11 de dec. de 2011
QUE HORA É?
Durante esta avaliación, na clase de Sociais investigamos por parellas sobre algún aspectos xeográficos relacionados cos países de PRI: Situación, fusos horarios, ríos e montañas máis importantes.
Primeiro buscamos en qué hemisferio están situados e a súa capital.
No hemisferio norte atópanse: Colombia, Marrocos, Senegal, Romanía China, India e Portugal.
No hemisferio sur so se atopa Brasil.
Capitais:
Brasil: Brasilia Romanía: Bucarest
Colombia: Bogotá China: Pekín /Beijing
Marrocos: Rabat India: Nova Delhi
Senegal: Dakar Portugal: Lisboa
Tamén investigamos os fusos horarios de cada país. Que hora é nos outros países cando aquí son as 12 do mediodía? E de día ou de noite?
Os fusos horarios son debidos ao movemento de rotación da terra. A hora solar varía de modo que en cada momento hai 24 horas diferentes sobre a superficie terrestre. Considerando a terra como una esfera e dividindo a súa circunferencia de360\ entre as 24 horas do día, resulta que a cada hora correspóndenlle 15º. Esta dimensión é un fuso horario, cada una das partes limitadas por dous meridianos separados entre eles por 15º.
Atención! Cando se cambia de posición de fuso horario, hai que adiantar o reloxo se vas cara o leste e atrasalo se vas cara u oeste.
Ás 12:00 horas en Trazo, Galicia, España...
Que hora sería en cada unha das capitais dos países da feira?
En Bogotá serían as 9:00 da mañá.
En Brasilia serían as 10:00 da mañá.
En Rabat serían as 11:00 da mañá.
En Dakar serían as 11:00 da mañá.
En Lisboa serían as 11:00 da mañá.
En Bucarest serían as 14:00 da tarde.
En Nova Delhi serían as 17:00 da tarde.
En Beijing serían as 20:00 da noite.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario