4 de maio de 2012

MULLERES: A FORZA DO CAMBIO NA INDIA

A India rural chega da man de 7 mulleres que participan no programa de Desenvolvemento Integral da fundación Vicente Ferrer. Elas nos contan a súa historia de superación a través das fotografías de Albert Uriach. A súa testemuña está viaxando por toda España para difundir unha mensaxe: o cambio é posible, cada persoa é protagonista do cambio. Tamén ti.

Esta exposición estará en A Coruña do 3 ao 7 de outubro. Pero se estás fóra durante o verán, aquí tes o calendario por cidades. A exposición estará situada dentro dun camión indio que inclúe fotografías. maquetas, xogos interactivos... e moito máis. Se tes oportunidade, vai visitala.

Trailer da exposición "Mujeres, la fuerza del cambio en la India". Aquí tes algunhas ponencias de mulleres que visitaron esta exposición en Andalucía.
Presentación e fotos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario