5 de nov. de 2013

ARTE AFRICANO: SILUETAS

Un día a mestra proxectou na pantalla dixital unas imaxes de artistas senegaleses. Eran cadros que representaban diferentes escenas da vida do país. Había algún que estaban tocando instrumentos musicais, outros machucando grao mentres coidaban aos rapaces, mulleres que levaban auga, homes con lanzas, e outras actividades. Despois, eliximos una silueta cada unh@ de nós e debuxámola. Logo fixemos uns bocadillos e escribimos neles una frase en wolof coa súa tradución en galego. Son frases da súa cultura, algunhas delas moi parecidas as nosas. Cando rematamos, colocámolas enriba da cortiza da clase, como se estiveran camiñando pola sabana. Na clase seguinte aprendemos a facer a entrada no blogue, cada un@ de nós insertou a imaxe da súa silueta e e a frase e publicámolo. Debaixo tedes o resultado do noso traballo.
Nando, Olaya, Marcos, Adrián, S. Deus

4 comentarios:

  1. Fabiola González Viqueira8 de novembro de 2013, 19:33

    Que chulo chicos, seguide así!

    ResponderEliminar
  2. A min encantoume esta actividade. Na miña casa dixeron que quedara moi ben. Oxalá fagamos máis actividades destas¡¡¡

    ResponderEliminar