14 de abr. de 2012

Vida e morte nos países do PRI

Un día, na clase de sociais, investigamos a esperanza de vida e a mortalidade infantil nos países do PRI.
Os datos que obtivemos podémolos resumir nestes gráficos:




O país onde a esperanza de vida é maior é Portugal, e onde menos  Senegal.
Onde menos nenos morren é en Portugal, e onde mais en Senegal. A continuación, investigamos as causas de que en Portugal teña maior esperanza de vida e menor mortalidade infantil e chegamos a conclusión de que é porque é un país mais rico e ten máis recursos sanitarios. No caso de Senegal vimos que ten moita mortalidade infantil porque é un pais moi pobre e con poucos recursos sanitarios.

Marta, Eloy, Tomás e Álvaro

Ningún comentario:

Publicar un comentario