22 de nov. de 2013

A INMIGRACIÓN

Eu creo que os inmigrantes pásano mal. Non debería ser así. Todas as persoas temos os mesmos dereitos e non é xusto que un inmigrante non teña os mesmos dereitos ca un que sexa do propio país. Donde eu vivo hai moitas nacionalidades,por exemplo, os meus veciños de enfrente. O home é de África,non sei de onde. As veciñas dunha amiga miña son de Arxentina. O que eu quero dicir é que os inmigrantes teñen os mesmos dereitos ca nós. Non sería xusto,por exemplo, se nós imos a Brasil e nos marxinan por ser españois. Así que eu creo que todos deberíamos ter os mesmos dereitos.
IRENE 1º

1 comentario:

  1. A diversidade, a variedade cultural é algo que nos enriquece. Compartir cousas diferentes fainos máis grandes e mellores.

    ResponderEliminar