13 de dec. de 2011

Malaria


A historia da humanidade é inseparable da historia das epidemias e pandemias. Estas produciron innumerables mortes en todo o mundo, e desta forma lograron cambiar o poderío de certos países, ou mesmo axudaron a desviar o curso das guerras.
Os especialistas distinguen entre epidemias e pandemias. As epidemias son de menor escala, abranguendo só algúns países, en cambio as pandemias abranguen todo o mundo e producen millóns de vítimas.
Varias pandemias de grande escala sucedéronse na historia do mundo, e moitas máis epidemias. A maioría foron transmitidas por animais, insectos, e derivadas de enfermidades de animais.
Na sinatura de naturais estivemos recordando 10 das pandemias que mais afectaron, e moitas delas seguen afectando ao mundo; e tamén desde este departamento de Naturais  organizouse unha charla con D.Iago Vázquez, un membro fundador de la ONG ÁfricaStopMalaria.
O profesorado e alumnado querémoslle agradecer a súa  exposición que resultou: clara, concisa e amena, na que nos enteiramos de moitas cousas que non sabíamos.


1 comentario:

  1. A min gustoume moito esta charla porque me enseñou moitas cousas sobre a malaria.

    Adrián Recouso

    ResponderEliminar