O verán foise voando, xa é hora de comezar de novo.
O novo curso escolar ven cargadiño de novidades: nova etapa, novas materias, novas leccións e novos xogos, novo profesorado e novos retos que teremos que superar. Sabemos como vos sentides, pero non vos preocupedes, empezade o curso con confianza e entusiasmo porque todo vai ir ben.
Esta é a mensaxe que vos queremos transmitir agora, ao comezo do curso: Todo vai ir ben. E que mellor forma de dicilo que cunha canción. Esta que escribiu Bob Marley e que aquí escoitamos nunha versión cantada por Connie Talbot. Aquí tedes a letra en inglés e en castelán.
Benvidas e benvidos a secundaria e ao noso blogue, no que iremos reflectindo ao longo do curso todo o que aprendamos sobre outras culturas coa intención de crear un mundo de tolerancia e respecto a diferenza.
Clica neste enlace para saber máis sobre o proxecto interdisciplinar no que traballaremos este curso.
Boas! Voltando de vacacións outra vez,e parece que foi onte cando dixen (eu,e outr@s persoas) ''Verán! Todo aprobado!''.E xa voltamos á escola,xa é setembro outra vez. Amólame un pouco o de que empece pero, o tempo voa,dentro de nada xa voltamos a estar de vacacións. Así que agora,a estudar ;P
ResponderEliminar