27 de feb. de 2014

GRAZAS A TI FOI POSIBLE

PROXECTO DIGNIDADE

APRENDEMOS COA ONG "MUNDO COOPERANTE"

Coñecimos a Rosa en xaneiro, cando veu na nosa clase para falarnos das desigualdades sociais e de xénero no mundo. O primeiro día estivemos en grupos. Cada un eramos un país con un problema tremendo que tiñamos que solucionar: analfabetismo, fame, medioambiente afectado, desigualdade de xénero e pobreza extrema. En cada grupo había unha persona especialista: médic@, profesor@, polític@ e cidadán ou cidadana. E entre tod@s, buscamos solucións para resolver estes problemas e contámosllo aa clase.
 O segundo día, Rosa explicounos que é e como funciona unha ONG. Vimos fotos dos paises que ela visitou, como vive a xente e tamén dos proxectos que ten a súa ONG nestes países. Esa semana tamén visitamos a exposición con catro proxectos da ONG en Colombia, na India en Kenia e Tanzania e en Etiopía e completamos unha ficha. Clica aquí para vela.
  O terceiro día vimos un video sobre as nenas as que mutilan e o proxecto de "Pulseiras Masai" no que nos comprometimos a participar. Para que todo a colexio coñeza este problema, escribimos un resumo do noso traballo e fomos por todas as clases de primaria para presentalo. Aquí tedes unha gravación de nosa presentación.
  Aquí tedes o enlace ao discurso.

23 de feb. de 2014

DIFUNDIMOS A CAMPAÑA DE MUNDO COOPERANTE

Presentamos tamén o noso proxecto na escola rural de Chaián. Fomos antes de empezar a escola e a nai de Irene recolleunos e gravounos. Grazas, Esperanza!

22 de feb. de 2014

MISTERIO E DELICADEZA DA ÓPERA CHINESA

Personaxes da ópera, impresionante maquillaxe, vestiario espectacular e auténtica música chinesa.

O SEGREDO DAS MÁSCARAS NA ÓPERA CHINESA

Estas máscaras son un misterio para nós, pero as persoas que coñecen a ópera chinesa poden identificar o carácter e o papel que representará unha personaxe na ópera só con botar unha ollada. Cal é o segredo? Saber o que representa cada cor. Na clase de plástica fixemos estas máscaras e tamén as fotos, menos a da clase, claro, que a fixo o profesor.
Queres xogar? Imos pescudar que representa cada cor.

8 de feb. de 2014

RIQUEZA NO MUNDO

Aquí atoparás dous xogos nos que verás imaxes de situacións cotiás e terás que identificar a emoción que suxiren. A que conclusión chegaches despois de facelos xogos?
Clica na imaxe para xogar. 





No mundo existen moitas culturas e todas son moi diferentes, pero as persoas desas culturas teñen algo básico en común: todas senten as mesmas emocións. Os sentimentos únennos. Aínda que vivimos en circunstancias moi diferentes, os sentimentos e as emocións son as mesmas en calquera lugar do mundo. As diferencias nas culaturas enriquécennos, fannos máis grandes.

3 de feb. de 2014

PROXECTO PULSEIRAS MASAI: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A MGF

A PULSEIRA MASAI é símbolo da loita pola dignidades das mulleres e nenas(MGF) que ten adoptado Mundo Cooperante e as organizacións locais de Kenia e Tanzania coas que traballan dende fai anos para terminar con esta terrible violación dos dereitos humanos. O día 6 de Febreiro celébrase o Día Internacional contra a MGF. Pedimos o teu apoio, comprando a pulseira e difundindo a campaña.

MULLERES QUE CAMBIAN O MUNDO: AGNES PAREGIO

KENIA, 1956 Agnes Paregio é unha activista social masai, que loita contra a ablación en toda África. En 2005 as Nacións Unidas proclamárona "Muller do ano" pola súa loita contra esta práctica. Traballou para Maendeleo Ya Wanawake, unha gran organización de mulleres en Kenia, encargada de coordinar a campaña contra as prácticas tradicionais perigosas para mulleres e nenas. Empezou a recibir a nenas que escapaban da mutilación xenital feminina (MXF) e dos matrimonios temperás, polo que decidiu fundar unha organización, Tasaru Ntonomok (Rescate da Muller). A organización encárgase de informar sobre o perigo da MXF e dispón ademáis dunha casa de acollida para nenas que fuxen das súas casas para evitar a mutilación xenital. Agnes desprázase as chozas de palla e adobe e fala con pais, nais e av@s. Trata de convencelos do dañino que resulta este ritual, símbolo do paso da infancia á vida adulta. Percorre as escolas da súa comunidade para explicarlle a estudiantes, varóns e mulleres,e conciencialos sobre os trastornos físicos e psicológicos que produce esta tradición. As súas charlas provocan ao principio risas e vergoña, pero ao final deixa clara a a súa mensaxe aos xóvenes, quen aofinal da exposición quedan en silencio. “Para os masai, una nena non está lista para casar se non se lle ten practicado a ablación. Os homes non as queren como esposas, e a familia non recibe a dote que normalmente se entrega a cambio”, explica Agnes. “Eu trato de animar á xente a que adopte rituais simbólicos, que non impliquen poñer en riesgo a saúde das mulleres, como sucede con a mutilación xenital, que as perxudica enormemente ´á hora de manter relacións sexuais ou de dar a luz”. Hai varios tipos de mutilación. O máis radical practícase en Sudán, Eritrea, Yibuti, Somalia, Etiopía y Malí. O seu obxectivo é preservar a castidade das xóvenes ata o matrimonio.

PREMIO MARTIN LUTHER KING A UN EDUCADOR ESPAÑOL

Un educador español gana el premio Martin Luther King e Long Island este ano 2014.
Le aquí a noticia