11 de maio de 2014

PALABRAS DE CARAMELO

Un dos libros que limos na clase de galego na 1ª avaliación foi "Palabras de Caramelo" de Gonzalo Moure. Gustounos moito e o mes pasado fixemos este móbil que representa unha das frases do libro: Nas nubes hai camelos brancos que pacen herba de algodón.

MISIÓN: ACABAR CO ACOSO ESCOLAR

Publicamos aquí un video do proxecto sobre acoso que realizamos durante marzo e abril. primeiro comezamos vindo unha película "Acoso nas aulas" e reflexionando por escrito sobre o tema do acoso. Despois de analizar a película, fixemos os noso proxectos en grupos de 4. Presentámolos na clase e entregamos a toda uns dípticos e trípticos coa información dos traballos. Finalmente organizamos unha exposición con todos eles e valoramos a actividade e os traballos dos grupos.