21 de nov. de 2014

MATRIARCAS

“Matriarcas” é o primeiro videoclip do novo disco de Guadi Galego “Lúas de outubro e agosto”que sairá a venda o próximo 25 de novembro. “Matriarcas” é unha homenaxe ás mulleres reais, aquelas que mostran a súa resistencia e valentía diante da vida cotiá, unha peza maxistral,  chea de emoción, que ha perdurar no tempo nesa convocatoria que fai á memoria e á presenza das mulleres, cunha dedicatoria explícita á escritora  Begoña Caamaño.


Ningún comentario:

Publicar un comentario