13 de dec. de 2011

Regalo de Nadal




Como mestra de Naturais entrégovos este regalo de Nadal. BOAS  FESTAS!!!

Malaria


A historia da humanidade é inseparable da historia das epidemias e pandemias. Estas produciron innumerables mortes en todo o mundo, e desta forma lograron cambiar o poderío de certos países, ou mesmo axudaron a desviar o curso das guerras.
Os especialistas distinguen entre epidemias e pandemias. As epidemias son de menor escala, abranguendo só algúns países, en cambio as pandemias abranguen todo o mundo e producen millóns de vítimas.
Varias pandemias de grande escala sucedéronse na historia do mundo, e moitas máis epidemias. A maioría foron transmitidas por animais, insectos, e derivadas de enfermidades de animais.
Na sinatura de naturais estivemos recordando 10 das pandemias que mais afectaron, e moitas delas seguen afectando ao mundo; e tamén desde este departamento de Naturais  organizouse unha charla con D.Iago Vázquez, un membro fundador de la ONG ÁfricaStopMalaria.
O profesorado e alumnado querémoslle agradecer a súa  exposición que resultou: clara, concisa e amena, na que nos enteiramos de moitas cousas que non sabíamos.


12 de dec. de 2011

CHINA, RECURSOS NATURAIS

Na asignatura de naturais neste primeiro trimestre traballamos para o proxecto interdidciplinar os recursos naturais dos distintos países. A nós, tocounos China e fixemos da seguinte maneira:

Primeiro recollemos información, a mestra recomendounos algunhas páxinas de internet.
Logo repartimos o traballo entre nós, para resumilo e escoller o que nos parecía máis importante.
Por último puxemos o traballo en común e aquí vedes o resultado:
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!


Senegal e os seus Recursos Naturais

Para facer o traballo seguimos o mesmo procedemento explicado polos membros de outros grupos, e para non repetir pasamos a presentalo directamente:


RECURSOS NATURAIS DA INDIA

India.dxc

View more documents from tambre.

11 de dec. de 2011

BOTA CONTAS

Se un partido de futbol da selección Peruana sub20, se xoga en Río de Janeiro ás 22:00 horas...
 A que hora se transmite en directo por TV nas seguintes cidades?





MEDELLÍN

MARRAKECH

AGRA
IASI

PORTO

TAIPEI

ZIGUINCHOR











Vía edutekavilmer

RÍOS E MONTAÑAS

Na clase de Sociais tamén cruzamos ríos e escalamos montañas. Auí tedes os que coñecimos. 


OS RÍOS MAÍS IMPORTANTES

Cansámonos de nadar buscando os ríos que percorren estes países, pero al fin logramos chegar a beira e aprendelos:
En Brasil está o río máis longo do mundo: O río Amazonas.
Colombia: o río Putumayo.
Portugal: O río Tejo, que pasa pola súa capital, Lisboa.
Senegal: hai 3 ríos importantes, o río Senegalo Gambia e o río Casamance.
Romanía: o río Dniéster.
Marrocos: non ten ningún río importante. Hace 1000 años o río máis longo era o río Draa (uns 1.100m), que nace no alto Atlas e desemboca no Atlántico (é a fronteira con Arxelia). Actualmente, as suas augas se filtran nas areas do deserto e so en anos de chuvia excepcional recupera o seu leito. 
China: O río Huang He (río Amarillo), e o Iangtsé.
India: O famoso río sagrado para os indios, o río Ganges.

ALGÚNS RÍOS DO MUNDO on PhotoPeach

Musica:  Danza das frautas de cana da Suite O Quebranoces, de Tchaikovsky.

AS MONTAÑAS MÁIS ALTAS

Ao final de todo, cando más cansad@s estabamos, tivemos que escalar as montañas máis importantes dos países, para saber canta altura tiñan e o seu nome. Así soubemos que...

En Brasil está o Pico de Bandeira, con 2.590m
En Colombia: subimos ao pico Cristobal Colón, con 5.770m e o Alto Ritacua, con 5.493m.
En Marrocos: esquiamos no Toubkal, con 4121m.
En Senegal: Sambaya Kedougou, con 395m.
Romanía: Vf. Moldoveanu con 2.543m.
En China subimos o pico máis alto do mundo, o Everest, que ten 8848m. Está na cordillera do Himalaya que marca a fronteira entre Nepal ( o norte da India) e o Tibet (país ocupado por China).
En India,  o pico Kanchenjunga entre India  e Nepal, con 8.570m.
En Portugal fomos a serra da Estrella ao pico Estrela, que ten 1991m.

Rematamos agotad@s de tanta actividade, pero pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.

8 MONTAÑAS da FEIRA DAS NACIÓNS on PhotoPeach

Música: Danza de Trepak, da Suite O Quebranoces, de Tchaikovsky. 

FUSOS HORARIOS

Clica na imaxe parar ler algo máis sobre os fusos horarios e comproba o que sabes contestando as preguntas propostas.



Visto en  blog edutekavilmer 

QUE HORA É?


Durante esta avaliación, na clase de Sociais investigamos por parellas sobre algún aspectos xeográficos relacionados cos países de PRI: Situación, fusos horarios, ríos e montañas máis importantes.

Primeiro buscamos en qué hemisferio están situados e a súa capital.
No hemisferio norte atópanse: Colombia, Marrocos, Senegal, Romanía China, India e Portugal.
No hemisferio sur so se atopa Brasil.

Capitais:
Brasil: Brasilia                    Romanía: Bucarest
Colombia: Bogotá               China: Pekín /Beijing
Marrocos: Rabat                 India: Nova Delhi
Senegal: Dakar                   Portugal: Lisboa

Tamén investigamos os fusos horarios de cada país. Que hora é nos outros países cando aquí son as 12 do mediodía? E de día ou de noite?
Os fusos horarios son debidos ao movemento de rotación da terra. A hora solar varía de modo que en cada momento hai 24 horas diferentes sobre a superficie terrestre. Considerando a terra como una esfera e dividindo a súa circunferencia de360\ entre as 24 horas do día, resulta que a cada hora correspóndenlle 15º. Esta dimensión é un fuso horario, cada una das partes limitadas por dous meridianos separados entre eles por 15º.

Atención! Cando se cambia de posición de fuso horario, hai que adiantar o reloxo se vas cara o leste e atrasalo se vas cara u oeste.

Ás 12:00 horas en Trazo, Galicia, España...
Que hora sería en cada unha das capitais dos países da feira?
En Bogotá serían as 9:00 da mañá.
En Brasilia serían as 10:00 da mañá.
En Rabat serían as 11:00 da mañá.
En Dakar serían as 11:00 da mañá.
En Lisboa serían as 11:00 da mañá.
En Bucarest serían as 14:00 da tarde.
En Nova Delhi serían as 17:00 da tarde.
En Beijing serían as 20:00 da noite.

10 de dec. de 2011

BRASIL E OS SEUS RECURSOS NATURAIS

Na asignatura de naturais fixemos un traballo sobre os recursos naturais, a nós Iván e Marta tocounos Brasil.
Despois dunhas clases a maestra (Ánxeles) dounos unhas follas, que contiñan información, sobre ese país.
Logo, dividimos o traballo entre os dous e cada un resumiu e buscou máis información da parte que lle tocou do traballo.
Unha vez resumido xuntámolo todo e fixémolo en sucio en Microsof Office Word 2007.
Démosllo nun pendrive.
Ela correxiunolo e explicounos como o tiñamos que facer.
Dounos un prazo para facelo, entrégamelo e aquí está.

Portugal e os seus recursos naturais

Seguimos para facer este traballo a mesma técnica que explicaron xá alguns dos nosos compañeir@s
Fixemos o traballo en microssoft word e despois de correxilo pasámolo a power point. Mirade, este é o resultado:

MARROCOS E OS SEUS RECURSOS NATURAIS

RECURSOS NATURAIS DE COLOMBIA