30 de maio de 2012

A SEDA


O profesor de física trouxo para o laboratorio uns ovos de vermes de seda, e estivo sacándolle cada cinco segundos unha foto durante tres horas.
ESPECTACULAR O RESULTADO!!!, fixádevos como nese periodo de tempo eclosionan os ovos e saen os vermes.
Aproveitamos para investigar sobre A SEDA.

O cultivo do verme de seda comezou hai 5000 anos na China e a produción da seda crua a través da crianza de vermes de seda, exténdese por todo o sueste asiático. Durante o século XI establécense uns lazos comerciais entre Europa e a China, fundamentalmente en busca de especies e materias preciosas. Algúns comerciantes trouxeron algúns ovos e sementes da planta "moreira" e comezaron a criar vermes de seda en Europa e iso dá orixe ás rutas da seda, unha rede de camiños euroasiáticos de orixe mercantil, pero con punto de aventura que a través do coñecemento doutras culturas contribúe a difundir ideas e progresos co conseguinte florecemento e desenvolvemento das civilizacións. Estas rutas, usadas durante séculos orixínanse como vías de comunicación que conectaron paulatinamente a Oriente e Occidente.




 A fabricación de seda chegou eventualmente a Europa e América. Durante os séculos XVIII e XIX os europeos produciron diversos avances na produción de seda. No século XVIII Inglaterra lideraba a produción de seda europea, debido ás innovacións na industria téxtil inglesa. Estas innovacións incluían mellores teares de seda. Entre 1855 e 1865, unha epidemia chamada enfermidade de Pébrine, causada por un parasito, causou estragos na industria. Foi o científico Louis Pasteur quen descubriu que se podía previr a través dun simple exame microscópico das trazas adultas. Nese momento estábanse a levar a cabo moitas investigacións con vermes de seda, alcanzando a produción de seda unha etapa cun enfoque máis científico.

Noelia e Jennifer


Sanidade en Romanía

Sanidade en Portugal

Sanidade en Marrocos

O CRISTO DE CORCOVADO en BRASIL


Esta maxestuosa obra realizouse entre os anos 1920 e 1931. Está considerada o símbolo  de Brasil.

O Cristo Redentor ou Cristo de Corcovado está situada en Río de Janeiro na cima do cerro de Corcovado. Pesa 1.145 toneladas de hormigón armado e mide 38 metros de altura. Está a 710 metros sobre o nivel do mar e recibe aproximadamente 770.000 visitas ao ano. Esta obra realizouse en conmemoración dos 109 anos da independencia brasileira. Foi inaugurada o día 12 de outubro do ano 1931.

Os arquitectos que  deseñaron a escultura foron o brasileiro Heitor da Silva Costa e o francés Paul Landowsky.

Considerada a estatua Art Decó máis grande no mundo. É recoñecida como una das Novas Sete  Maravillas do Mundo Moderno xunto a Machu Picchu en Perú, a Muralla China, o Coliseo de Roma, o Taj Majal na india, Chitchen Itzá en Mexico e Petra en Xordania. Foi declarada patrimonio da humanidade.

Diego Gutierrez

11 de maio de 2012

CASTELO DE GUIMARAES

O Castelo de Guimarães está situado na cidade de mesmo nome, que é na parroquia de Oliveira do Castelo en Guimarães Consello, o Distrito de Braga, Portugal.

Estar nunha posición dominante no Campo de San Mamés, este monumento está ligado á fundación do Condado Portucalense deindependencia e loitas de Portugal, sendo popularmente designada como o berce da nacionalidade.

Clasificado como Monumento Nacional o 07 de xullo de 2007 foi escollido como unha das Sete Marabillas de Portugal.

O Castelo Polo día.













Noelia Casas García
Marta Veiras Noya

CASTELO DE BRAN



CASTELO DE BRAN- ROMANÍA

No século XIV, o Castelo formaba parte dun complexo de ciudadelas da frontera.
O primeiro certificado da ciudadela de Bran, data do 19 de Novembro de 1377.
Construído no 1378 sobre o cumio dunha rocha, o Castelo de Bran foi unha torre
de defensa e control do camino comercialque conectaba a provincia Valachie e
Transilvania, punto de aduana, residencia real e hoxe museo da historia e arte feudal.
Ese Castelo foi unha inspiración para a novela de Drácula. O Castelo está situado
no pasillo Bran- Rucar, antiga carretera comercial e estratéxica entre Transilvania
e Valachia. O muro de defensa construíuse en pedra calcaría bruta, por iso nas
reparacións que ten, hai algúns anacos onde se añadiron algúns ladrillos. A súa
altísima torre da peña,de forma que todo intento de ataque estaba condenado ó
fracaso. A vocación defensicva repítese no agradable patio inferior, cuia fonte esconde
un labirinto de paisaxes subterráneas.
Entre 1920 e 1930, o Castelo alberga a residencia que fixo modificacións novas cun bo
gusto.
Para compensala, os luxosos salóns, decorados con mobles importados de Europa
occidental pola reina María. Comunícase por estreitas escaleiras de caracol, como as
que un imaxina que debe ter un Castelo de época.







































SONIA PUMAR MUÍÑO – JENNIFER LÓPEZ BECERRA – SANDRA NOYA REDONDO

NADIA COMANECI EN "EL HORMIGUERO"

Nadia Comaneci, considerada unha das mellores ximnastas de todos os tempos,estivo onte en "El Hormiguero", en Antena 3. A ex-ximnasta rumana visitou o programa para dar a coñecer a fundación Laureus,que promociona o deporte entre a xente xoven por todo o mundo e da que é embaixadora honorífica. Fai máis de 30 anos conseguiu máis de 9 medallas olímpicas ,5 delas de ouro, e foi considerada a mellor ximnasta do século XX. Na entrevista, Nadia Comaneci dixo que ten un pouco de mentalidade española, porque é de Romanía é o Mediterraneo únenos a tod@s. A ximnasta afirmou que o deporte ábrete moitas portas e dache grandes oportunidades. Non ten fronteiras. Nadia Comaneci e Almudena Cid impartiron unha clase maxistral no centro deportivo San Blas, en Madrid. Ambas deportistas mostraron así o seu apoio ao deporte como método para reducir o sedentarismo e combatir os altos índices de obesidade infantil. Aquí tedes o enlace ao video da noticia.

8 de maio de 2012

EDUCACIÓN: MATERIA PENDENTE EN BRASIL


Nos últimos 15 anos Brasil conseguiu ofrecer educación escolar a toda a poboación infantil, pero aínda é un servizo no que queda moito por facer.
Hai falta de profesorado cualificado, as instalacións son precarias e o material e a masificación do alumnado nas aulas son algúns dos retos por resolver na educación pública.
Esta noticia do xornal BBC mundo explica, de man de xóvenes estudantes a brecha entre as escolas públicas e as privadas.

4 de maio de 2012

CUENTOS POPULARES DE LA INDIA

En clase de L. Castellana estudiamos las características de los cuentos populares indios.

CONTO TRADICIONAL ARABE

Un conto gracioso da tradición árabe no que Yuha pode co panadeiro que lle quería timar.قصة طريفة من التراث العربي حيث يتغلب جحا على الفران الذي أراد خداعه



Visto en carmenlodeiro.blogspot.com

RECITAL DE POESÍA

Nas clases de lingua galega e lingua castelá limos moitas poemas de poetas de países da feira. Na clase de PRI, cada unha e cada un de nós gravamos un. @s compañeir@s de 4º de informática buscaron músicas dos diferentes países para poñelas de fondo aos debuxos que nos fixeramos para ilustrar os nosos poemas. Despois deste proceso, aínda faltaba montar o video en PRI. Este é o resultado final.

MULLERES: A FORZA DO CAMBIO NA INDIA

A India rural chega da man de 7 mulleres que participan no programa de Desenvolvemento Integral da fundación Vicente Ferrer. Elas nos contan a súa historia de superación a través das fotografías de Albert Uriach. A súa testemuña está viaxando por toda España para difundir unha mensaxe: o cambio é posible, cada persoa é protagonista do cambio. Tamén ti.

Esta exposición estará en A Coruña do 3 ao 7 de outubro. Pero se estás fóra durante o verán, aquí tes o calendario por cidades. A exposición estará situada dentro dun camión indio que inclúe fotografías. maquetas, xogos interactivos... e moito máis. Se tes oportunidade, vai visitala.

Trailer da exposición "Mujeres, la fuerza del cambio en la India". Aquí tes algunhas ponencias de mulleres que visitaron esta exposición en Andalucía.
Presentación e fotos.