25 de nov. de 2014

ABRE OS OLLOS

As charlas que recibimos nas semanas anteriores e as dinámicas nas que participamos, fixeron posible que nos puxeramos as gafas violeteas para poder ver o mundo dende a igualdade.

TRAZO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe plantámoslle cara á violencia contra a muller.

MANIFESTO DO 25 DE NOVEMBRO

Non é un día, é todos os días. Non é aquí, é en todo o mundo. Non é só violencia, é violencia de xénero. Porque cada semana un home asasina á súa parella ou exparella en España. Porque a pobreza, a precariedade laboral, as xornadas interminables, as responsabilidades familiares e de coidados seguen a er, maioritariamente, rostro de muller.

Hoxe somos un pouco máis conscientes desta realidade e queremos contribuír ao cambio.

Abrimos os ollos á construcción do imperio dun modelo feminino pasivo, submiso, dependente e servicial e ao imperio dun modelo masculino forte e agresivo. Porque non nos gusta a idea que teñen de nós e queremos conformar un único xénero humano.

Sabemos que eses modelos se reproducen en todos os ámbitos da nosa vida diaria: nas nosas caras, nos nosos xogos, nas nosas familias, na música que escoitamos, nas redes sociais e na nosa maneira de relacionarnos… E non é xusto! Non é xusto porque contribúe a perpetuar as desigualdades.

Queremos apostar por novos modelos de relacionarnos baseados no repecto, na igualdade, no cariño, a axuda mutua, na confianza e na liberdade, en definitiva, queremos sumarnos ao bo trato.

Queremos seguir centrando os nosos sentidos en reciclarnos medrando en igualdade. Por iso hoxe celebramos:
- Que temos voz paradenunciar o sexismo.
- Que temos ollos para ver as desigualdades.
- Que temos oídos para escoitar a dor e as inxustizs.
- Que temos olfacto para prever os riscos.
- Que temos tacto para acariñarnos.

Recíclate. Todas y todos contra a violencia de xénero!


21 de nov. de 2014

PROGRAMA IGUALAR

Este ano estamos ademáis participando no programa"Igualar, xunto con outros centros da comarca. Aquí deixamos a noticia na TVG para as familias.

MATRIARCAS

“Matriarcas” é o primeiro videoclip do novo disco de Guadi Galego “Lúas de outubro e agosto”que sairá a venda o próximo 25 de novembro. “Matriarcas” é unha homenaxe ás mulleres reais, aquelas que mostran a súa resistencia e valentía diante da vida cotiá, unha peza maxistral,  chea de emoción, que ha perdurar no tempo nesa convocatoria que fai á memoria e á presenza das mulleres, cunha dedicatoria explícita á escritora  Begoña Caamaño.


CENTROS PARTICIPANTES NO PROXECTO "O MUNDO QUE QUEREMOS"

As veces nos preguntamos. Ademáis de nós, que outras escolas participan en este proxecto?











Só outros oito!!!   Aquí están.
Non estaría xenial que todos os centros de Galicia poideran participar neste proxecto? Así seríamos moitas máis persoas para cambiar o mundo. Non?

19 de nov. de 2014

VIOLENCIA CONTRA A MULLER

E ti? Canto tempo fai que non actualizas o teu currículum?

DEREITOS DE NENAS E NENOS

En 1959 a ONU aprobou a declaración de dereitos dos nenos por iniciativa de UNICEF e dende o ano 2000 celébrase o 20 de Novembro o día internacional dos dereitos dos nenos e nenas. Con este vieo ensinamos cales son estes dereitos.



 

18 de nov. de 2014

CHANGE.ORG E AS CONCERTINAS DE MELILLA

Change.org é unha plataforma de activismo en Internet que recolle firmas para facer realidade propostas cidadás. Esta plataforma, así como Avaaz fixeron máis curta a distancia entre o desexo e a realidade a golpe de clic. As campañas conducidas por estas organización poden poñer freo a leis e actuacións inxustas. Calquera persoa en calquera lugar pode iniciar unha campaña, pero a resposta varía moito en cada caso. As veces escóitase a voz da cidadanía e atenden á petición, outras non responden.
A convicción que ten a cidadanía de poder cambiar as cousas –en sanidade, educación, política, medio ambiente, dereitos humanos…– responde as veces ao desexo de querer mellorar o mundo, pero tamén o que ocorre no seu barrio ou na súa casa.

Un exemplo é esta carta dirixida ao presidente do goberno contra a brutalidade das concertinas nas fronteiras de Ceuta e Melilla.

CARTA A
Presidente del Gobierno Mariano Rajoy Brey
Ministro del Interior Jorge Fernández Díaz

Como ciudadano/a del país al que usted representa, no quiero sentirme responsable de causar daños físicos a decenas de personas y por eso le ruego que ordene la retirada de las concertinas en las vallas fronterizas de Ceuta y Melilla, que se deje de emplear material antidisturbios, que interrumpa las devoluciones ilegales (“en caliente”) y que haga prevalecer el respeto a los derechos humanos y el cumplimiento de los tratados internacionales que obligan a España. Apelo a su responsabilidad para cumplir los acuerdos internacionales firmados por España y a las recomendaciones del Defensor del Pueblo y del Consejo de Europa para pedirle que ponga fin inmediatamente a esta situación y:
. ordene la retirada de las concertinas en las vallas fronterizas de Ceuta y Melilla
. que se deje de emplear material antidisturbios
. que interrumpa las devoluciones

Muchas personas llegan cada día a las fronteras de Ceuta y Melilla. La mayoría de ellas han tenido que elegir entre un ataúd y una maleta. Y tras meses de odisea en la que han invertido todo lo que tenían, los más afortunados consiguen llegar a una frontera hostil y fortificada. Sus sueños se estrellan contra una barrera prácticamente infranqueable, pero su desesperación les empuja a escalar una valla de seis metros coronada por concertinas, un alambre de cuchillas que causa graves lesiones, incluso la muerte.
Tampoco encuentran mejor suerte quienes intentan pasar a nado, como pudimos ver el pasado 6 de febrero en Ceuta. Porque mientras los migrantes se saltan la valla, las autoridades se saltan la ley. Esa es la realidad en la frontera: cuchillas que cortan la piel de quienes ascienden por las alambradas, materiales antidisturbios empleados contra nadadores exhaustos, devoluciones ilegales (llamadas “en caliente”) que vulneran la Convención de Ginebra y la normativa europea y española de Extranjería y Asilo.
Y lo peor de todo, es que entre esas personas, hasta un 50% podrían ser potenciales refugiados, personas que huyen de guerras, violaciones de derechos humanos, persecuciones religiosas, por género u orientación sexual, por ideas políticas, etc… Estas personas tienen derecho a recibir protección, como en su día lo obtuvieron personas como Albert Einstein, el Dalai Lama, Rigoberta Menchú o Gabriel García Márquez.
En CEAR no pararemos hasta conseguir que se corte con toda esa brutalidad y que se respete la ley. Para conseguirlo,necesitamos tu ayuda. Firma y comparte esta petición ahora. 

17 de nov. de 2014

SOBRE LA EXPLOTACIÓN INFANTIL

En clase de lengua castellana vimos varios documentales relacionados con el tema del que trata el libro de esta evaluación "La Prisionera del Mago", la explotación infantil y el tráfico de seres humanos. Los vídeos nos abrieron los ojos a esta realidad tan cruda y doloroso que sufren muchos niños y niñas en el mundo.
Después de verlos, completamos una ficha sobre nuestras impresiones. En este póster quedan recogidas todas nuestras reflexiones y opiniones sobre ellos. Clica aquí para verlo.

http://pritrazo.edu.glogster.com/esclavitud-infantil/

13 de nov. de 2014

O HINDUISMO: UNHA RELIXIÓN CON MÁIS DE 1000 DEUSES E DEUSAS

O hinduísmo é a relixión predominante en India aínda que convive con outras relixións como o Cristianismo, o Budismo e o Islam. Dentro das grandes relixións é a máis antiga e a terceira máis estendida a nivel mundial, máis de 800 millóns de seguidores.

Non ten fundador nin ordes sacerdotais, non existe un dogma único e carece de organización central. É por isto que dentro do hinduísmo podemos encontrar distintas correntes culturais ou escolas: deísta, teístas, monoteístas, politeístas, agnósticas e, mesmo ateas. Ten como principo "a unidade na diversidade" o que a converte nunha relixión complexa.
O hinduismo é unha relixión politeista, teñen miles de deusas e deuses, un dos máis populares é Ganesha, o deus con cabeza de elefante.


Segundo a lenda, o deus Shiva, o deus hindú da destrución, marchou á guerra e a súa muller Parvati, deseó tomar un baño, pero non habendo ningún garda para que vixiase a porta do seu apousento ocorréuselle a idea de crear un fillo para que o custodiase.

Parvati creou entón a Ganesha da pasta de sándalo que usaba para bañarse e lle deu vida dentro dunha figura. Entón ela situouno na porta e lle dió instrucións para que ninguén entrase. Mentres tanto o deus Shiva regresou da batalla pero como Ganesha non o coñecía non lle deixou que entrase no cuarto de Parvati. Shiva, enfurecido por este feito, colleu a súa espada e cortou a cabeza de Ganesha. Cando Parvati saíu e vió a Ganesha decapitado entrou en cólera. Entón ela adquiriu a forma da deusa Kali e ameazou con destruír os tres mundos existentes, o ceo, a terra e o subsolo. Vendo o malhumorada que estaba, os outros deuses estaban realmente temerosos e Shiva, nun intento de calmar a Parvati, transmitiu á multitude que trouxeran a cabeza do primeiro ser vivo que aparecese do norte (a dirección propicia asociada coa sabedoría). O primeiro ser vivo que apareceu foi un elefante. Entón trouxéronlle a cabeza do elefante e Shiva colocouna no madeiro do fillo de Parvati dándolle vida. Parvati púxose contenta e abrazou o seu fillo, o neno con cabeza de elefante que Shiva chamou Ganesha.

FESTIVAL DOS ELEFANTES PINTADOS NA INDIA

A clase de Proxecto Interdisciplinar quere ser unha pequena ventá pola que achegarnos ao mundo e coñecer diferentes aspectos doutras culturas. Nesta ocasión preparamos unha presentación oral sobre O Festival dos Elefantes da India e sobre un dos moitos deuses do hinduismo, o popular deus Ganesha.
Anabel e Oscar leron varios artigos, buscaron fotos en internet e prepararon a presentación oral que veredes a continuación.


Fontes:
Ganesha, o elefante sagrado : http://www.taringa.net
¿Por qué os elefantes son sagrados na India?: https://redaccion.lamula.pe
Festival dos elefantes pintados:http://www.taringa.net
O desfile dos elefantes pintados: http://www.nationalgeographic.com.es

6 de nov. de 2014

ALVIDA

A semana pasada na clase de pri estivemos buscado en internet información sobre os elefantes e sobre palabras hindúes. Pintamos dous elefantes e puxemos a palabra enriba.
ADIOS: ALVIDA


Jonathan

3 de nov. de 2014

LALIA

"Nunca vi mi pais, pero mi madre dice que  los ojos que miran no son los ojos de ver. Los ojos de ver están en el corazón. Si cierras los ojos puedes ver lo que quieras."

Estas son palabras de Lalia, protagonista do documental que tedes a continuación.
Lalia cóntanos como é o seu país, o Sahara. A súa pequena redacción vainos introducindo no seu mundo. Un mundo de sonos perdidos, de recordos non vividos para acabar espertando na súa realidade. Unha realidade terrible da que quere escapar: o seu exilio nun campo de refuxiados en Alxeria".