O día 4 de outubro fomos de excursión a Coruña. Despois de xantar no parque, fomos paseando ata os xardíns Méndez Núñez onde visitamos esta exposición fotográfica da fundación Vicente Ferrer.
O chegar, quedamos moi sorprendid@s porque tiñamos diante dos nosos ollos un camión cheo de fotos das mulleres na India e un vídeo que non poidemos ver poque non tivemos tempo.
Alí, unha chica fixo unha explicación da exposición e informounos sobre a vida de sete mulleres que reciben axuda da organización VF para mellorar as súas vidas.
Aprendimos moitísimas cousas e quedamos con ganas de saber moitas máis. Aquí tenes unhas fotos para que vos fagades unha idea.
MULLERES, A FORZA DO CAMBIO NA INDIA on PhotoPeach
Ola a todas e a todos!, somos as vosas compañeiras e os vosos compañeiros de segundo que queremos compartir con vós as nosas impresións sobre a exposición. Esperamos os vosos comentarios, e xa iremos lendo as vosas entradas.
ÁNIMO...! e a empezar a facer entradas para o blog, que é moi divertido e apréndese moito.
Que bonita quedou,gústoume moito porque soupen cousas que non sabía.
ResponderEliminar