3 de mar. de 2013

O SEXISMO NOS CATÁLOGOS DE XOGUETES

Antes de Nadal fixemos una traballo sobre a publicidade de xoguetes. Trouxemos a clase moitos catálogos de xoguetes de diferentes marcas e botámoslles unha ollada primeiro. Logo, puxémonos as “gafas violetas” e miramos os catálogos polo miudiño, fixándonos en cada detalle. A mestra íanos dicindo no que fixarnos: quen sae na foto, que está facendo, a que xoga, que profesións aparecen... Entre toda a clase, saíron moitísimas ideas, porque quen non vía unha cousa, vía outra. Recortamos as fotos dos catálogos para facer uns cartaces. A verdade é que, ao ata que non chegamos a poñer todas as fotos xuntas, non nos parecía que houbera tanto sexismo nos catálogos dos xoguetes. Quedamos moi sorprendid@s. En outros cursos tamén analizaron catálogos e sacaron as súas conclusións en posters. Aquí abaixo tedes unha presentación que resume algunhas das observacións e conclusións as que chegamos.

2 comentarios:

  1. A verdade e que me gustou moito o que fixemos ademáis de ser un traballo super divertido aprendemos moito.

    ResponderEliminar
  2. Fabiola González Viqueira13 de marzo de 2013, 18:51

    Este traballo estivo xenial, polo traballo en equipo.
    Ademais,tratándose de xoguetes a todos nos gustou!

    ResponderEliminar