14 de out. de 2014

O MUNDO QUE TEMOS / O MUNDO QUE QUEREMOS

Na primeira sesión de Proxecto Interdisciplinar falamos na clase sobre este tema e fixemos un mural coa información recollida.
A profesora dixo que pensaramos no seguinte: “se tiverades unha varita máxica e poiderades con ela acabar coas inxustizas que vedes no mundo, cales faríades desaparecer xa” Deixounos un tempo para pensar e repartiu uns post-its de cor amarela no que escribimos as nosas ideas.
Logo puxemos en común o que tiñamos e escribimos un post-it rosa como nos gustaría que fose o mundo. Compartimos as nosas ideas e pegamos os post-its amarelos nun lado do mural e os rosas noutro.
Aquí tedes recollida a nosa reflexión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario