18 de mar. de 2013
8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O alumnado de secundaria, para o día da muller traballadora, fixemos un proxecto ca participación dos departamentos de sociais, naturais, lingua galega, lingua castelá e plástica, e as titorías de 1º, 2º e 3º.
Consistiu no seguinte:
1) Primeiro puxémonos por parellas para buscar e elaborar unha biografía sobre unha muller famosa que fora dun dos oito países do proxecto e que tivera algún vínculo coa materia que daba o profesor. Por exemplo: En Ciencias da Natureza, fixemos biografías de científicas famosas. Nas outras materias e cursos seleccionaron mulleres importantes do mundo en deporte, literatura, ciencia, música, historia…
2) Cada un@ de nos fixemos unha diapositiva de Power Point coas biografías, no que figuraban: Data de nacemento e morte (en caso de que falecera), profesión e nacionalidade. Destacamos cales foron os seus logros e de que xeito contribuíu á sociedade. Tamén incluímos o que máis nos impresionou da súa vida.
3) Os Power Point foron enviados por correo electrónico e escaneamos os debuxos que fixemos en plástica. @s de terceiro fixeron o rótulo para un mural con todas as biografías e todos os debuxos que colocamos no corredor.
4) A titora fixo un power point con fotos e con todas as biografías. Aquí o podedes ver.
Opinión persoal do proxecto: A min este proxecto gustoume moito, xa que aparte de ser entretido tamén aprendes cousas importantes de xente importante, información que pode ser moi útil no futuro. Doulle un 9.
Etiquetas:
biografias,
C. Sociais,
c.naturais,
galego,
igualdade de oportunidades,
L. Castelá,
muller,
plástica,
power-point,
pri
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Que ben quedou!
ResponderEliminarA organización,a participación....TODO!
Estivo xenial!
Que bonito quedou, e vendoas todas xuntas ainda máis
ResponderEliminarÉ verdade. Xunt@s podemos!
EliminarA verdade e que o traballo que fixemos mereceu a pena porque a verdade e que quedou xenial,BEN POR NOS!! Temos que facer mais traballo para que a nosa escola quede asi de ben!
ResponderEliminarEncantoume ese proxecto,a biografia que mais me gustouu foii...aver se acertades!
ResponderEliminarSuzane Collins!!!
ResponderEliminar