23 de out. de 2013

O BOSQUEXO DO MUNDO

Onte no auditorio vimos unha exposición moi curiosa. Como se @s artistas nos abriran as portas dos seus obradoiros e nos permitiran ver algúns anacos do seu traballo. Materiais, cadernos con bosquexos, pezas rematadas e outras inacabadas e obxectos que non son artísticos en si mesmos pero que están expostos porque forman parte do proceso de creación. É a posta en escea destes procesos. Para nós, unha ventá aberta para coñecer o mundo da arte contemporánea de 21 artistas galeg@s. No video tedes unha mostra do que vimos.

2 comentarios: