un corredor vitoriano de 24 años que está considerado un atleta con mucho futuro (campeón de España de 5.000 metros en categoría promesas hace dos años) afirmó al terminar la prueba: "Aunque me hubieran dicho que ganando tenía plaza en la selección española para el Europeo, no me habría aprovechado. Creo que es mejor lo que he hecho que si hubiera ganado. Y esto es muy importante, porque hoy en día, tal como están las cosas en todos los ambientes , en el fútbol, en la sociedad, en la política, donde parece que todo vale, un gesto de honradez va muy bien ".

Lo decía al principio: desgraciadamente, se ha hablado muy poco de este gesto. Y es una lástima. En mi opinión, estaría bien explicarlo a todo el mundo, para que no piensen que el deporte es únicamente lo que ven por la tele: patadas violentas a raudales, declaraciones tontas, dedos en los ojos de los contrarios ...

Por cortesia de los amigos de Colectivo Dignidad

16 de dec. de 2012

BINTA E A GRAN IDEA

O luns 17 de decembro vimos a película de J. Fesser, “Binta e a grande idea”, rodada na Casamance, en Senegal en 2004. Esta curtametraxe amosa algún dos problemas aos que se enfrentan nenas e nenos en África subsahariana, dende a mirada inocente e optimista de Binta. Antes da peli, aprendemos algunas cousas sobre Senegal e fixemos una reflexión. E despois fixemos un análise e coloquio sobre ela.

Aquí tedes o video da peli e se queredes saber máis, clicade aquí.



As veces as ideas máis descabeladas son as máis sensatas.

14 de nov. de 2012

a inmigracion

Ola son Laura!
Vou facer un comentario sobre a inmigración.
Para os nenos que inmigran e moi duro, porque non teñen amigos e son novos no país, teñen que acostumarse a moitos cambios como nova escola, novos amigos etc.



O que penso da inmigración.

Ola son Fabiola!
Eu vou comentar sobre a inmigración.Eu penso que 
a xente que inmigra debe ter as mesmas oportunidades que a que vive nese país, pero a xente que ven de fóra as veces trátase mal e non se lle dan as mesmas oportunidades,  entón eles séntense como  extraños e mala xente sobre todo os rapaces/as,  pero o final acaban acostumándose e poden chegar  a  convertirse   nuns amigos xeniais!

Debemos ser unidos e que non nos importe a raza!

Mulleres da India

O mes de outubro fomos a unha exposicion que trataba das                          
 mulleres da India.  Falaba de sete mulleres que loitan por
 cambiar costumes que as perxudican.

Chamoume moito a atención Yellama porque tiña unha discapacidade e o seu home a facia traballar. Non me gustaría ser machista de maior.

                 
Manuel  Vázquez Noya

CARITA FELIZ

Estou feliz coma esta cara
  por aprender a facer entradas neste blog
   jose luis miras otero.


                GUAI

Opinión sobre a inmigración.

Ola, son Irea e vou facer un comentario sobre o que penso da inmigración. Para min a inmigración penso que debería estar controlada polo goberno, non estou en contra de que veña xente pero si ven demasiada os que vivimos  neste país podemos quedar sen traballo.Pero unha vez que están aquí deben ter os mesmos dereitos ca nós.

Molaaa!!!!!!!


Hoxe a mestra de naturais ensinounos a facer entradas neste blog,  e esta é a miña .



A que mola??

15 de out. de 2012

COMPARTIMOS AS NOSAS IDEAS

Qué pensas ti da integración? Qué pensas da inmigración? INTEGRACIÓN INMIGRACIÓN Escribe as ideas que se che ocurran relacionadas con esas palabras. Despois de ver o video faremos un coloquio sobre este tema.

11 de out. de 2012

REFLEXIÓN SOBRE A EXPOSICIÓN DAS MULLERES NA INDIA

O día seguinte de visitar a exposición, na clase de PRI, comentamos as nosas opinións sobre a exposición fotográcica das mulleres da India. Dixemos o que máis nos gustou, o que nos sorprendeu, o que aprendimos, o que sentimos e o que botamos de menos. Tamén nos puxemos na pel dunha delas. Logo, escribimos todas esas ideas en círculos de cartolina e fixemos un poster entre tod@s. Velaí as nosa valoración.

8 de out. de 2012

MULLERES, A FORZA DO CAMBIO

O día 4 de outubro fomos de excursión a Coruña. Despois de xantar no parque, fomos paseando ata os xardíns Méndez Núñez onde visitamos esta exposición fotográfica da fundación Vicente Ferrer. O chegar, quedamos moi sorprendid@s porque tiñamos diante dos nosos ollos un camión cheo de fotos das mulleres na India e un vídeo que non poidemos ver poque non tivemos tempo. Alí, unha chica fixo unha explicación da exposición e informounos sobre a vida de sete mulleres que reciben axuda da organización VF para mellorar as súas vidas. Aprendimos moitísimas cousas e quedamos con ganas de saber moitas máis. Aquí tenes unhas fotos para que vos fagades unha idea. MULLERES, A FORZA DO CAMBIO NA INDIA on PhotoPeach



Ola a todas e a todos!, somos as vosas compañeiras e os vosos compañeiros de segundo que queremos compartir con vós as nosas impresións sobre a exposición. Esperamos os vosos comentarios, e  xa iremos lendo as vosas entradas.

ÁNIMO...!  e a empezar a facer entradas para o blog, que é moi  divertido e apréndese moito.
Imagen del artículo
Grazas por ler as nosas opinións

12 de set. de 2012

BENVIDA

Ola a todo o mundo!
O verán foise voando, xa é hora de comezar de novo.
O novo curso escolar ven cargadiño de novidades: nova etapa, novas materias, novas  leccións e novos xogos, novo profesorado e novos retos que teremos que superar. Sabemos como vos sentides, pero non vos preocupedes, empezade o curso con confianza e entusiasmo porque todo vai ir ben.
Esta é a mensaxe que vos queremos transmitir agora, ao comezo do curso: Todo vai ir ben. E que mellor forma de dicilo que cunha canción. Esta que escribiu Bob Marley e que aquí escoitamos nunha versión cantada por Connie Talbot. Aquí tedes a letra en inglés e en castelán.



Benvidas e benvidos a secundaria e ao noso blogue, no que iremos reflectindo ao longo do curso todo o que aprendamos sobre outras culturas coa intención de crear un mundo de tolerancia e respecto a diferenza.

Clica neste enlace para saber máis sobre o proxecto interdisciplinar no que traballaremos este curso.


20 de xuño de 2012

A GRAN MURALLA CHINA


Un pouquiño sobre a súa popularidade:
A Gran Muralla China foi declarada patrimonio Mundial da UNESCO en 1987 e a súa quilométrica estrutura de pedra é una das maiores atraccións turísticas do mundo,é nada menos que o undécimo lugar máis visitado do planeta!

Un pouquiño sobre a súa estrutura:
A súa lonxitude actual é de 8.851 Km tras descubrir sobre uns 2.000 Km novos. Mide una media, de 6 a 7 metros de alto y de 4 a 5 metros de ancho. Na zona máis alta da muralla  elevase a máis de 3.500 metros!
Os materiais usados son os que había dispoñibles na zona, por iso, son diferentes segundo a zona da muralla. Cerca de Pekín utilizouse pedra caliza, e logo principalmente usouse o granito e o ladrillo cocido,. Básicamente era un largo valo de arcilla e area cuberto con varias paredes de ladrillo, esas paredes foron as que a fixeron moi resistente aos impactos das armas de asedio.

Un pouquiño da súa historia:
Foi  creada  por  Qin Shi Huang no ano 221 a.C.
Contan que os miles de obreiros que morreron mentras a construían foron enterrados nos seus cementos,pero en realidade foron enterrados  nas súas  inmediacións.
Na súa época de esplendor estivo custiodada por máis de 1.000.000 de soldados  nun  recorrido que chegou a alcanzar os 20.000km.

Miriam Baleato
Sheila Bouzas

NI UNO MENOS

 A película narra a historia dunha nena de 13 anos, Wei Minzhi, que ten que sustituir durante un mes ao seu mestre, por orden do alcalde, nun pequeno e  aillado pobo das montañas. O profesor deixalle un anaco de xiz para cada día e a promesa de que lle dará 10 yuan se nengún estudiante abandona a escola ata o seu regreso. Pero o revoltoso Zhang Huike abandona a clase para ir á cidade en busca de traballo e a abnegada Minzhi buscará o xeito de traelo de volta.



                                                       

17 de xuño de 2012

Debuxo animado de 1950, unha xoia

Atendendo a unha solicitude do goberno americano, que buscaba unha política de achegamento co Brasil, Walt Disney fixo nos anos 50, este e outros cortos. Esta marabilla de debuxos foron todos feitos a man, sen ordenadores, sen efectos dixitais e outros recursos máxicos do cine de hoxe.  E outra marabilla é que todos nós podemos entender este idioma. Este é o privilexio de falar o idioma que falamos.


 

11 de xuño de 2012

MULLER E SOBERANÍA ALIMENTARIA

¿Sabías que as mulleres producen máis da mitade dos alimentos do planeta e que, sen embargo, son as máis afectadas pola fame? O modelo actual de agricultura industrial e intensiva no so daña terriblemente ao medioambiente senón que acaba coa diversidade de cultivos e ten un impacto moi negativo coas mulleres que son as que maioritariamente labran a terra. Entrevista a Esther Vivas, investigadora e membra do" Centro de Estudios sobre los Movimientos Sociales" de la Universidad Pompeu Fabra de Barcelona. 

8 de xuño de 2012

Granxa de Xanceda e Brañas de Valga

Nesta presentación recollimos diferentes momentos das dúas saídas que fixemos:
1.- Á granxa de Xanceda
2.- Ao museo etnográfico das Brañas de Valga



Primeiro fomos  visitar a casa grande de Xanceda, unha granxa ecolóxica que fai iogures e queixos. O primeiro día que fomos déronnos unha explicación moi completa de cando e quen fundara a granxa, as vacas que había por hectárea, como as alimentaban , que facían cando enfermaban etc.
Na segunda visita fixemos un percorrido pola granxa:
- Ensináronos como se limpaba a cadra.
- Estivemos na sala de ordeño e vimos os depósitos onde se garda o leite.
- Démoslle biberon aos tenreiros que había.
- Vimos as cabras e os ponis e tamén lle demos de comer..
- Fixemos uns xogos antes de voltar a casa grande. Alí déronnos un iogur  e a proba do queixo.

Ao salir de alí, fomos ao museo etnográfico das Brañas de Valga.

-Vimos o museo e explicáronnos o proceso de recollida da arxila, os tipos de arxila que había,  unhas mostras de cerámica das máis populares de Galicia etc.
Logo fomos a unha sala e alí habbia unhas mostras de auga da lagoa artificial que se xenerou no oco onde antigamente se extraía a arxila, e tamén habia auga da billa.

- Analizamos cal delas tiña cloro, o ph  (o grao de acidez da auga), e os nitratos que se convertían en nitritos para saber si a auga estaba contaminada. Tamén nun vaso de precipitados habia un renacuaxo e un ditisco (clase de insecto) que miramos cunha lupa..
      
Aquí vos deixamos un video no que cando en Xanceda nos deixaron darlle de comer as cabras uns compañeir@s nosos non entraron pero para o seu asombro, como o caldeiro do pienso estaba fora as cabras saltaron. Vaia medo colleron!, sorte que tiña alí o meu móvil, e puden grabalos para agora, cando o vemos, botar unhas risas.
Tomás

30 de maio de 2012

A SEDA


O profesor de física trouxo para o laboratorio uns ovos de vermes de seda, e estivo sacándolle cada cinco segundos unha foto durante tres horas.
ESPECTACULAR O RESULTADO!!!, fixádevos como nese periodo de tempo eclosionan os ovos e saen os vermes.
Aproveitamos para investigar sobre A SEDA.

O cultivo do verme de seda comezou hai 5000 anos na China e a produción da seda crua a través da crianza de vermes de seda, exténdese por todo o sueste asiático. Durante o século XI establécense uns lazos comerciais entre Europa e a China, fundamentalmente en busca de especies e materias preciosas. Algúns comerciantes trouxeron algúns ovos e sementes da planta "moreira" e comezaron a criar vermes de seda en Europa e iso dá orixe ás rutas da seda, unha rede de camiños euroasiáticos de orixe mercantil, pero con punto de aventura que a través do coñecemento doutras culturas contribúe a difundir ideas e progresos co conseguinte florecemento e desenvolvemento das civilizacións. Estas rutas, usadas durante séculos orixínanse como vías de comunicación que conectaron paulatinamente a Oriente e Occidente.




 A fabricación de seda chegou eventualmente a Europa e América. Durante os séculos XVIII e XIX os europeos produciron diversos avances na produción de seda. No século XVIII Inglaterra lideraba a produción de seda europea, debido ás innovacións na industria téxtil inglesa. Estas innovacións incluían mellores teares de seda. Entre 1855 e 1865, unha epidemia chamada enfermidade de Pébrine, causada por un parasito, causou estragos na industria. Foi o científico Louis Pasteur quen descubriu que se podía previr a través dun simple exame microscópico das trazas adultas. Nese momento estábanse a levar a cabo moitas investigacións con vermes de seda, alcanzando a produción de seda unha etapa cun enfoque máis científico.

Noelia e Jennifer