10 de dec. de 2013

OBXECTIVOS DO MILENIO


A escasez de igualdade de oportunidades e a desigualdade de xénero son situacións que se dan en todos os países; a pobreza, a exclusión e a marxinalidade son as súas causas máis visibles. A pesar de todo, é nos países en vías de desenvolvemento onde esta desigualdade é máis notoria e onde faise  necesariofacer máis  esforzo para conseguir a consecución dos dereitos máis fundamentais do ser humano.

Dende diversos organismos internacionais e institucións locais estanse poñendo en marcha numerosas accións, que pretenden fomentar esa igualdade de dereitos entre todos os habitantes do planeta. Unha das máis importantes, polo compromiso que implica de todos os Estados que firmaron, é a Declaración do Milenio (ano 2000), na que se propoñen oito metas a conseguir no 2015 para reducir esta desigualdade: los oito Obxetivos de Desenvolvemento do Milenio.




Ningún comentario:

Publicar un comentario