21 de xan. de 2012

O ANO DO DRAGÓN. O ANO NOVO CHINÉS

O ANO NOVO CHINÉS

Este ano é o ano do dragón.
Sorprendeume moito saber que o ano novo non é a mesma data para todo o mundo. Na India este ano celebrouse o 26 de outubro e para a comunidade chinesa este ano é o 23 de xaneiro. Pero o día do ano novo vai cambiando porque o calendario chinés combina o calendario solar e o lunar.
Esta antiga cultura está extendida por todo o planeta e a o ano novo chinés celébrase en todos os lugares do mundo onde haxa unha comunidade chinesa, dende San Francisco a Barcelona ou Madrid. É a festividade más importante e máis longa no seu calendario. Dura 15 días.
O ano novo chino está cheo de símbolos, tradicións coloridas e unha mensaxe de paz e boa sorte para o ano que vai vir.
A lenda
As tradicións chinesas son fascinantes. Todo comezou cunha famosa lenda. A cruel besta Nien gustáballe comer a xente a víspera de ano novo. Cada recorte de papel, cada lanterna, cada petardo no Ano Novo é algo para escorrentar á besta. Nien ten medo da cor vermella, dos ruídos fortes e do lume. Pola mañá a xente celebra o eu éxito sobre nien un ano máis.
Tradicións
Durante o festival, a xente compra regalos e limpan a casa para librarse da mala sorte. Abren portas e ventás para deixar sair ao ano vello e píntan crstais e portas de vermello e decóranas con papeis vermellos cortados.
Outras tradicións son regalar cartos @s nen@s dentro dun sobre vermello, ir visitar a familiares e amig@s e facer un desfile con traxes de cores e un dragón que da boa sorte.
Hai unha comida especial para esta festa. O polo enteiro simboliza que a familia está xunta, as mandarinas, laranxas e outros cítricos dan boa sorte e os rollitos de primavera simbolizan a riqueza.

Marta Veiras

13 de xan. de 2012

OS PAISES EN INGLÉS

Durante a primeira avaliación, fixemos un traballo en inglés sobre os países dA feira. En primeiro lugar, tivemos que respostar una serie de preguntas sobre datos: a súa capital, o número de habitantes, as linguas oficiais… Para conseguir a información, tivemos que consultar wikipedia en inglés.
Outro día, Cassandra explicounos (en inglés) como facer un power point. E volta a empezar, fixemos a frases máis sinxelas para as diapositivas e buscamos fotos para cada una delas. Aquí tedes o resultado.