27 de feb. de 2014

APRENDEMOS COA ONG "MUNDO COOPERANTE"

Coñecimos a Rosa en xaneiro, cando veu na nosa clase para falarnos das desigualdades sociais e de xénero no mundo. O primeiro día estivemos en grupos. Cada un eramos un país con un problema tremendo que tiñamos que solucionar: analfabetismo, fame, medioambiente afectado, desigualdade de xénero e pobreza extrema. En cada grupo había unha persona especialista: médic@, profesor@, polític@ e cidadán ou cidadana. E entre tod@s, buscamos solucións para resolver estes problemas e contámosllo aa clase.
 O segundo día, Rosa explicounos que é e como funciona unha ONG. Vimos fotos dos paises que ela visitou, como vive a xente e tamén dos proxectos que ten a súa ONG nestes países. Esa semana tamén visitamos a exposición con catro proxectos da ONG en Colombia, na India en Kenia e Tanzania e en Etiopía e completamos unha ficha. Clica aquí para vela.
  O terceiro día vimos un video sobre as nenas as que mutilan e o proxecto de "Pulseiras Masai" no que nos comprometimos a participar. Para que todo a colexio coñeza este problema, escribimos un resumo do noso traballo e fomos por todas as clases de primaria para presentalo. Aquí tedes unha gravación de nosa presentación.
  Aquí tedes o enlace ao discurso.

4 comentarios:

  1. Que graciosos están todos,algúns estuveron cortados pero todos o fixeron moi ben.Nós os de 2 tamén fixemos un traballo en Titoría de Mundo Cooperante e aprendemos un pouco máis das mulleres.Enhoraboa a todos os de 1 e a titora.

    ResponderEliminar
  2. Fabiola González Viqueira14 de febreiro de 2014, 19:10

    Ole polos de 1º!! Nos tamén imos axudar comprando esas pulseiras! Fixéstelo xenial!

    ResponderEliminar
  3. Fabiola González Viqueira14 de febreiro de 2014, 19:11

    Ole polos de 1º!! Nos tamén imos axudar comprando esas pulseiras! Fixéstelo xenial!

    ResponderEliminar
  4. Quedou xenial o video! E o mellor de todo é que grazas a esta charla a noticia das pulseiras correu coma o vento. Foi xenial traballar con Rose! Espero que a volvamos a ver pronto.

    ResponderEliminar