18 de mar. de 2013

8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O alumnado de secundaria, para o día da muller traballadora, fixemos un proxecto ca participación dos departamentos de sociais, naturais, lingua galega, lingua castelá e plástica, e as titorías de 1º, 2º e 3º. Consistiu no seguinte: 1) Primeiro puxémonos por parellas para buscar e elaborar unha biografía sobre unha muller famosa que fora dun dos oito países do proxecto e que tivera algún vínculo coa materia que daba o profesor. Por exemplo: En Ciencias da Natureza, fixemos biografías de científicas famosas. Nas outras materias e cursos seleccionaron mulleres importantes do mundo en deporte, literatura, ciencia, música, historia… 2) Cada un@ de nos fixemos unha diapositiva de Power Point coas biografías, no que figuraban: Data de nacemento e morte (en caso de que falecera), profesión e nacionalidade. Destacamos cales foron os seus logros e de que xeito contribuíu á sociedade. Tamén incluímos o que máis nos impresionou da súa vida. 3) Os Power Point foron enviados por correo electrónico e escaneamos os debuxos que fixemos en plástica. @s de terceiro fixeron o rótulo para un mural con todas as biografías e todos os debuxos que colocamos no corredor. 4) A titora fixo un power point con fotos e con todas as biografías. Aquí o podedes ver. Opinión persoal do proxecto: A min este proxecto gustoume moito, xa que aparte de ser entretido tamén aprendes cousas importantes de xente importante, información que pode ser moi útil no futuro. Doulle un 9.

6 comentarios:

  1. Fabiola González Viqueira20 de marzo de 2013, 20:00

    Que ben quedou!
    A organización,a participación....TODO!
    Estivo xenial!

    ResponderEliminar
  2. Que bonito quedou, e vendoas todas xuntas ainda máis

    ResponderEliminar
  3. A verdade e que o traballo que fixemos mereceu a pena porque a verdade e que quedou xenial,BEN POR NOS!! Temos que facer mais traballo para que a nosa escola quede asi de ben!

    ResponderEliminar
  4. Encantoume ese proxecto,a biografia que mais me gustouu foii...aver se acertades!

    ResponderEliminar