21 de nov. de 2013

MOSTRA DE INSTRUMENTOS DO MUNDO

A semana antes do concerto fomos ver unha exposición de instrumentos de todo o mundo. Os instrumentos trouxéronos a mestra de inglés, o mestre de música e galego e o de tecnoloxía . Na exposición hai máis de 40 instrumentos de todos os continentes. Hai instrumentos de percusión ,de vento e de corda. Todos moi diferentes. Na clase de PRI fixemos varias actividades en grupos de 4. Primeiro, clasificamos os instrumentos polo continente ao que pertencían. Cando comentamos a actividade vimos que non era tan fácil. Despois a mestra dounos uns post-its cos nomes dalgúns instrumentos e en grupo tivemos que identificalos. Tamén dixemos a que familia pertencían. Logo toda clase compartimos o que fixemos. O que máis nos gustou foi á semana seguinte, cando na clase de PRI fomos a aula da exposición a tocar os instrumentos. En fin , foi a nosa primeira exposición de instrumentos de todo o mundo. !Foi xenial! S.Vieites, Yago, Lucas, González e Nerea Música: María Rita (Brasil). Canción: "O Homen Falou"

1 comentario:

  1. A min esta actividades gustoume moito. Hai que repetir xa que estubo mooi ben.

    ResponderEliminar