25 de feb. de 2013

A NOSA FEIRA

Unha foto para que vexades como vai medrando o noso mural do corcho.

14 de feb. de 2013

RAP: RESPECT

Onte atopei este video en You Tube e penso que ilustra moi ben o espíritu do noso proxecto interdisciplinar. ¿Que pensades? Espero os vosos comentarios neste post.

ELECCIÓNS XENERALES

Un día, xa fai tempo, Myriam, a nosa titora, trouxo unhas fotos de rapaces e rapazas dos distintos países da feira e fixemos un xogo. o xogo consistiu en adivinar a nacionalidade des@s nen@s e marcar un punto si o averiguábamos. Divertímonos moito. A mestra ía ensinándonos os retratos e nos íamos dicindo de onde eran. Nos pensabamos que sería fácil, pero non, era moi difícil. Por exemplo, confundíamos os de Dakar cos de Brasil ou Colombia.Para min os máis fáciles de recoñecer eran os retratos de China polos seus ollos. Cando acabamos contamos os acertos que tivemos e a profesora mandounos de deberes que buscaramos os nomes máis comúns de nenos e nenos deses oito países. Logo enviamos a nosa busca por correo electrónico. A semana seguinte, fixemos unhas eleccións. Entre todos os nomes que atopamos, escollimos os que máis nos gustaron. Os que máis votos tiveron foron os elexidos para poñer en cada retrato. Despois das eleccións, puxémonos mans a obra. Cunhas pegatinas verdes e brancas pegámoslles o nome aos retratos de nenos e nenas que temos no corcho para indicar o seu nome. Opinión persoal: Este traballo gustoume moito polo interés que lle puxemoslle as ganas. Pasámolo moi ben e rimos moito. Oxalá sexa así sempre.

 Nota:10

Así foi como quedou:


 Fabiola e Irea

2 de feb. de 2013

¿NECESITAS SONREIR?

Cando vin este video lembreime da idea do pai de Binta. Resulta que non é tan descabelada.