30 de maio de 2013
AS SETE MARABILLAS DE PORTUGAL
Así como existen as sete marabillas do mundo, Portugal tamén conta coas súas sete marabillas dende 2007. Estes son os sete monumentos preferidos polos portugueses do seu Patrimonio. Foron elexidos polo público de entre unha selección de 21 monumentos nacionais por votación popular vía internet, teléfono e sms. Imos ver cales foron os gañadores deste difícil e desafiante concurso.
Etiquetas:
monumentos,
photopeach,
Portugal,
pri
21 de maio de 2013
6 de maio de 2013
8 DE MARZO! DÍA DA MULLER
Levamos moito tempo traballando no 8 de marzo,o día da muller, e todo o noso traballo reunímolo neste photopeach.
Hai mulleres que fixeron historia e moitas que aínda a seguen facendo, son científicas, presidentas, escritoras... e moitas máis.
Esperamos que o pasedes ben xogando. A ver cantas acertades!
Laura Mariño Rey Adrián González Lage Daniel Castro Álvarez
Laura Mariño Rey Adrián González Lage Daniel Castro Álvarez
Etiquetas:
igualdade de oportunidades,
muller,
photopeach,
pri,
tics,
xogos
MULLERES QUE FIXERON E FAN A HISTORIA
No noso grupo, fixemos un photo peach no que vos ensinamos algunhas mulleres que fixeron e fan historia. Hai cientificas,escritoras,cantantes ,presidentes e deportistas. Moitas delas gañaron moitos premios.
Esperamos que o pasedes ben xogando.
María, José, Iván e Sergio
María, José, Iván e Sergio
Etiquetas:
concurso,
igualdade de oportunidades,
muller,
photopeach,
pri,
tics,
xogos
5 de maio de 2013
CHINA
China, ese inmenso e marabilloso país, enigmático e ao mesmo tempo tan cercano a nos en tantas ocasións. Imos dar un paso máis para coñecelo un pouco mellor.
COLOMBIA
En Colombia hai unha gran variedade cultural, a súa natureza, a música, as tradicións, a gastronomía, a arte. Todo isto fai de Colombia un país marabilloso. Imos coñecelo un pouquiño con estes dous glogs.
MARROCOS
Como xa sabemos unha das linguas oficiais de Marrocos é o francés. Este glog debúxanos algo da súa cultura. Penso que será fácil de entender; xa me comentaredes.
BRASIL
Brasil, Brasil, como no, como no.
Xeografía, música, deporte, cultura, historia....
Esta vez imos ler en inglés e coñeceremos ademáis esta ferramenta dixital chamada Glog. É simplemente un poster interactivo.
Xeografía, música, deporte, cultura, historia....
Esta vez imos ler en inglés e coñeceremos ademáis esta ferramenta dixital chamada Glog. É simplemente un poster interactivo.
3 de maio de 2013
CONCURSO DE MULLERES FAMOSAS
Para celebrar o dia 8 de marzo fixemos un photopeach das mulleres famosas .
Ao noso grupo gustounos moito esta actividade xa que aprendimos moitas cousas
novas sobre as mulleres, xogando na clase .Tamén aprendimos a facer un
photopech ,foi unha das mellores actividades que fixemos porque foi moi
entretida.
Fabiola González Viqueira, José Luís Mirás Otero e Manuel Vázquez Noya.
Fabiola González Viqueira, José Luís Mirás Otero e Manuel Vázquez Noya.
Etiquetas:
concurso,
igualdade de oportunidades,
muller,
photopeach,
pri,
tics,
xogos
2 de maio de 2013
8 DE MARZO DE 2013
8 de Marzo 2013
Esta entrada vai adicada ao día internacional da muller. Para que aprendades cousas destas mulleres, creamos un concurso de preguntas sobre mulleres famosas que fixeron algo importante para o mundo, coa axuda das biografías que fixemos na clase de PRI.
Álvaro Brea Conde, Irea Ríos Casas e Adrián Landeira Pose.

INDIA
Con esta presentación da India veremos diversos aspectos da súa cultura. Pero so as fotos.A vosa tarefa será poñerlle un título a cada unha delas.
26 de abr. de 2013
18 de abr. de 2013
Animáis representativos dos países deste blog: "Feira das Nacións"
De Marrocos eu quixen saber cousas dos dromedarios:
OS DROMEDARIOS
Nome científico: Camelus
Dromedarius
Nome común: Dromedario
Orde:
Artiodáctilos
Familia: Camélidos
Características:
Peso:
Entre 500 e 700 kg.
Lonxitude: Entre 2’5 e
3 m.
Altura: Entre 1’6 e
2 m.
Lonxevidade: 20 años.
Hábitat: Desertos.
Distribución: Norte de
África,Oriente Medio e Península Arábiga.
Costumes: Especie
gregaria(que sempre ten as mesmas costumes).
ALIMENTACIÓN :
Herbívora.
REPRODUCCIÓN :
Xestación
de 15 meses. Parto 1 cría.
Os
dromedarios son usados polo home para obter produtos como leite, carne, lá e incluso o seu excremento é moi usado como combustible.
Os camelos son mamíferos que teñen dúas xorobas a diferenza dos dromedarios que só teñen unha. A función das xorobas en ambos é a mesma. Alí almacenan a auga e a enerxía que utilizarán en caso de secas. Cando esta quédase sen reservas vólvese blanca e branda.
De España e Portugal eu quixen saber máis do: Lince Ibérico
O lince ibérico garda gran semellanza con
outras especies de felinos, tales como o
gato montes o ou mesmo o puma
Atópanse exclusivamente en zonas moi
restrinxidas de España e Portugal tales
como áreas do bosque mediterráneo con
abundantes matorrais, nas cales non hai actividade humana . En Galicia considérase extinguido desde os anos 1980-85, datas
abundantes matorrais, nas cales non hai actividade humana . En Galicia considérase extinguido desde os anos 1980-85, datas
nas que aínda se cazaba en zonas do este e sur da provincia de Ourense
É o único carnívoro especializado en coellos; tamén é un áxil cazador que vive de maneira solitaria e nómade.
Móstrase máis sociable na época de celo, que comeza entre xaneiro e febreiro; alcanza a súa madurez sexual ao ano e medio de vida e adoita vivir entre 10 e 15 anos.
Caza á primeira hora da mañá e á última da tarde. Localiza a presa coa vista e o oído. Agóchase entre os matos, achégase coidadosamente á presa e posteriormente arrebólase sobre ela cun chimpo curto e rápido, Adoita vivir de maneira solitaria e nómade e a súa época máis sociable é a do celo,que comprende desde finais de decembro a mediados de febreiro, na que a femia queda preñada.De China eu escollín o: OSO PANDA
O oso panda ou panda xigante é un vertebrado mamífero en perigo de extinción, tan só hai 1600 vivindo na selva e 188 en catividade. Xeralmente viven en rexións montañosas, como en Sichuan ou no Tíbet. O principal alimento do panda é o bambú (en torno ao 99% da súa dieta), aínda que tamén se alimentan de froitos, pequenos mamíferos, peixes e insectos. É un bo trepador, aínda que poucas veces se lles ve subidos aos árbores, grazas ao seu pelaxe, adáptase as condicións invernais. A pesares de pertencer a orde dos carnívoros, o 99% da súa dieta consiste en vexetais, como o bambú, sementes, pequenos brotes. Anque tamén come pequenos vertebrados como ratos. O seu sistema dixestivo non está adaptado totalmente as moléculas da celulosa, contidas no bambú, por iso necesitan comer 40kg de bambú ao día (dos que 23kg de media son defecacións). Actualmente segundo a axencia de notacións, o panda está en un gran problema de extinción pola deforestación do bambú. A xestación das crías dura aproximadamente 135 días.
Normalmente nacen unha ou dúas crías, se se da o segundo caso, a nai só criaría a unha, a que vira con máis posibilidades de sobrevivir.
As expectativas da vida de un oso panda son de 12 anos, aínda que o oso panda que se criou en cativerio máis vello foi unha femia chamada Meimei, que morreu aos 36 anos (equivale a 144 anos humanos)
Adrian Landeira Pose
A min chamoume a atención o: Guacamaio azul de Brasil
Vive nas árbores ocas, palmas e ocos de rochas. Métense nas caixas niño colocadas nas árbores polo home, para a preservación. O número de ovos pode ser de un a tres. A incubación dura uns 30 días. Os xoves deixan o niño de dous a tres meses de nacidos. Despois permanecen cos seus pais por máis de seis meses, aprendendo a sobrevivir. Unha vez que se separan dos país únense agrúpaos cos da súa propia especie. Son adultos a idade de sete anos. A alimentación está baseada en sementes grandes, complementada con froitas.
En Romanía hai osos pardos, eu quixen saber cousas da súa vida porque neste momento están en perigo de extinción.
OSO PARDO
Nome: Oso PardoLonxitude: 172 e 284 cm e cola 6 a 22 cm
Peso:780 kg
Esperanza de vida:20 a 25 anosAlimentación: Eles son omnívoros, alimémtanse de: plantas, froitas, insectos, ratos, salmón, troita, mamíferos do medio etc.
Características:
O oso é un dos maiores animais. O seu peso varía de acordo coa estación do ano. Isto é porque durante o verán teñen que comer moito para despois poder sobrevevir sen problemas durante a hibernación de inverno.
Os osos viven sos, excepto as femias viven cos seus fillos. Con todo, se hai unha fonte abundante de alimentos, os osos non lle importa reunirse para comer xuntos. (Os osos viven por toda Europa, Asia, América e Romanía). As femias poden ter crías de 5-7 anos de idade. O fillo do oso é o menor de todos os bebés mamíferos en comparación co peso das súas nais. Ao nacer, os fillos pesan preto de350 gramos . As femias teñen xeralmente entre 2 e 4 fillos.
Peso:
Esperanza de vida:
Características:
O oso é un dos maiores animais. O seu peso varía de acordo coa estación do ano. Isto é porque durante o verán teñen que comer moito para despois poder sobrevevir sen problemas durante a hibernación de inverno.
Os osos viven sos, excepto as femias viven cos seus fillos. Con todo, se hai unha fonte abundante de alimentos, os osos non lle importa reunirse para comer xuntos. (Os osos viven por toda Europa, Asia, América e Romanía). As femias poden ter crías de 5-7 anos de idade. O fillo do oso é o menor de todos os bebés mamíferos en comparación co peso das súas nais. Ao nacer, os fillos pesan preto de
Resume características:
*Son vertebrados mamíferos.
*Son vertebrados mamíferos.
*Son sexuais, vivíparos.
*Son onmívoros.
*É placentario, aliménta as crías através dunha bolsa chamada placenta.
Fabiola González Viqueira
Eu escollín o O xaguar colombiano
O xaguar e un mamífero que pesa entre 50 e 150 kg . A súa lonxitude é de 1.70 a 2.30 m, e de altura 1 m. Poden vivir ata 20 anos, habita na xungla e distribúense por América do sur, Centroamericana e non sureste dos Estados Unidos, é unha especie solitaria e territorial, é carnívoro,
En contraste cos outros grandes felinos, o xaguar gruñe pero rara vez roxe.
Posúe hábitos nocturnos, aínda que ten algo de actividade durante o día. Grazas a estudos de radio seguimiento sóubose que adoitan estar activos o 50 a 60% do día (contando as 24 horas); é un excelente cazador.
Ao estar habituado a biomas selváticos con pouca luz (aínda que a súa área de dispersión chegou a abranguer pradarías e estepas), posúe ollos que lle permiten unha notable visión na escuridade.
Por outra parte, e a diferenza doutros felinos, son excelentes nadadores e están tamén adaptados para a caza de presas acuáticas e subacuáticas dende a superficie; en tales casos, as vibracións dos peixes, e tartarugas chéganlles nitidamente a través das súas patas e bigotes. Daniel.
Posúen dous tipos de protuberancias na cabeza: unha crista e uns lóbulos que colgan a ambos os dous lados do pico. O dorso cóbreo unha capa de plumas douradas dende o colo ata as costas.
Os galos e as galiñas distinguirse ambos os dous a simple vIsta. Os machos son máis grandes, medindo en torno aos 50 cm e
chegando a pesar ata 4 kg Poseen unha gran crista avermellada
na cabeza, a cal se interpreta como símbolo de dominancia.
Dise que os exemplares de galo vermello salvaxes posúen cores máis brillantes que os seus parentes domésticos. A cola está composta por plumas escuras grandes e brillan de cor azul púrpura ou verde baixo a luz. A ambos os dous lados da súa cabeza aparecen dúas manchas e as patas agrisadas. Nalgunhas razas as patas están provistas tamén de espolóns. As galiñas son máis pequenas. Non adoitan medir máis de 40 cm e apenas chegan a 2 kg de peso.
Conta a lenda que hai tempo, moito tempo atrás, un peregrino portugués con destino a Santiago de Compostela foi acusado polas autoridades de espía, así que decidiron condenalo á forca. Seguro da súa inocencia, o home pediu que o levasen ante o xuíz, o xuíz preparábase para comer un galo asado cuns amigos, entón o pelegrín afirmou: Si me aforcan e son inocente, o galo cantará . Dito e feito, aforcárono e o galo cantou. Así naceu a lenda dun dos maiores símbolos de Portugal, o Galo de Barcelos.

Sergio Arias Garcia
O tigre de bengala, tamén coñecido coma tigre real ou tigre indio é una subespecie de tigre que habita na India, Nepal e Baña. A súa pel é xeralmente de cor laranxa ou leonardo,aínda que existe unha mutación xenética que produce que a pel laranxa sexa substituída polo color branco. A estes tigres chámanselles tigres Blancos.Como todos os tigres son solitarios e xeralmente non viven en grupos.
Os machos coidan un territorio onde viven varias femias coas que se aparean.
A esperanza de vida para os tigres de Bengala machos é de entre 10 e 12 anos, mentres que para as femias é un pouco máis larga, sen embargo, os exemplares en cautividade poden chegar a vivir hasta 26 anos.
José Barreiro Hernández
José Barreiro Hernández
De Galicia eu escollín o: raposo
A maioría dos raposos viven entre 5 a 7 anos en liberdade. Son os máis pequenos da familia. Os raposos non soen estar en manadas. Son solitarios e cazan as súas presas para alimentarse. Soen cazar (especialmente roedores), empregando unha técnica de salto. María Carballeiro Casas |
Na India as vacas son seres sagrados aos que se lles renden homenaxes. No seu momento a súa relixión estableceu que estaba prohibido comelas; a razón era porque xa morría moita xente de fame e frío e si se comían as vacas a situación empeoraría, porque daban alimento, (leite) e combustible (dos excrementos) .
Por iso, na India é común ver as vacas deambular polas cidades ou como parte da familia dos agricultores. Adórnanas con grilandas e borlas, rézaselles se se enferman, cando nace un becerro reúnense os veciños e os donos para festexalo, e así mesmo tráese a un sacerdote para que anime a celebración. Non obstante á primeira vista as vacas parecen ser inútiles, desnutridas e enfermas. Vagan libremente entorpecendo o tráfico nas cidades.

Iván Rodriguez Paredes
18 de mar. de 2013
8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O alumnado de secundaria, para o día da muller traballadora, fixemos un proxecto ca participación dos departamentos de sociais, naturais, lingua galega, lingua castelá e plástica, e as titorías de 1º, 2º e 3º.
Consistiu no seguinte:
1) Primeiro puxémonos por parellas para buscar e elaborar unha biografía sobre unha muller famosa que fora dun dos oito países do proxecto e que tivera algún vínculo coa materia que daba o profesor. Por exemplo: En Ciencias da Natureza, fixemos biografías de científicas famosas. Nas outras materias e cursos seleccionaron mulleres importantes do mundo en deporte, literatura, ciencia, música, historia…
2) Cada un@ de nos fixemos unha diapositiva de Power Point coas biografías, no que figuraban: Data de nacemento e morte (en caso de que falecera), profesión e nacionalidade. Destacamos cales foron os seus logros e de que xeito contribuíu á sociedade. Tamén incluímos o que máis nos impresionou da súa vida.
3) Os Power Point foron enviados por correo electrónico e escaneamos os debuxos que fixemos en plástica. @s de terceiro fixeron o rótulo para un mural con todas as biografías e todos os debuxos que colocamos no corredor.
4) A titora fixo un power point con fotos e con todas as biografías. Aquí o podedes ver.
Opinión persoal do proxecto: A min este proxecto gustoume moito, xa que aparte de ser entretido tamén aprendes cousas importantes de xente importante, información que pode ser moi útil no futuro. Doulle un 9.
Etiquetas:
biografias,
C. Sociais,
c.naturais,
galego,
igualdade de oportunidades,
L. Castelá,
muller,
plástica,
power-point,
pri
3 de mar. de 2013
O SEXISMO NOS CATÁLOGOS DE XOGUETES
Antes de Nadal fixemos una traballo sobre a publicidade de xoguetes. Trouxemos a clase moitos catálogos de xoguetes de diferentes marcas e botámoslles unha ollada primeiro.
Logo, puxémonos as “gafas violetas” e miramos os catálogos polo miudiño, fixándonos en cada detalle. A mestra íanos dicindo no que fixarnos: quen sae na foto, que está facendo, a que xoga, que profesións aparecen... Entre toda a clase, saíron moitísimas ideas, porque quen non vía unha cousa, vía outra. Recortamos as fotos dos catálogos para facer uns cartaces.
A verdade é que, ao ata que non chegamos a poñer todas as fotos xuntas, non nos parecía que houbera tanto sexismo nos catálogos dos xoguetes. Quedamos moi sorprendid@s. En outros cursos tamén analizaron catálogos e sacaron as súas conclusións en posters.
Aquí abaixo tedes unha presentación que resume algunhas das observacións e conclusións as que chegamos.
Etiquetas:
igualdade de oportunidades,
muller,
power-point,
pri,
xoguetes
25 de feb. de 2013
14 de feb. de 2013
RAP: RESPECT
Onte atopei este video en You Tube e penso que ilustra moi ben o espíritu do noso proxecto interdisciplinar. ¿Que pensades? Espero os vosos comentarios neste post.
ELECCIÓNS XENERALES
Un día, xa fai tempo, Myriam, a nosa titora, trouxo unhas fotos de rapaces e rapazas dos distintos países da feira e fixemos un xogo. o xogo consistiu en adivinar a nacionalidade des@s nen@s e marcar un punto si o averiguábamos. Divertímonos moito.
A mestra ía ensinándonos os retratos e nos íamos dicindo de onde eran. Nos pensabamos que sería fácil, pero non, era moi difícil.
Por exemplo, confundíamos os de Dakar cos de Brasil ou Colombia.Para min os máis fáciles de recoñecer eran os retratos de China polos seus ollos.
Cando acabamos contamos os acertos que tivemos e a profesora mandounos de deberes que buscaramos os nomes máis comúns de nenos e nenos deses oito países. Logo enviamos a nosa busca por correo electrónico.
A semana seguinte, fixemos unhas eleccións. Entre todos os nomes que atopamos, escollimos os que máis nos gustaron. Os que máis votos tiveron foron os elexidos para poñer en cada retrato. Despois das eleccións, puxémonos mans a obra. Cunhas pegatinas verdes e brancas pegámoslles o nome aos retratos de nenos e nenas que temos no corcho para indicar o seu nome.
Opinión persoal:
Este traballo gustoume moito polo interés que lle puxemoslle as ganas. Pasámolo moi ben e rimos moito. Oxalá sexa así sempre.Nota:10
Así foi como quedou:
Fabiola e Irea
2 de feb. de 2013
¿NECESITAS SONREIR?
Cando vin este video lembreime da idea do pai de Binta. Resulta que non é tan descabelada.
29 de xan. de 2013
Portugal : a oliveira
A
oliveira, cuxo nome botánico é Olea sativa Europea, pertence á familia das Oleacea, é unha planta perenne que de acordo coas áreas
xeográficas de crecemento, ten variedades diferentes.
A
olivicultura ten orixes antigas. A área de crecemento é típica da costa do
Mediterráneo, entre os paralelos 35 ° e 45 ° de latitude norte.Hoxe
en día atopamos tamén oliveiras en rexións remotas, como Estados Unidos, ou nos
países do hemisferio sur, como Arxentina, Nova Celanda ou Australia.
Brasil: Pino do paraná
Pino do Paraná
Orixe – nativo do sur de Brasil e norte de Arxentina.
A súa madeira e fácil de traballar e utilízase na construcción.
As suas sementes son comestibles e o seu uso e máis forestal que ornamental.
Multipícase por sementes.
Ten que ter moita separación entre as sementes porque colle moito grosor.

Resumen De Palabras De Caramelo
No club de lectura no primeiro trimestre limos un libro titulado “Palabras de caramelo do autor Gonzalo Moure. Aquí vou facer un resume e dar a miña opinión sobre o mesmo. A historia desenrólase no Sáhara, o protagonista é un neno chamado Kori e vai do seguinte:
Kori é un rapaz saharaui xordomudo, na escola especial a que él iba, so debuxaban, aprendían a atarse os cordóns... As cousas máis sinxelas pra poderse defender eles solos.
Kori ao ser xordo non sabía o que dicían as demais persoas, salvo os nome que recordaba cos movementos dos beizos. Por exemplo: El era Kori (boca pechada, boca estirada), e súa nai Mahfuda (beizos pechados, boca aberta, boca pechada, boca aberta).
A Kori gustábanlle moito os animais, pero en especial un: O camelo. No Sáhara os camelos son animais de gando, como aquí as vacas. Criábanas e cando se facían maiores sacrificábanas.
Kori non sabía que os camelos non falaban, porque ao regurxitar a comida movían a boca e os beizos, polo tanto Kori pensaba que os camelos falaban.
Os tíos de Kori tiñan unha camela, e, cando saía da escola, sempre ía ver a camela. Un día Kori í a ver a camela e , ao chegar, tiña unha cría, a que Kori decidiu chamarlle caramelo, polo seu cor.
Kori aprendeu a escribir e sempre que ía ver o camelo levaba papel e bolígrafo pa anotar o que o camelo lle “dicía”.
Kori fíxose moi amigo do camelo, o camelo foi medrando e chegou a hora de sacrificalo, pero non quixeron dicirlle nada ao neno porque era moi amigo do camelo. Kori ao final acabouse enterando e decidiu marchar co camelo ao deserto do Sáhara. Ao final seu pai e seu tío fóronos buscar ao deserto porque senón morrerían sen auga e comida.
Chegou o día do sacrificio e Kori Foi con seu tío e dous honorables homes do poboado a ver como sacrificaban ao camelo. Levou con el papel e bolígrafo para anotar todo o que lle dicía o camelo antes e durante o sacrificio. O camelo empezou a mover os labios e seu tío degolou a cabeza do camelo, o cal berraba e movía o beizos. E Kori aguantou durante o sacrificio e viu como mataban ao seu mellor amigo. Ao escribir todo o que seu amigo o camelo decía, saíulle un poema que en realidad escribira él porque os camelos non falan.

Kori medrou e seguiu escribindo poemas, ata que se fixo un xoven poeta moi reconocido en todo o país. O poema que Kori escribiu chamouse “Palabras de Caramelo”, como o seu amigo o camelo.
A árbore de Buda
A árbore de Buda (Bodhi) :
Según contan os textos budistas, Sakhiamuni Gautamá sentouse debaixo de esa árbore durante semanas.Como empezou unha terrible tormenta, de debaixo das raíces da árbore surxíu Muchilinda, o rei das serpes,enroscouse ao redor de Gautama e cubriuno coa sua caperuza. Gautama finalmente acabou a iluminación espiritual e converteuse en Buda e orixinou a relixión do budismo.
.Esta árbore tornouse un lugar de peregrinación, mesmo durante a vida de Buda. O Rei Asoka ía todos os anos para homenaxear a árbore Bodhi, e todos os anos pagaba un festival na súa homenaxe. Tissarakkhā, a súa esposa estaba con ciúmes da árbore. Ela converteuse en raíña no ano 16 do reinado de Asoka, e tres anos máis tarde, él matou a árbore vella e plantou unha rama da árbore orixinal (ou outra árbore da mesma especie: Ficus relixiosa). Ao seu lado construíuse un mosteiro que foi chamado Bodhi Manda Vijara.
Maria carballeiro casas

![]() |
| A árbore Bodhi na actualidade |
![]() |
| Templo Bodhi Manda Vijara |
21 de xan. de 2013
11 de xan. de 2013
TULIPÁN
Tulipán
Os tulipáns cultívanse moito na China.
Un mozo chamado Farhad, príncipe, según algúns, namorouse profundamente da doncela Shirin.
Un día, recibiu a noticia de que a súa amada fora asasinada (descubriuse que era só un rumor) e , destrozado coa pena, montou no seu cabalo favorito e galopou ata un penedo onde se lanzou e morreu.
Das súas numerosas feridas e pingas de sangue no chan brotou un tulipán, un símbolo do amor perfecto. Así, na antiga Persia, o tulipán vermello é considerado o símbolo por excelencia do amor apaixonado
Nome científico: Hibiscus rosa-sinensis
Lugar de orixe: China
Cor: Moitas cores
Erroneamente chamado "Tulipán" Hibiscus é unha planta perenne tipo de arbusto, existen moitas variedades e tamaños diferentes, maioría produto híbrido de cruzamentos con outras especies, dá unha fermosa flor dura só un día, por desgraza,dura só un día.

Fabiola González Viqueira
A Árbore Bodhi.
A árbore de Buda :
Según contan os textos budistas, Sakhiamuni Gautamá sentouse debaixo desa árbore durante semanas.Como empezou unha terrible tormenta, de debaixo das raíces da árbore surxíu Muchilinda, o rei das serpes, enroscouse ao redor de Gautamá e cubriuno coa súa caperuza. Gautamá finalmente acabou a iluminación espiritual e converteuse en Buda e orixinou o budismo.
Buda cheo de gratitude coa árbore, despois da iluminación, parou diante da árbore cos ollos abertos, sen pestanexar por unha semana enteira.Esta árbore tornouse un lugar de peregrinación, mesmo durante a vida de Buda. O Rei Asoka ía todos os anos para homenaxear a árbore Bodhi, e todos os anos pagaba un festival na súa homenaxe. Tissarakkhā a súa esposa estaba con ciúmes da árbore. Ela converteuse en raíña no ano 16 do reinado de Asoka, e tres anos máis tarde, el matou a árbore con espiñas e plantou unha rama da árbore orixinal (ou outra árbore da mesma especie: Ficus relixiosa). Ao seu lado construíuse un mosteiro, que foi chamado Bodhi Manda Vijara.
Irea Ríos Casas.

Plantas da China
AS PRANTAS
TRADICIONAIS DA CHINA
A China e un dos países nos que a alimentación está
composta maioritariamente por arroz e moitas prantas, é dicir que teñen unha
alimentación moi saudable.
En China é moi común o cereixo que ten unhas follas
rosas e moi bonitas especialmente na primavera
Pero a árbore
que representa a china é o “shishu”ou “shihua”, en español chamase “Guahi”.
Esta árbore e moi común en China, pero especialmente en Pekín (Capital de
China). E una árbore que non necesita moita auga cando é novo. Se a árbore ten pouca auga
dificilmente consegue sosterse dereito.
En China tamén teñen una flor representativa chamada
“Baiyulan”, é mais común en Shangai pero representa a toda China.
É una flor que é moi bonita e só florece en primavera,
pero cando o fai ábrese rápido e rapidamente e a súa
duración e moi curta.
Adrián Landeira Pose
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)