20 de xuño de 2012

A GRAN MURALLA CHINA


Un pouquiño sobre a súa popularidade:
A Gran Muralla China foi declarada patrimonio Mundial da UNESCO en 1987 e a súa quilométrica estrutura de pedra é una das maiores atraccións turísticas do mundo,é nada menos que o undécimo lugar máis visitado do planeta!

Un pouquiño sobre a súa estrutura:
A súa lonxitude actual é de 8.851 Km tras descubrir sobre uns 2.000 Km novos. Mide una media, de 6 a 7 metros de alto y de 4 a 5 metros de ancho. Na zona máis alta da muralla  elevase a máis de 3.500 metros!
Os materiais usados son os que había dispoñibles na zona, por iso, son diferentes segundo a zona da muralla. Cerca de Pekín utilizouse pedra caliza, e logo principalmente usouse o granito e o ladrillo cocido,. Básicamente era un largo valo de arcilla e area cuberto con varias paredes de ladrillo, esas paredes foron as que a fixeron moi resistente aos impactos das armas de asedio.

Un pouquiño da súa historia:
Foi  creada  por  Qin Shi Huang no ano 221 a.C.
Contan que os miles de obreiros que morreron mentras a construían foron enterrados nos seus cementos,pero en realidade foron enterrados  nas súas  inmediacións.
Na súa época de esplendor estivo custiodada por máis de 1.000.000 de soldados  nun  recorrido que chegou a alcanzar os 20.000km.

Miriam Baleato
Sheila Bouzas

NI UNO MENOS

 A película narra a historia dunha nena de 13 anos, Wei Minzhi, que ten que sustituir durante un mes ao seu mestre, por orden do alcalde, nun pequeno e  aillado pobo das montañas. O profesor deixalle un anaco de xiz para cada día e a promesa de que lle dará 10 yuan se nengún estudiante abandona a escola ata o seu regreso. Pero o revoltoso Zhang Huike abandona a clase para ir á cidade en busca de traballo e a abnegada Minzhi buscará o xeito de traelo de volta.



                                                       

17 de xuño de 2012

Debuxo animado de 1950, unha xoia

Atendendo a unha solicitude do goberno americano, que buscaba unha política de achegamento co Brasil, Walt Disney fixo nos anos 50, este e outros cortos. Esta marabilla de debuxos foron todos feitos a man, sen ordenadores, sen efectos dixitais e outros recursos máxicos do cine de hoxe.  E outra marabilla é que todos nós podemos entender este idioma. Este é o privilexio de falar o idioma que falamos.


 

11 de xuño de 2012

MULLER E SOBERANÍA ALIMENTARIA

¿Sabías que as mulleres producen máis da mitade dos alimentos do planeta e que, sen embargo, son as máis afectadas pola fame? O modelo actual de agricultura industrial e intensiva no so daña terriblemente ao medioambiente senón que acaba coa diversidade de cultivos e ten un impacto moi negativo coas mulleres que son as que maioritariamente labran a terra. Entrevista a Esther Vivas, investigadora e membra do" Centro de Estudios sobre los Movimientos Sociales" de la Universidad Pompeu Fabra de Barcelona. 

8 de xuño de 2012

Granxa de Xanceda e Brañas de Valga

Nesta presentación recollimos diferentes momentos das dúas saídas que fixemos:
1.- Á granxa de Xanceda
2.- Ao museo etnográfico das Brañas de Valga



Primeiro fomos  visitar a casa grande de Xanceda, unha granxa ecolóxica que fai iogures e queixos. O primeiro día que fomos déronnos unha explicación moi completa de cando e quen fundara a granxa, as vacas que había por hectárea, como as alimentaban , que facían cando enfermaban etc.
Na segunda visita fixemos un percorrido pola granxa:
- Ensináronos como se limpaba a cadra.
- Estivemos na sala de ordeño e vimos os depósitos onde se garda o leite.
- Démoslle biberon aos tenreiros que había.
- Vimos as cabras e os ponis e tamén lle demos de comer..
- Fixemos uns xogos antes de voltar a casa grande. Alí déronnos un iogur  e a proba do queixo.

Ao salir de alí, fomos ao museo etnográfico das Brañas de Valga.

-Vimos o museo e explicáronnos o proceso de recollida da arxila, os tipos de arxila que había,  unhas mostras de cerámica das máis populares de Galicia etc.
Logo fomos a unha sala e alí habbia unhas mostras de auga da lagoa artificial que se xenerou no oco onde antigamente se extraía a arxila, e tamén habia auga da billa.

- Analizamos cal delas tiña cloro, o ph  (o grao de acidez da auga), e os nitratos que se convertían en nitritos para saber si a auga estaba contaminada. Tamén nun vaso de precipitados habia un renacuaxo e un ditisco (clase de insecto) que miramos cunha lupa..
      
Aquí vos deixamos un video no que cando en Xanceda nos deixaron darlle de comer as cabras uns compañeir@s nosos non entraron pero para o seu asombro, como o caldeiro do pienso estaba fora as cabras saltaron. Vaia medo colleron!, sorte que tiña alí o meu móvil, e puden grabalos para agora, cando o vemos, botar unhas risas.
Tomás