11 de abr. de 2012

Gastronomía de Portugal: Diego e Sandra

PORTUGAL
A gastronomía de Portugal é moi variada debido a súa situación. Ten gastronomía tradicional portuguesa, española e un pouco de marroquí. Adoita contar con ingredientes principais como o viño o pan e o aceite de oliva.

INGREDIENTES DA COCIÑA DE PORTUGAL


Pan- O pan pode ser feito con fariña de millo ou de trigo e emprégase en diferentes pratos. Pode ser de moitas maneiras: a Forgaça, a Broa de Avintes, etc.
Aceite de oliva- Este é un compoñente esencial da cociña portuguesa e tamen é un bo ingrediente para acompañar con carnes e pescados.
Peixes- Os máis destacados son o bacallau e as sardiñas pero tamén os moluscos gozan de moita popularidade.
Carnes- A carne máis popular é a de porco e os seus embutidos. Tamén se empregan a carne de galiña, de parrulo, de vaca ou de coello.
Queixos- Portugal conta cunha gran variedade de queixos según a zona, moitas veces recibindo o nome do lugar como o queixo de Azeitão ou o queixo de Évora.

PRATOS TIPICOS DE PORTUGAL
CALDO VERDE: E un prato tipico de Portugal: consiste nunca sopa de puré de patacas con tiras de col e un pouco de aceite de oliva.
COZIDO A PORTUGUESA:
Prepárase como un cocido común e corrente: consiste en varios vexetais e carne, principalmente de porco e terneira, así como algúns embutidos.
                                                      


(Os títulos en amarelo teñen enlace)
AÇORDA A ALENTEJANA: É unha sopa bastante coñecida no lugar de Alentejo, preparada con miolos de pan, ovos escalfados e coandro, aínda que ás veces pode levar sardiñas ou bacallau.

FEIJOADA: A freijolada é considerada como un prato nacional que se prepara a base de "fréjoles", carne de porco, e ás veces acompáñase con arroz e laranxa.
MIOLOS A ALENTEJANA: É un dos pratos máis populares da rexión do Alentejo, preparase fritindo a carne de porco primeiro e logo, na graxa restante engádense anacos de pan para logo servir.



FRANCESINHA: Este prato pertence a gastronomía moderna de   Portugal, e é moi popular en Porto: consiste nunha rebanada de pan branco recheo con diversos embutidos e carnes, con talladas de queixo e cuberta por unha salsa picante, pode levar por riba un ovo fritido e acompañarse de patacas fritidas tamén.

           ENTRE OS PRODUTOS QUE MÁIS ABUNDAN ESTÁN
Leite de vaca, enteira e fresca. Tomates. Patacas. Uvas. Millo. Hortalizas frescas. Trigo. Carne de porco. Olivas. Laranxas. Mazás.Carne de polo. Ovos de galiña. Peras. Carne de vaca. Leite de ovella. Leitugas. Carne de pavo. Castañas. Carne ovina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario