8 de xuño de 2012

Granxa de Xanceda e Brañas de Valga

Nesta presentación recollimos diferentes momentos das dúas saídas que fixemos:
1.- Á granxa de Xanceda
2.- Ao museo etnográfico das Brañas de Valga



Primeiro fomos  visitar a casa grande de Xanceda, unha granxa ecolóxica que fai iogures e queixos. O primeiro día que fomos déronnos unha explicación moi completa de cando e quen fundara a granxa, as vacas que había por hectárea, como as alimentaban , que facían cando enfermaban etc.
Na segunda visita fixemos un percorrido pola granxa:
- Ensináronos como se limpaba a cadra.
- Estivemos na sala de ordeño e vimos os depósitos onde se garda o leite.
- Démoslle biberon aos tenreiros que había.
- Vimos as cabras e os ponis e tamén lle demos de comer..
- Fixemos uns xogos antes de voltar a casa grande. Alí déronnos un iogur  e a proba do queixo.

Ao salir de alí, fomos ao museo etnográfico das Brañas de Valga.

-Vimos o museo e explicáronnos o proceso de recollida da arxila, os tipos de arxila que había,  unhas mostras de cerámica das máis populares de Galicia etc.
Logo fomos a unha sala e alí habbia unhas mostras de auga da lagoa artificial que se xenerou no oco onde antigamente se extraía a arxila, e tamén habia auga da billa.

- Analizamos cal delas tiña cloro, o ph  (o grao de acidez da auga), e os nitratos que se convertían en nitritos para saber si a auga estaba contaminada. Tamén nun vaso de precipitados habia un renacuaxo e un ditisco (clase de insecto) que miramos cunha lupa..
      
Aquí vos deixamos un video no que cando en Xanceda nos deixaron darlle de comer as cabras uns compañeir@s nosos non entraron pero para o seu asombro, como o caldeiro do pienso estaba fora as cabras saltaron. Vaia medo colleron!, sorte que tiña alí o meu móvil, e puden grabalos para agora, cando o vemos, botar unhas risas.
Tomás

8 comentarios:

  1. Que ben o pasamos na excursión, foi xenial!!!

    ResponderEliminar
  2. Foi unha pena que non puideramos sacar a foto da cabra subida aos hombros da mestra. Casi lle rompe a blusa.

    ResponderEliminar
  3. A verdade que estivo moi interesante toda a excursión, ademáis de aprender cousas divertímonos que tamén e moi importante.

    ResponderEliminar
  4. esta saída foi mui interesante xa que o pasamos moi ben e disfrutámos de una día rodeados de natureza.
    Este vídeo está moi divertido.
    Gustoume moito esta entrada xa que ten un recordo de unha saída excepcional que merece ser recorada.
    Tomás sigue facendo entradas que son moi bonitas.
    Un saúdo da vosa compañeira de 2ºeso
    Laura

    ResponderEliminar
  5. A presentación está moi ben e o vídeo é moi gracioso. Foi unha moi boa excursión na que ademais de divertirnos aprendemos moitas cousas.
    Porcerto, decirlle a todo o alumnado de 1º da ESO que teñen un blog moi interesante e que fixeron un gran traballo!

    ResponderEliminar
  6. o vídeo está xenial!! :)
    e as cabritas non eran tan malas ohh :(
    jajjaa!!

    ResponderEliminar
  7. Non me esperaba que nos saira esas caras cando escapacabamos das cabras... Pero gustoume que nos grabaran un bo recordo para mais anos volver a vernos e rirnos con todos e recordar esos momentos que todos pasabamos xuntos e nos que a miña M :MARTA: NOS QUEIXABAMOS DE TODO

    ResponderEliminar
  8. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar