30 de maio de 2013

AS SETE MARABILLAS DE PORTUGAL

Así como existen as sete marabillas do mundo, Portugal tamén conta coas súas sete marabillas dende 2007. Estes son os sete monumentos preferidos polos portugueses do seu Patrimonio. Foron elexidos polo público de entre unha selección de 21 monumentos nacionais por votación popular vía internet, teléfono e sms. Imos ver cales foron os gañadores deste difícil e desafiante concurso.

6 de maio de 2013

8 DE MARZO! DÍA DA MULLER

Levamos moito tempo traballando no 8 de marzo,o día da muller, e todo o noso traballo reunímolo neste photopeach. Hai mulleres que fixeron historia e moitas que aínda a seguen facendo, son científicas, presidentas, escritoras... e moitas máis. Esperamos que o pasedes ben xogando. A ver cantas acertades!
Laura Mariño Rey Adrián González Lage Daniel Castro Álvarez

MULLERES QUE FIXERON E FAN A HISTORIA

No noso grupo, fixemos un photo peach no que vos ensinamos algunhas mulleres que fixeron e fan historia. Hai cientificas,escritoras,cantantes ,presidentes e deportistas. Moitas delas gañaron moitos premios. Esperamos que o pasedes ben xogando.
 María, José, Iván e Sergio

5 de maio de 2013

CHINA

China, ese inmenso e marabilloso país, enigmático e ao mesmo tempo tan cercano a nos en tantas ocasións. Imos dar un paso máis para coñecelo un pouco mellor.

COLOMBIA

En Colombia hai unha gran variedade cultural, a súa natureza, a música, as tradicións, a gastronomía, a arte. Todo isto fai de Colombia un país marabilloso. Imos coñecelo un pouquiño con estes dous glogs.

MARROCOS

Como xa sabemos unha das linguas oficiais de Marrocos é o francés. Este glog debúxanos algo da súa cultura. Penso que será fácil de entender; xa me comentaredes.

BRASIL

Brasil, Brasil, como no, como no.
Xeografía, música, deporte, cultura, historia....
Esta vez imos ler en inglés e coñeceremos ademáis esta ferramenta dixital chamada Glog. É simplemente un poster interactivo.

3 de maio de 2013

CONCURSO DE MULLERES FAMOSAS

Para celebrar o dia 8 de marzo fixemos un photopeach das mulleres famosas . Ao noso grupo gustounos moito esta actividade xa que aprendimos moitas cousas novas sobre as mulleres, xogando na clase .Tamén aprendimos a facer un photopech ,foi unha das mellores actividades que fixemos porque foi moi entretida.

Fabiola González Viqueira, José Luís Mirás Otero e Manuel Vázquez Noya.

2 de maio de 2013

8 DE MARZO DE 2013

8 de Marzo 2013 Esta entrada vai adicada ao día internacional da muller. Para que aprendades cousas destas mulleres, creamos un concurso de preguntas sobre mulleres famosas que fixeron algo importante para o mundo, coa axuda das biografías que fixemos na clase de PRI. Álvaro Brea Conde, Irea Ríos Casas e Adrián Landeira Pose.

8 DE MARZO DE 2013

Esta entrada vai adicada ao día internacional da muller. Para que aprendades cousas destas mulleres, creamos un concurso de preguntas sobre mulleres famosas que fixeron algo importante para o mundo, coa axuda das biografías que fixemos na clase de PRI.

 
 Álvaro Brea Conde, Irea Ríos Casas e Adrián Landeira Pose.

INDIA

Con esta presentación da India veremos diversos aspectos da súa cultura. Pero so as fotos.A vosa tarefa será poñerlle un título a cada unha delas.