29 de xan. de 2013




            Resumen De Palabras De Caramelo

No club de lectura no primeiro trimestre limos un libro titulado “Palabras de caramelo do autor Gonzalo Moure. Aquí vou facer un resume e dar a miña opinión sobre o mesmo. A historia desenrólase no Sáhara, o protagonista é un neno chamado Kori e vai do seguinte:

Kori é un rapaz saharaui xordomudo, na escola especial a que él iba, so debuxaban, aprendían a atarse os cordóns... As cousas máis sinxelas pra poderse defender eles solos.

Kori ao ser xordo non sabía o que dicían as demais persoas, salvo os nome que recordaba cos movementos dos beizos. Por exemplo: El era Kori (boca pechada, boca estirada), e súa nai Mahfuda (beizos pechados, boca aberta, boca pechada, boca aberta).

A Kori gustábanlle moito os animais, pero en especial un: O camelo. No Sáhara os camelos son animais de gando, como aquí as vacas. Criábanas e cando se facían maiores sacrificábanas.

Kori non sabía que os camelos non falaban, porque ao regurxitar a comida movían a boca e os beizos, polo tanto Kori pensaba que os camelos falaban.

Os tíos de Kori tiñan unha camela, e, cando saía da escola, sempre ía ver a camela. Un día Kori í a ver a camela e , ao chegar, tiña unha cría, a que Kori decidiu chamarlle caramelo, polo seu cor.


Kori aprendeu a escribir e sempre que ía ver o camelo levaba papel e bolígrafo pa anotar o que o camelo lle “dicía”.
Kori fíxose moi amigo do camelo, o camelo foi medrando e chegou a hora de sacrificalo, pero non quixeron dicirlle nada ao neno porque era moi amigo do camelo. Kori ao final acabouse enterando e decidiu marchar co camelo ao deserto do Sáhara. Ao final seu pai e seu tío fóronos buscar ao deserto porque senón morrerían sen auga e comida.

Chegou o día do sacrificio e Kori Foi con seu tío e dous honorables homes do poboado a ver como sacrificaban ao camelo. Levou con el papel e bolígrafo para anotar todo o que lle dicía o camelo antes e durante o sacrificio. O camelo empezou a mover os labios e seu tío degolou a cabeza do camelo, o cal berraba e movía o beizos. E Kori aguantou durante o sacrificio e viu como mataban ao seu mellor amigo. Ao escribir todo o que seu amigo o camelo decía, saíulle un poema que en realidad escribira él porque os camelos non falan.
Kori medrou e seguiu escribindo poemas, ata que se fixo un xoven poeta moi reconocido en todo o país. O poema que Kori escribiu chamouse “Palabras de Caramelo”, como o seu amigo o camelo.
A que máis me gusta do conto e que Kori non se separou do seu amigo ata nin sequera a hora da súa morte.

Adrián Landeira Pose.                                                             Opinión persoal: 8




                                                               








3 comentarios:

  1. A min gustoume moito este libro porque e moi bonito. Tamén e algo triste pero Kori demostrou que era moi amigo do camelo porque estubo con el asta a sua morte e cando estaba morrendo tmen estaba ali.

    ResponderEliminar
  2. Está ben pero é un pouco largo de mais.
    A min gustoume o libro e paseino moi ben estando no clube de lectura cos meus compañei@s de clase.

    ResponderEliminar
  3. Bo resumo. Gústme que disfrutedes facendo actividades variadas, lendo e comentanso o que ledes en grupo, co@s bos@s compañeir@s.

    ResponderEliminar