3 de feb. de 2014

MULLERES QUE CAMBIAN O MUNDO: AGNES PAREGIO

KENIA, 1956 Agnes Paregio é unha activista social masai, que loita contra a ablación en toda África. En 2005 as Nacións Unidas proclamárona "Muller do ano" pola súa loita contra esta práctica. Traballou para Maendeleo Ya Wanawake, unha gran organización de mulleres en Kenia, encargada de coordinar a campaña contra as prácticas tradicionais perigosas para mulleres e nenas. Empezou a recibir a nenas que escapaban da mutilación xenital feminina (MXF) e dos matrimonios temperás, polo que decidiu fundar unha organización, Tasaru Ntonomok (Rescate da Muller). A organización encárgase de informar sobre o perigo da MXF e dispón ademáis dunha casa de acollida para nenas que fuxen das súas casas para evitar a mutilación xenital. Agnes desprázase as chozas de palla e adobe e fala con pais, nais e av@s. Trata de convencelos do dañino que resulta este ritual, símbolo do paso da infancia á vida adulta. Percorre as escolas da súa comunidade para explicarlle a estudiantes, varóns e mulleres,e conciencialos sobre os trastornos físicos e psicológicos que produce esta tradición. As súas charlas provocan ao principio risas e vergoña, pero ao final deixa clara a a súa mensaxe aos xóvenes, quen aofinal da exposición quedan en silencio. “Para os masai, una nena non está lista para casar se non se lle ten practicado a ablación. Os homes non as queren como esposas, e a familia non recibe a dote que normalmente se entrega a cambio”, explica Agnes. “Eu trato de animar á xente a que adopte rituais simbólicos, que non impliquen poñer en riesgo a saúde das mulleres, como sucede con a mutilación xenital, que as perxudica enormemente ´á hora de manter relacións sexuais ou de dar a luz”. Hai varios tipos de mutilación. O máis radical practícase en Sudán, Eritrea, Yibuti, Somalia, Etiopía y Malí. O seu obxectivo é preservar a castidade das xóvenes ata o matrimonio.

2 comentarios:

  1. A verdade é que admira a esta muller. Iso da ablación está moi mal! Nos quedamos flipados cando no lo contaron pero a verade é que fixeron ben en decirnolo. Todo o mundo ten que saber que fixo esta gran muller!!!!!!

    ResponderEliminar