14 de feb. de 2013

ELECCIÓNS XENERALES

Un día, xa fai tempo, Myriam, a nosa titora, trouxo unhas fotos de rapaces e rapazas dos distintos países da feira e fixemos un xogo. o xogo consistiu en adivinar a nacionalidade des@s nen@s e marcar un punto si o averiguábamos. Divertímonos moito. A mestra ía ensinándonos os retratos e nos íamos dicindo de onde eran. Nos pensabamos que sería fácil, pero non, era moi difícil. Por exemplo, confundíamos os de Dakar cos de Brasil ou Colombia.Para min os máis fáciles de recoñecer eran os retratos de China polos seus ollos. Cando acabamos contamos os acertos que tivemos e a profesora mandounos de deberes que buscaramos os nomes máis comúns de nenos e nenos deses oito países. Logo enviamos a nosa busca por correo electrónico. A semana seguinte, fixemos unhas eleccións. Entre todos os nomes que atopamos, escollimos os que máis nos gustaron. Os que máis votos tiveron foron os elexidos para poñer en cada retrato. Despois das eleccións, puxémonos mans a obra. Cunhas pegatinas verdes e brancas pegámoslles o nome aos retratos de nenos e nenas que temos no corcho para indicar o seu nome. Opinión persoal: Este traballo gustoume moito polo interés que lle puxemoslle as ganas. Pasámolo moi ben e rimos moito. Oxalá sexa así sempre.

 Nota:10

Así foi como quedou:


 Fabiola e Irea

10 comentarios:

  1. Que ben quedou,a verdade e que me pareceu unha actividade bastante interesante o que pasa e que oxalá o fixera mais xente porque a verdade foi unha actividade bastante divertida..pero si non se anima máis xente para a próxima o blogue vai acabar desaparezendo..

    ResponderEliminar
  2. A verdade e que era bastante dificil diferenciar de que pais eran os nenos das fotos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sí, é certo. Parece que somos tan diferentes un@s de outr@s e xa ves... non tanto.

      Eliminar
  3. Fabiola González Viqueira18 de febreiro de 2013, 16:32

    Que ben quedou, está xenial!
    Para min unha das cousas que mellor quedaron foi o da opinión persoal, pero tiña que participar máis xente,porque este traballo foi fácil e divertido.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben feita a crónica e, ainda que algunhas persoas non participaron no traballo escrito, tod@s o fixemos xenial durante a clase, e gustounos moito.

      Eliminar
    2. Fabiola González Viqueira20 de febreiro de 2013, 18:35

      Tes moita razón!

      Eliminar
  4. Moi ben rapazas alégrome por vos....
    e es tuvo moi ven o que fixestes

    ResponderEliminar
  5. A verdade e que esta actividade gustoume moito, sen duda o que máis me gustou foi o de adiviñar o país dos nenos e nenas.

    ResponderEliminar