25 de nov. de 2013

AULAS SEPARADAS

E ti, que pensas? mira o video e fai un comentario coa túa opinión.

CUCHILLAS QUE MATAN OS SOÑOS

Este poster interactivo explica a situación na que se atopan miles de seres humanos que tratan de fuxir da miseria dos seus paises e acceder a Europa dende Melilla. Aprenderemos sobre a vala construida para conter a estas persoas, sobre o seu sofremento e as consecuencias. Coñeceremos a opinión de diferentes ONGs, da igrexa e do goberno. E, a través de Change.org, teremos a posibilidade de cambiar o mundo. Aquí podes ler a carta para a petición da retirada das concertinas escrita polo escritor Enrique Laso ao Ministerio do Interior.

AS CUCHILLAS EN MELILLA VIOLAN OS DEREITOS HUMANOS

O goberno volve a colocar cuchillas na vala de Melilla. A vala de Melilla é realmente unha alambrada metálica de 7 metros de altura e 12 km de lonxitude, unha barreira física de separación entre Marruecos e a cidade española de Melilla. Son 12 km de alambre, cuchillas y mallas "antitrepa" para conter o soño europeo de miles de persoas.

24 de nov. de 2013

A INMIGRACIÓN

Eu penso que a inmigración e moi dura porque non coñeces a ninguén, non sabes o idioma... Son moitas cousas xuntas. Nalgúns países discriminan á xente por ser de outro color ou por ter os ollos de outra maneira. Eu penso que tería que ser en todos os países igual. Quero decir que en ningún país se debería discriminar a ninguén. ADRIÁN BREA

INMIGRACIÓN

Eu penso que algunhas persoas cando ven un inmigrante poñense a insultalo,a burlarse del e a facerlle bromas.Eu creo que en vez diso o que habería que facer, sería apoialos para que se sintan ben e se integren ben no noso país.
Samuel Deus García

23 de nov. de 2013

A INMIGRACIÓN

Paréceme un tema moi serio, porque hai moitos inmigrantes que teñen fill@s, e el@s pásanno moi mal porque os marxinan, insúltanos, trátanos mal... E nós temos que pensar se inmigraramos ao estranxeiro, gustaríanos que nos traten ben e non nos discriminen. Nerea P.

INMIGRACIÓN

Eu creo que os inmigrantes deberían ter os mesmos dereitos ca todos porque senón se os españois tiveramos que volver a emigrar tampouco teríamos dereitos.
LUCAS PAZ GONZÁLEZ

22 de nov. de 2013

INMIGRANTES

Ola son David e a miña opinión sobre a inmigración e que se ves dalgún país Africano pódente matar, ir a cárcel, mandarte de volta para África... Iso é cando son pobres porque cando son ricos poden facer o que queren coma se fosen de aquí. E penso que sería mellor se tratara igual a todas as persoas, tanto aos ricos coma aos pobres. Porque se nós tiveramos que emigrar a outro país, creo que nos gustaría que nos tratasen ben. Entón nós, para que nos traten ben fóra, tamén temos que tratar ben a todos tanto aos africanos coma os chinos... DAVID BOO

INMIGRANTES

Moitos/as inmigrantes son maltratados/as,sobre todo por ser de cor. Eu penso que non debería ser así,porque non deberían ser maltratados/as. Sei de un caso no que unha persoa de cor estaba xogando un partido de fútbol, fixo unha falta e, algunhas persoas do público comezaron a insultalo chamándoo "negro" xa que non tiña nome na camiseta. Podíanlle chamar polo número da camiseta e non faltarlle ao respeto.
ANTÍA

A INMIGRACIÓN

Eu creo que os inmigrantes pásano mal. Non debería ser así. Todas as persoas temos os mesmos dereitos e non é xusto que un inmigrante non teña os mesmos dereitos ca un que sexa do propio país. Donde eu vivo hai moitas nacionalidades,por exemplo, os meus veciños de enfrente. O home é de África,non sei de onde. As veciñas dunha amiga miña son de Arxentina. O que eu quero dicir é que os inmigrantes teñen os mesmos dereitos ca nós. Non sería xusto,por exemplo, se nós imos a Brasil e nos marxinan por ser españois. Así que eu creo que todos deberíamos ter os mesmos dereitos.
IRENE 1º

21 de nov. de 2013

MOSTRA DE INSTRUMENTOS DO MUNDO

A semana antes do concerto fomos ver unha exposición de instrumentos de todo o mundo. Os instrumentos trouxéronos a mestra de inglés, o mestre de música e galego e o de tecnoloxía . Na exposición hai máis de 40 instrumentos de todos os continentes. Hai instrumentos de percusión ,de vento e de corda. Todos moi diferentes. Na clase de PRI fixemos varias actividades en grupos de 4. Primeiro, clasificamos os instrumentos polo continente ao que pertencían. Cando comentamos a actividade vimos que non era tan fácil. Despois a mestra dounos uns post-its cos nomes dalgúns instrumentos e en grupo tivemos que identificalos. Tamén dixemos a que familia pertencían. Logo toda clase compartimos o que fixemos. O que máis nos gustou foi á semana seguinte, cando na clase de PRI fomos a aula da exposición a tocar os instrumentos. En fin , foi a nosa primeira exposición de instrumentos de todo o mundo. !Foi xenial! S.Vieites, Yago, Lucas, González e Nerea Música: María Rita (Brasil). Canción: "O Homen Falou"

O BOSQUEXO DO MUNDO: SENSACIÓNS

O martes 22 de outubro fixemos una saída ao auditorio de Galicia. Primeiro asistimos ao concerto de música senegalesa . Cando rematou, visitamos unha exposición de arte contemporáneo na planta de abaixo. Despois de vela, cada unh@ eliximos una obra e fixémoslle una foto. Na clase de galego escribimos una descrición da obra que escollemos. Logo, mandámoslle a mestra a foto e máis o traballo por correo electrónico e ela fixo un libro dixital. Aquí tedes o resultado dos nosos traballos. Nando, Olaia, Marcos, Adrián, S. Deus.
A foto de Olaia non está incluida no libro dixital, así que cólgoa aquí debaixo para que lembredes a obra sobre a que fixo o seu traballo.

5 de nov. de 2013

ARTE AFRICANO: SILUETAS

Un día a mestra proxectou na pantalla dixital unas imaxes de artistas senegaleses. Eran cadros que representaban diferentes escenas da vida do país. Había algún que estaban tocando instrumentos musicais, outros machucando grao mentres coidaban aos rapaces, mulleres que levaban auga, homes con lanzas, e outras actividades. Despois, eliximos una silueta cada unh@ de nós e debuxámola. Logo fixemos uns bocadillos e escribimos neles una frase en wolof coa súa tradución en galego. Son frases da súa cultura, algunhas delas moi parecidas as nosas. Cando rematamos, colocámolas enriba da cortiza da clase, como se estiveran camiñando pola sabana. Na clase seguinte aprendemos a facer a entrada no blogue, cada un@ de nós insertou a imaxe da súa silueta e e a frase e publicámolo. Debaixo tedes o resultado do noso traballo.
Nando, Olaya, Marcos, Adrián, S. Deus

GRIOTS E ANCIÁNS

A maioría dos pobos son de tradición oral. Son pobos que, para trasmitir a súa cultura, para ensinar as normas de comportamento en sociedade ou para coñecer a historia do territorio no que viven, non utilizan libros senón que empregan a palabra. Os Griots e os anciáns son os trasmisores da cultura en Senegal. Fan posible que esta pase de xeración en xeración. Os griots e os anciáns trasmiten contos, música, cancións, lendas, historias e poemas. Son persoas de idade avanzada e por ese motivo son moi respectados. Hai que escoitalos moi ben porque teñen moita experiencia e din cousas moi importantes. Cando morre un griot e como se queimara una biblioteca, pois na súa cabeza hai moita sabiduría. Nerea P., Laura, Damián e Antía

CONCERTO DE MÚSICA SENEGALESA

O día 22 de outubro fomos ao auditorio de Galicia en Santiago a un concerto. Os músicos eran catro homes e una muller. Os músicos entraron tocando tambores senegaleses. A muller tiñan una voz incrible e bailaba moi ben. Cando os músicos tocaban rápido, a muller seguíalles o ritmo sen ningún problema. Era incrible ver como bailaban con tanto entusiasmo. O que máis nos gustou do concerto foi a danza da choiva. Aprendemos moitas cousas relacionadas coa súa cultura e a importancia que ten a música na vida cotiá en Senegal. Aquí tedes unha presentación de fotos dese día Ao día seguinte na clase de PRI fixemos una valoración da actividade. Se pinchades aquí, podedes ler algunhas das nosas opiniónS e reflexións sobre o concerto. E aquí tedes una anaco do concerto para lembrarnos da música. Brais, Alex, David e Irene.

APRENDEMOS WOLOF

BAYUMALA TE QUIERO
Yago Rey

APRENDEMOS WOLOF

LU WAAY RINDI CI SA LOXO LAY NAAC TARDE OU CEDO, NA VIDA OS NOSOS ACTOS ATRAPANNOS
Nando

APRENDEMOS WOLOF

SALAM ALEKUM HOLA
Alex