O profesor de física trouxo para o laboratorio uns ovos de vermes de seda, e estivo sacándolle cada cinco segundos unha foto durante tres horas.
ESPECTACULAR O RESULTADO!!!, fixádevos como nese periodo de tempo eclosionan os ovos e saen os vermes.
Aproveitamos para investigar sobre A SEDA.
O cultivo do verme de seda comezou hai 5000 anos na China e a produción da seda crua a través da crianza de vermes de seda, exténdese por todo o sueste asiático. Durante o século XI establécense uns lazos comerciais entre Europa e a China, fundamentalmente en busca de especies e materias preciosas. Algúns comerciantes trouxeron algúns ovos e sementes da planta "moreira" e comezaron a criar vermes de seda en Europa e iso dá orixe ás rutas da seda, unha rede de camiños euroasiáticos de orixe mercantil, pero con punto de aventura que a través do coñecemento doutras culturas contribúe a difundir ideas e progresos co conseguinte florecemento e desenvolvemento das civilizacións. Estas rutas, usadas durante séculos orixínanse como vías de comunicación que conectaron paulatinamente a Oriente e Occidente.
A fabricación de seda chegou eventualmente a Europa e América. Durante os séculos XVIII e XIX os europeos produciron diversos avances na produción de seda. No século XVIII Inglaterra lideraba a produción de seda europea, debido ás innovacións na industria téxtil inglesa. Estas innovacións incluían mellores teares de seda.
Entre 1855 e 1865, unha epidemia chamada enfermidade de Pébrine, causada por un parasito, causou estragos na industria. Foi o científico Louis Pasteur quen descubriu que se podía previr a través dun simple exame microscópico das trazas adultas. Nese momento estábanse a levar a cabo moitas investigacións con vermes de seda, alcanzando a produción de seda unha etapa cun enfoque máis científico.
Noelia e Jennifer
Ningún comentario:
Publicar un comentario