8 de maio de 2012

EDUCACIÓN: MATERIA PENDENTE EN BRASIL


Nos últimos 15 anos Brasil conseguiu ofrecer educación escolar a toda a poboación infantil, pero aínda é un servizo no que queda moito por facer.
Hai falta de profesorado cualificado, as instalacións son precarias e o material e a masificación do alumnado nas aulas son algúns dos retos por resolver na educación pública.
Esta noticia do xornal BBC mundo explica, de man de xóvenes estudantes a brecha entre as escolas públicas e as privadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario